mércores, 13 de xuño de 2007
martes, 12 de xuño de 2007
** Paranoia filosófica espontánea sobre o aprender
Na vida tod@s estamos aprendendo cada día. O que non o admita ou está equivocado ou vaise equivocar porque non sabe o que di. De tódalas persoas que coñecemos temos que sacar o mellor que teñen e gardalo para logo telo en conta nós no noso día a día. Tod@s temos algo que nos fai únicos e todos temos algo bo. So hai que saber velo. O malo, claro está, hai que desbotalo. E sae isto a colación dun diálogo que tiña cun amigo e cunha amiga hoxe. Un deles dicía que hai xente da que nada se pode aprender. Eu creo que incluso da máis mala se aprende (aínda que, nos peores casos, so sexa a non facer as cousas que ela fai). Hai que tratar de aprender algo cada día. O que non trata de aprender algo novo creo que se trabuca. Ata o máis sabios aprenden cousas cada día. Aínda que creo que o saber ocupa lugar, porque en algún lado se gardará digo eu. Pero en fin, iso xa son outras disquisicións... O importante é sentir a necesidade de aprender cada día. E, baixo o meu punto de vista, da xente que nos rodea ou coas que nos relacionamos a diario deberiamos copiar as cousas boas que teñen porque, e insisto, si que as teñen. Evidentemente, de todo hai nesta vida. Pero polo xeral coido que é así.... ¿Explícome?. Hoxe síntome algo filosófico, recoñézoo. Sí. Son aprendiz de Aristóteles ou de Platón. Quizás un mal aprendiz. Quen sabe. Huy, isto de facer de Aristóteles ou de Platón non sei se será o meu. Je, je!!!
E falando de aprendiz vouvos poñer un vídeo musical de Malú. Títúlase "Aprendiz". Neste caso céntrase so no tema do amor e dos desenganos. Xa sei que non é o caso que nos ocupa, pero como é unha canción das que "falan" como acostumo a dicir, pois aí vos vai.
Artigo de: Julio
A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS música , opinión , sociedade , vídeos e xogos
** A Frase Máxica.....unhas cantas para opinar
:: "O amor é como o fogo, ven antes o fume os que están fóra, que as chamas os que están dentro" (Jacinto Benavente)
:: "O amor é como a salsa maionesa: cando se corta, hai que tiralo e empezar outro novo” (Enrique Jardiel Poncela)
:: "O tempo é unha tiranía que debería ser abolida” (Eugenio Jolás)
:: “O tempo cura as penas e as inxurias porque todos cambiamos e deixamos de ser a mesma persoa: nin o ofensor nin o ofendido son o mesmo” (Pascal)
:: “O liderazgo é unha oportunidade de servir, non de lucirse” (J. Donald Walters)
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas
luns, 11 de xuño de 2007
** De blogs por Sanxenxo, con opinión e con humor
Sanxenxo tamén se subiu a moda dos blogs. Non é algo novo pois xa falamos aquí o 25 de marzo de 2007, a raíz dun artigo publicado en O Diario de Pontevedra adicado ós blogs de Sanxenxo, e no que se fala entre outros de A Lareira Máxica.
É certo que, polo de agora non ha moitos blogs en Sanxenxo. Tempo ó tempo que todo chegará. Pero hoxe quixera centrarme en dous blogs. Dos dous tedes enlaces desde A Lareira Máxica, case ó final da sidebar ou columna lateral de A.L.M. Un é o Blog de Sanxenxo, de Juanjo (JJ Portela), tamén colaborador de A Lareira Máxica. Logo dunha tempada de asueto, regresa co seu blog. Polo de agora está en fase de reconstrucción, pero irá medrando. Juanjo adiántanos que abrirá a súa páxina a máis temas que antes. Ata agora a opinión e a política eran os seus ingredientes fundamentais. Agora non serán a única temática según nos adiantou o outro día nun comentario en A Lareira Máxica: "vuelve con una nueva imagen y otro estilo, más moderno y no tan político, aunque siempre mantendrá su carácter crítico, eso está claro". E para principiar ilustra o seu primeiro artigo cunha personaxe que a min me encanta. Sae en O Faro de Vigo: é Floreano, o personaxe das viñetas de humor de Gogue. Moita sorte nesta nova andaina para o Blog de Sanxenxo. ...--->Ve-lo Artigo completo....
O segundo dos blogs ó que antes me refería é El rincón de la Veiga, un blog escrito en clave de humor. Zebedeo e Rober coordinan esta páxina tan imprevisible como cachonda. E non o digo pola ventana emerxente que, nas últimas semanas, se abre ó acceder a El Rincón de la Veiga... Mira que esta xente xa non sabe o que facer para atraer visitantes e patrocinadores... Je,je, perdón polo vacile rapaces!! pero a ver se nos explican o motivo desta ventana X...Polo demais o blog é un blog distendido e no que todo ten cabida, pero cunha sólida base de humor ou ironía, como elemento claramente distintivo. Ou iso interpreto eu. Está ben. Que o humor é moi importante nesta vida, porque como xa vos teño dito hai un estudio de non sei quen que di que 5 minutos de risa equivalen a 45 minutos de exercicio físico. Pois nada, a visitar 5 minutos El Rincón de la Veiga ou senón a correr un pouquiño....Vós mesm@s.
A Juanjo, Rober, Zebedeo e a todos os que fan posible O blog de Sanxenxo e o de El Rincón de la Veiga, un saúdo moi grande e a seguir crenado un oco de opinión. E se é con humor, pois mellor.....
Artigo elaborado por: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS Humor e Noticias Curiosas , Internet e novas tecnoloxías , opinión


