sábado, 10 de marzo de 2007

** De anuncios, rivalidades deportivas e días D

Dicir 10 de marzo é dicir F.C.Barcelona -R.Madrid. E diso encargouse de deixalo claro La Sexta, a canle de televisión que vai a retransmitir o partido dos partidos de fútbol en España. Aínda me lembro cando esta televisión anunciaba o encontro afirmando, cal pesado lembrando a diario que antes ou despois vas morrer, "Faltan 100 días". E é que cada día metían a cuña do anuncio restándolle un día. E ese día xa chegou...
Pero unha cousa é que fosen pesados cos anuncios. Incluso a min que me encanta o fútbol pero pareceu que se pasaron anunciando o esperado choque.... Pero aínda máis se pasaron hai un par de semanas cando emitiron dous anuncios moi polémicos....Ve-lo Artigo completo.... Un non o lembro, o outro amosaba unha imaxe dun home que se estaba bañando, resbala, cae e mátase, resucitando -si moi surrealista, pero resucitando- porque non podía perderse o gran partido, tal e como rezaba a voz en off da promo (publicidade dun espacio a emitir na mesma cadea). Creo que se pasaron bastante con ese anuncio e co outro que non lembro agora cómo era, pero que incluso o retiraron antes...

Son do Barcelona. Non sei se gañaremos ou non hoxe. Agardo que si. Do que non cabe dúbida é de que para os que amamos o fútbol, perderse este enfrontamento deportivo é como renegar do teu nome.

Ó mediodía escoiten unhas declaracións dos presidentes de ambos clubs de fútbol e daba gusto oílos. Moi deportivos os dous. Loxicamente os dous queren que gañen os seus respectivos equipos, pero gardando as formas e a educación, algo que parece moi sinxelo. Non obstante no fútbol a lóxica -como na vida mesma- non sempre é lóxica. E senón mirade o que paso no partido de Copa do Rei entre os equipos sevillanos do Sevilla e do Betis: as semanas anteriorees a disputa do partido os presidente parecían críos pequenos insultándose e incitando indirectamente á violencia. Unha violencia que chegou no partido en forma de botellazo que tirou o adestrador do Sevilla ó chan e que motivou a suspensión do encontro. ¿A onde imos se nin os presidentes deste dous equipos non dan exemplo de deportividade?

E triste que un simple partido de fútbol libere tanto odio, rencor e enemistade. Se do que se trata é de tentar gañar, que a todos nos guste, pero se perde, aínda que nos fastidie, perdeu. Outras veces gañará. Sería aburrido gañar sempre.

Ata non se disfrutaría igual cos vaciles se o que gañara fose sempre o mesmo. Hai que saber gañar e hai que saber perder. Tampouco entendín nunca porque se odian a matar equipos dunha mesma cidade, provincia ou rexión. Véxase Celta-Deportivo ou Sevilla-Betis, entre outros. Canto máis cercanos peor se levan, por norma xeral...

So me resta dicir que ogallá lle gañe o F.C.Barcelona hoxe - o tan agardao día D - ó Real Madrid no estadio do Nou Camp. Se finalamente non é así, pois que lle imos facer... Doerá, claro que doerá, pero a vida non se acaba aí, non. Por sorte.

O meu prognóstico é F.C. Barcelona 3 - Real Madrid 1
Carpe Diem e Visca o Barça!!!

--------------------------------------------------------------------
PARTIDO: F.C.Barcelona - R.Madrid
LUGAR: Estadio do Nou Camp (Barecelona)
HORA: 22:00 HORAS
--------------------------------------------------------------------




ARTIGO DE: Julio
A Lareira Máxica

venres, 9 de marzo de 2007

** Un can de por medio: ¿Quen ten razón?

Tocouceh opinar a ti agoraHai xa un tempo que non recollía nada nesta sección. Hoxe non vai ser a vosa opinión sobre un artigo alleo (jeje, librádevos de Inma Sust), senón sobre un pequeno problema que lles trae de cabeza a un amigo e unha amiga. Son mozos e prantéxanse dentro dun tempo o feito de vivir xuntos. Pero onte dialogaban sobre unha cousa na que teñen posturas encontradas. Imos ó meollo:
O meu amigo ten un can pequeno desde hai dous anos e medio. Viven con el no seu piso. Encántalle o seu can e para el é algo moi especial. Tanto que o deixa durmir con el na habitación. As veces incluso na mesma cama.

A miña amiga, a súa moza, aínda que lle gustan os cans, non lle encanta o feito de ter un can vivindo nun piso. Ela criouse no rural e teñen cans pero durmen fóra da casa, nunha caseta.

Pois me parece que se ve adivina o conflicto........Ve-lo Artigo Completo

ACTUALIZACIÓN 10-01-07: Os meus amigos xa non se falan. Como siga a cousa así, van romper pronto. Por favor, seguide comentando. Vale repetir ás veces que faga falta con tal de axudalos a reflexionar


El dille que se o quere a el ten que consentir que o can durma na mesma habitación que el e que ela cando vivan xuntos, porque o can é moi especial para el. Iso si, durmiría na súa propia cama, aídna que ubicada no dormitorio de matrimonio -ou sexa con eles dous-. Dille que se o quere que lle ten que consentir iso.


A miña amiga dille que non, que nada diso. Como moito está disposta a ceder e ter un can no piso, aínda que non lle agrade a situación. Iso si, de dormir na habitación de matrimonio nada de nada e que el tamén ten que ceder un pouco, que ela xa cede consentindo ter un can na casa.

El dille que se o quere a el tamén ten que querer ó can. Que van no mesmo lote e que o can é moi especial para el. Que xa leva durmindo con el desde moito antes de que coñecera a ela. Engade que, senón, el durmirá co can e ela soa. ¿? (escoitar para crer).

Pola súa parte, ela dille que el o que lle está facendo é unha chantaxe e que está adoptando unha actitude moi egoísta e caprichosa, e que non quere chegar a un acordo. Que ela xa cede deixando que haxa un can no piso, pero que el, nembargantes, non cede nin un ápice nese tema.

Bueno, a conversación xira en torno a todo isto. Non vola conto, porque me levantou dor de cabexa so escoitalos discutir sobre o tema. Para axudalos gustaríame que lle deramos entre todos, o noso punto de vista sobre a situación. ¿Quen ten máis razón dos dous? ¿Que fariades se vos fósedes un dos dous?



Artigo de: Julio
A Lareira Máxica

xoves, 8 de marzo de 2007

** Entre patacas e dobres sentidos da linguaxe...

Como xa hai tempo que non colgaba ningún viñeta de humor gráfico, hoxe déixovos unha pequena mostra desta gran arte que é ésta. Está simpática a cousa. MORALEXA: Non te deixes enganar, ás veces as cousas non son o que parecen...
En vindeiros días irei subindo algún máis. E se queredes que publique algún que vos fixo gracias e que querdes commpartir, xa sabedes que A Lareira Máxica está aberta a propostas.



A viñeta foi remitida por: CALYPSO
DEBUTANTE en A Lareira Máxica

martes, 6 de marzo de 2007

** Cun toque de música de fondo na sombra....

Como podedes escoitar, desde hoxe A Lareira Máxica conta con música de fondo. Unha selección de cancións escollidas por un servidor e que podedes ver na sección de "ESCOITAR MÚSICA" dentro da sidebar ou columna lateral. Podedes escoller cal desexades oír namentres navegades polo blog. Asemade, se non desexades escoitar nada, pois so tedes que darlle ó "Pause" ("II")e listo.
Doutro lado, notaríades que ós últimos días cada vez que pasades o ratón por riba das letras dos links ou enlaces, o seu tamaño medra. Vamos, que a proba de miopía.
Agardo, como sempre, que os cambios que paseniñamente vou ircorporando a esta páxina sexan do voso agrado. E xa sabedes: podedes facerme suxerencia sobre a páxina no libro de visitas (antes do calendario da sidebar) ou no mail de alareiramaxica@gmail.com