luns, 11 de xuño de 2007

** Chanquete: un expediente X aberto?

H ai uns meses atopei esta viñeta de humor gráfico no xornal Faro de Vigo. Publicábase no medio de manifestacións por aquí e manifestación por alá. Se, ás veces calquera motivo é bo con tal de dar a lata... Pois o debuxante humorístico -Javier Aguilera- fíxose eco disto para plasmalo nunha viñeta súa. E como Verano Azul é un tema moi recurrente (ou mellor unha serie moi repetida no seu momento) pois qué mellor que tentar aclarar unha morte (bastante clara por certo). Éche o que hai....Sempre haberá alguén que lle bote a culpa de que unha gaivota lle cague encima a calquera menos a quen ten a culpa...Se nunca chove a gusto de todos.....
NOTA: PREMEDE NA VIÑETA PARA AGRANDAR A IMAXE

** A Frase Máxica......¿un precio xusto?


" A soidade é o prezo da liberdade"



(Carmen Díez de Ribera)

sábado, 9 de xuño de 2007

** O gato está triste e azul: 2. "Mimosín Caricias"

- O gato está triste e azul, gordo, e por riba, respira con dificultade.
-Vai haber que capalo.

Non vos estrañedes, onde eu vivo, ós gatos con tendencias fuxitivas, é dicir, demasiado fogosos, logo lle aplican a cirurxía, amputación, baixo anestesia, eso si, É un método terapéutico drástico, abofé que si, córtase polo san. Como todo nesta vida, ten que ter as súas avantaxes e as súas desvantaxes. Pois, os gatos aplácanse e non sei si vivirán mellor, pero si están máis tranquilos. O tema da calidade de vida dos felinos domésticos é tan complexo que tiven que adicarlle moitas horas de reflexión, qué fará máis feliz a un gato gordo, un prato cheo de sardinillas Rianxeira ou unha femia disposta, (podedes opinar). Dado que o autor deste relato son eu, recórdovos que estamos ante o caso dun gato con tendencias bulímicas, de aí a súa obesidade, e alérxico ó polen a tratamento con un antihistamínico que lle provoca un gran aumento do apetito. Os instintos son os instintos, depende, todo depende. Tiven gatos, nos seus encontros amorosos a femia é quen decide cando e con quen. Non sei si saberedes que o pene dos gatos ten unha especie de púas, de verdade, eu tamén quedei pasmado cando me enterei, obviamente, esta particularidade da anatomía do macho á femia prodúcelle molestias, pois, pese a todo, fan o acto un montón de veces, elas son incansables, eles tamén.

O meu caso é peor, polo menos, máis delicado. Todo empezou pola miña culpa, deixeime levar, pensei que “si” e foi que “non”. Non se lle poden pedir peras ó olmo, é así de sinxelo. O olmo da sombra no verán, e se me apurades, leña no inverno, pero peras nunca, nin sequera unhas míseras landras, castañas tampouco. Sábeo todo Díos. Eu tamén o tiña oído, pero, coma sempre, non me chegou con oílo, tiven que experimentalo. Cómo ía a lembrar o conto do olmo, era case imposible, estaba cego, atoleirado, sentíame gato, gato gordo, gato a fin de contas. Ela non me elixeu.

Como as desgracias nunca veñen soas, despois pasoume o que me pasou. O mal de amores xa era bastante fastidiado pero o outro tema..., pequeno Yo sempre tan disposto e agora... ¡unha somatización!, claro. Nembargantes, eu tamén teño as miñas dúbidas, o mal de pequeno Yo inda pode ser algo vírico, dígovolo eu. O outro día, vindo de traballar, escoitei na radio o caso dun fulano que estaba coma min, completamente desganado, e mellorou tomando un medicamento, si, xa me lembro, tomou Energisil. A muller que o contaba estaba encantada, pareceume outra incansable. Non podo evitalo, a industria farmacéutica prodúceme receo, anuncian o Frenadol na tele e toda a poboación pilla a gripe, non sei..., o mesmo pasa coa Lizipaina, so que neste caso doe a gorxa. Con estas lerias pasei un par de semanas moi preocupado, pequeno Yo seguía sen reaccionar e eu xa non sabía qué facer cando, unha maña de domingo, atopei no xornal un anuncio interesante “Maxia negra, gran profesor Txupa-kar-tuzz, soluciona todos os problemas”. Quíxenme asegurar antes de ir a consulta:

-¿De verdade, de verdade soluciona vostede todos os problemas?
-Sí todos. Primer día traer 50 euros.
-Conte comigo señor Txupa-kar-tuzz.

Esa mesma tarde visitei ó profesor. Encontroume mal, moi mal, seica necesitaba unha boa limpeza, andaba con moita enerxía negativa, moi mal karma. Díxome que me facía falla unha renovación interior. Como non tiña 200 euros, e o bruxo non aceptaba tarxetas, a limpeza quedou pendente para o seguinte domingo. Luns conteille todo a Juanjito.

- Estás tolo Alvariño, para qué lle vas pagar ó Txupa ese. Vaiche boa, non sexas impulsivo e déixame a min. Xa está, non se fale máis, xa me encargo eu de contarlle o teu problema a Anita, a mulata que traballa no club “As sereas”, seica é filla dunha santeira e xa verás como coñece algún remedio para o teu problema.

Ós poucos días chegou Juanjito coa nova, Anita xa lle dera a solución para o mal de pequeno Yo. Acordamos poñer en práctica o remedio o venres pola noite. Juanjito dixérame que o esperara na miña casa. Inda non deran as 12 cando se presentou na porta cunha bolsa do Alcampo nunha man e outra máis pequena, da perfumería Yves Rocher, na outra.

-¿Qué traes aí?-preguntáralle ansioso.
-Non sexas curioso Alvariño e tira para o cuarto de baño.

Juanjito deixou que a bañeira se enchera ata a metade, logo sacou da bolsa do Alcampo unha botella de lixivia Neutrex Futura e verteu un chisco na auga, despois sacou da outra bolsa unhas cantas follas de loureiro, dous dentes de allo, unha rama de perexil e unha ramiña de oliveira.

-Xa está Alvariño, agora teste que lavar nesta auga e cando remates, volves a encher o baño, pero desta volta, en vez de lixivia, bótaslle un chorro deste suavizante -dixérame Juanjito mentres sacaba unha botella Mimosín Caricias da bolsa do Alcampo.
- ¿Lavo tamén a cabeza Juanjito?-preguntáralle eu.
-Sí, tamén, fai como che digo e xa está. Logo temos que ir ó club que Anita seica che vai rematar o traballo. ¡Veña, báñate xa!

Laveime un pouco impresionado, eso si, que era a primeira vez que confiaba na maxia cubana para resolver os meus problemas. Naqueles momentos aínda ignoraba o poder de Anita, porque Anita ten poder, moito poder, pero moito, moito, moitísimo. Aquela noite curou a pequeño Yo e xa nunca máis me volvín a sentir gato gordo, nin me volvín a fixar nos anuncios da radio. Anita fíxome un milagre por 100 euros, os outros 100 gastoumos Juanjito en copas. En fin, aforrar non aforrei nada, pero valeu a pena, si señor, da gusto saber gastar, como me gusta ser un consumidor concienciado e responsable. Aquela noite solucionei parte dos meus problemas, pero aínda me quedaba o peor deles, Rosa. Anita díxome que este problema tiña que solucionalo eu, pero que contara con ela, que me ía apoiar. E así foi como, moi o meu pesar, gardei os recordos de Rosa na carpeta dos amores imposibles e logo arreboleina para riba do roupeiro para non tela ó alcance da vista.


Alvariño Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons




Relato elaborado por: Alvariño
Gran Colaborador de A Lareira Máxica

** Novidades en A Lareira Máxica

Como me gusta cumprir o que prometo, pois desde esta fin de semana podedes disfrutar de novos elementos en A Lareira Máxica. Algúns poida que xa vos decatarades duns cadros novos que puxen na sidebar ou columna da esqquerda. En cada un destes cadros puxen os titulares de diversos periódicos. Non de todo, porque non todos permiten esta posibilidade. De momento tedes os titulares máis relevantes dos xornais: LA OPINIÓN, EL PAÍS, EL MUNDO, 20 MINUTOS, ADN, SPORT E VIEIROS. Puxen cada cadro de diveros colores para que asociedes as cores e o formato co voso xornal preferido. Na marxe dereita de cada cadro tedes unha barra lateral que vos permitirá movernos para ver outros titulales ocultos no propio cadro.

No tocante ó reproductor de Imeen, estame dando moitos problemas. ¿Que pasa? Pois que me limita as cancións a 30 segundos, polo que eliminei as que me limitaba. Subín outras. E cada pouco voltame a eliminar cancións. Debe ter unha lista negra. Por este motivo, pode acontecer que ou ben opte por deixar as cancións de 30 segundos (para máis imeen quere que paguemos) ou quitalo reproductor, o cal me vai doer moito porque sufrín o meu para atopar un bo reproductor de música para o blog. Sempre quixen que o blog tivera música de fondo namentres se navegaba por el para facer a visita máis amena e entretida.

Por último, tamén puxen novos vídeos musicais. Había tempo que non os renovaba. Dentro deles destacan os novos traballos dos reaparecidos grupos La Guardia e Olé Olé, así como o doutro que me encanta: El mentón de Fogarty.

Agardo que vos gusten as novidades. Por certo: ¿GÚSTANVOS AS NOVIDADES? Haberá máis pouco a pouco. Algunhas afectarán e potenciarán os contidos dos artigos de A Lareira Máxica. E, por suposto, conto coa vosa participación. A Lareira Máxica retoma a súa normalidade.

Carpe Diem