domingo, 25 de marzo de 2007

** Adagio & Fuga en do...dolor de cabeza

Coa chegada da primavera empezou o ruxir de motores de cortacésped. Debe ser o “efecto mariposa” da primavera. Avelino é un entusiasta do cortacésped, ten un deses que parece un tractor pequeno, é novo, comprouno o ano pasado. Aposto a que xa lle fixo algún “axuste” dos seus, non me estrañaría nada que lle cortara un anaco ó escape, ou que lle fixera buratos con trade, algo lle tivo que facer porque o ruído que fai o seu tractoriño é enxordecedor. A súa finca é grande, a el non quero califícalo. O ano pasado empezou coa leria da herba, cousas da xubilación, co ben que se debe pasar nas viaxes do Imserso... Primeiro corta a herba a unha altura determinada e logo ponlle o canastillo ó tractor para recollela. Non pode facer as dúas cousas simultaneamente, cortar e recoller, non, que seica se lle “atranca” o aparato. A primeira volta doulla o venres, hoxe empezou coa segunda pasada, desta vez deixa a herba cortada ó cero, e despois de cortar ven a recollida. É insoportable, ou a herba medra moito na primavera ou Avelino está obsesionado, posiblemente sucedan as dúas cousas. Este é o elemento de veciño que teño ó sur. O do norte é máis tranquilo, case nunca está. Pois, tamén lle afectou a primavera. Hai meses que lle vexo un montón de trapallada tirado na horta, trastes vellos, mobles de cociña, plásticos,... e hoxe ocorréuselle queimar esa merdada e cheira que apesta. Pobre de min que xa pensara sacar unha tumbona do garaxe e durmir a sesta no xardín, ¡qué asco! Non se pode disfrutar dunha tarde primaveral, cando o mundo se pon en contra dunha ponse e xa está. Tiven que marchar da casa, son os efectos “colaterais” da chegada do bo tempo.



Artigo feito por: Rosa García
Colaboradora habitual de A Lareira Máxica

** De regreso de Lisboa

Xa estamos de volta!!! Antes de nada, gracias a tod@s por continuar visitándome. Xa vos botaba moito de menos. E como o prometido é deuda, nos próximos días ireivos contando o que deron de si as miñas minivacacións en Lisboa. Dádeme tempo para redactar todo. Posiblemente sexan 6 entregas: 4 do diario, unha de conclusión final e outra máis de sorpresa...O título xa está decidido: "Lisoba: entre a terceira e a sexta feira", xa que estiven alí entre o martes e o venres desta semana.


Noutra orde de cousas, gracias a Juanjo por informarnos de que a Lareira Máxica saiu nomeada nun artigo no Diario de Pontevedra. Algo que me fixo moita ilusión. Gracias Carmen G. de Burgos. Lin o artigo no enlace que nos facilitou en El rincón de la Veiga, outro blog feito en Sanxenxo. No artigo fala,a parte dos blogs dos partidos políticos, doutros 6 blogs, entre eles éste. Aparece xusto despois do subliñado da imaxe seguinte. Para ver ben a imaxe, como sempre, facede doble click sobre ela e agrandarase.

Por certo, falando de Sanxenxo, atopeime coa desagradable sorpresa de que o Blog de Sanxenxo pechou, se ben creo que un novo blog deu á luz. Cousas da vida. Tamén aproveito para da-la benvida ás novas persoas que nos visitan, entre eles Noly. Por suposto que o seguirei actualizando Noly. Ó mellor non tódolos días, pero varias veces á semana seguro. Gracias por visitarnos e agardamos a túa colaboración. Quero que este blog sexa de todos.

domingo, 18 de marzo de 2007

** Un descanso en terras lusitanas


Lareireir@s a partir da mañán e durante toda semana que ven, A Lareira Máxica permanecerá sen actualizar. ¿O motivo? Pois, como xa vos adiantei o mércores, voume de mini-vacacións a Lisboa. Din que "o que non foi a Lisboa non veu cousa boa". Pois entón haberá que deixarse facer caso a este dito, aínda que particularmente Galicia non lle ten nada que envidiar a ningún lugar. Pero a un servidor gústalel moito viaxar. E este ano toca Lisboa, unha das cidades que teño moitas ganas de visitar. E alá vou... Espero que non me decepcione e que nos poucos días que alí vou estar poida coñecer o máis importantes.

Recibín consellos e indicacións varias dos lugares a visitar na capital lusa e arredores. Por internet tamén hai informacións e opinións. Teño moi claro os sitios a visitar, aínda que haberá varios que non creo que poida visitar. Xa se verá.

Alá imos dous galegos a visitar o país veciño. Serán uns días nos que viviremos cunha hora menos ás nosas costas, pero con moitos desexos de disfrutar das bondades do país veciño. Á volta, por suposto, prometo contar algo da viaxe, neste o noso blog.

Ata daquela despídome momentaneamente de tod@s vós. Por favor, seguide visitando A.L.M. e deixando os vosos comentarios e artigos (ou propostas de artigos que vos gustaría ler, incluso). Cando chegue actualizarei e publicarei todo aquilo que reciba a próxima semana. Por certo, no reproductor de MEEN quédanvos nada máis e nada menos que 183 cancións para que escoitades de fondo para que a lectura e a navegación polo blog se fagan máis amenas.

Agardemos que o tempo nos acompañe...

Un saúdo e Carpe Diem,
Julio

sábado, 17 de marzo de 2007

** Unha volta polo pasado animado

Os anos pasan, pero os bos recordos sempren quedan aí. E as lembranzas da infancia son unhas delas. Daquela os problemas eran problemiñas. Parece mentira, pero os anos pasan sen darse de conta. Aínda foi onte cando os sábados pola tarde, poñian os debuxos animados, en troques de telebasura. Daquela so había unha canle. E os debuxos animados eran moi bos. Algúns incluso son repostos co paso dos anos. Iso danos unha idea da maravillosa colleita que houbo no pasado. Polo xeral, os de hoxendía non chegan á súa altura....

Para axudarvos a refrecar a memoria aquí vos deixo a sintonía de entrada de "Comando G", unha serie futurista, de cando falar do século XXI podería sonar a ciencia ficción. E falando de todo un pouco, ¿cal foi a vosa serie de debuxos animados favorita?