xoves, 4 de xaneiro de 2007
mércores, 3 de xaneiro de 2007
** ALM completa o cambio ó novo Blogger
Tal e como reza o título deste artigo, A Lareira Máxica xa se actualizou por completo ó novo Blogger. Ata o de agora so se fixera o cambio parcial, pero aínda faltaba completara o cambio. Hoxe xa se fixo. @s que creedes un blog en blogger xa se fai na última versión. O problema é cando tes que mudar da antiga versión a ésta.....
O pero é que, tal e como vos adiantaba pola tarde, a opción de "Ve-lo artigo completo" non a recoñece o novo Blogger. Por ese motivo teño que etiquetalos doutro xeito para poder seguir tendo esta interesante e máis ordeada opción. Polo de agora xa reetiquetei os do mes de decembro de 2006 e os destes días de xaneiro de 2007, se ben me faltan os artigos de maio a novembro (ambos inclusive). Sucede unha cousa: os artigos de xullo a novembro ó estar etiquetados co código anterior fai que, namentres non os reetiquete non se poida ver completos. Así que calma. Os de maio e xuño non teñen ese problema porque non seu momento publicáraos todos sen a opción "Ve-lo artigo completo" (a cal agardo pórlles desta vez, aproveitando que o Miño pasa por Lugo e o Lérez por Pontevedra).
E chegados a estas alturas, preguntarédesvos: ¿que ventaxas ten o "famoso" blogger novo "de marras"... Ve-lo Artigo completo....
Algunhas xa as tiña ata onte A Lareira Máxica por ter feito o cambio parcial ó novo Blogger (ata hai poucos días denominado Blogger Beta).Pois ben, co cambio completo, as principais novas vantaxes son:
- Maior facilidade á hora da publicación de artigos
- Posibilidade de diseñar máis exhaustivamente a páxina en canto a cores, fontes de letras e tamaño, poidendo utilizar ata 5 cores e fontes diferentes á vez, así como introducir elementos da páxina por separado e de diferente índole: html, fees, imaxes, listas, textos,.....
- Creación dunha lista de etiquetas ou temas tratados no blog.
- Archivo dos artigos publicados en forma de árbol. Máis accesible e ordeado.
Aproveitando a actualización ó novo Blogger, tamén:
* Puxen un traductor ó inglés para a xente que nos le desde outros países ou que usa o inglés como idioma de epxresión. Teño e debo facer unha GRAN CONSIDERACIÓN. Dado que a páxina está en galego, a traducción ó inglés é mala (aínda que menos da unha pedra....e polo menos axuda en parte ós visitantes de fala inglesa), xa que está pensada para o castelán ou outros primeiro idiomas de países e non para linguas como o galego, catalán, vasco, etc. Busquei pola rede de redes pero non atopei un traductor específico do galego ó inglés. Se algúen coñece algún que sirva para traducir automáticamente un blog (se necesidade de traducir textos soltos) que mo diga nun comentario neste artigo ou por mail a dirección de alareiramaxica@hotmail.com
* No tocante ós contadores, introducín un que contabiliza ó número de usuarios simultáneas no momento en que te atopas vendo A Lareira Máxica, así como un mapa do mundo onde se resalta a situación do país do cal procede a túa visita.
* Posibiliade de saber cales son ós últimos comentarios feitos polos lectores do blog. Coa nova versión desapareceu o problema de que non aparecía o título do blog en movemento. Os códigos que puxen funcionan mellor nesta última versión de Blogger. Non saltan comentarios e actualízanse os comentarios antes.
* Puxen un segundo "logo" da páxina, na que aparece o mago debuxando o nome do blog. Formato gif animado.
* Tamén incrustei na primeira parte da sidebar ou colunma lateral varias frases máxicas ou pensamentos que cambian de xeito aleatorio cada vez que se accede ó portal. É dicir, de cada vez aparece unha distinta. Certo que é un repertorio limitado....Pero menos da unha pedra....
* E algunhas máis que se me olvidan
Por cuestión de orden e de non despreciar un piar importante do blog: a música on line e os máis de 100 vínculos ou links, puxen as etiquetas dos temas ó final. É posible que a orde deste ou doutros elementos da páxina poidan variar. POR SUPOSTO, GUSTARÍAME CONTAR COAS VOSAS OPINIÓNS E SUXERENCIAS nisto e no que teñades a ben.
Agardando que vos guste, e pedindo paciencia polos artigos que faltan por reetiquetar de "ve-lo artigo completo" (irei informando cómo transcurre o reetiquetamento),
Carpe Diem e Noctem,
O administrador
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS a lareira máxica
** BLOG EN PROCESO DE CAMBIO.....
PERDOADE AS MOLESTIAS, acabo de pasar o blog á nova versión de Blogger -como xa vos viñera informando que tiña pendiente de facer-.Polo de agora funciona todo agás o de "ve-lo artigo completo", no que so funcinan algúns. ¿O problema? Pois que o cambio fai que teña que pór un novo código en cada artigo que utiliza a versión introducción/comleta. Iso obrígame a reetiquetar un por un tódolos artigos de "ve-lo artigo completo". Sí,COMO O LEDES, todos. Vamos, algo de chinos....
Así que, pouco a pouco, irei levando a cabo este labor. Polo de agora PACIENCIA!!!
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
P.D.: Pregaríavos que se notades algunha outra cousa que non funciona ben mo digades: cun comentario neste artigo. Gracias.
ACTUALIZACIÓN: Está arranxado o problema dos "Ve-lo artigo completo" do 1 de decembro en diante. Paseniñamente irei reetiquetando o resto de artigos (7 meses de artigos)
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS a lareira máxica
martes, 2 de xaneiro de 2007
** Unha tarde de touros.....(Relato Recomendado)
É o que hai que facer. Farase e listo. Xa está. Agora toca asimilar as consecuencias. Así non se podía seguir, qué sentido tiña, ningún. Canseime. Que non pode ser, pois que non sexa. A “zorrilla” está feliz. El… é máis falso que unha moeda de lata. Vou seguir a corrida desde os tendidos. A tarde preséntase aburrida, toureiros malos, gando pior. Míraa como aplaude, esaxerada, dando a nota. Non é que me rendira, simpremente, voume. Un quere tardes de gloria e a outra quere un maridiño. Todos felices. El é un triunfador. Ten pouco talento, pero a mediocridade tamén se cotiza ben nestes tempos...... Ve-lo Artigo completo....
So quixera olvidarme de todo, pasar directamente á indiferencia máis absoluta. Alí, nun territorio onde habitamos os indiferentes, vivía sen sobresaltos. O traballo, o deporte, nin grandes penas, nin grandes alegrías, moita vida social, eso sí. Viña a Madrid un par de veces ó mes. Unha noite, no Buddha, presentáronmo. Tanta hipocresía repúgname. Non é o meu mundo. Eu vivo nun lugar onde cada cousa ten o seu nome. Istos son un merdentos con aires de señorío. Nada de nada, aínda levan os zapatos suxos.
O clarín anuncia cambio de tercio. É sorprendente a rapidez coa que se collen hábitos novos. Agora toca o que toca, “creced y multiplicaos, y, de paso, cerrad unas cuantas bocas”. O toureiro móvese na area cunha chulería calculada, semblante serio e andares de macho. Qué decepción!!. Cómo puede anunciar o seu compromiso?, cómo pode?. Fun tan feliz nos seus brazos, fun tan feliz no seu corpo. Casi non mo creo.
Vai entrar a matar, confesoume que neste momento da faena sente pánico. Este é o instante definitivo, cando o toureiro empuña a espada de aceiro significa que alguén vai morrer, aquí non pode haber dúibidas. Fai falta unha boa estocada que derribe ó touro, se non lle sae á primeira porase nervioso. Se de el dependera non mataría ó animal, e non sería para facerlle un favor á ministra Narbona.
Teño que largarme xa. Os primeiros pasos xa están dados, e detrás dos primeiros virán os segundos. Isto acabouse, xa non haberá máis encontros furtivos. Necesito saír de aquí cun pouco de dignidade. Quero fuxir sen que se note que corro. Pero sí, corro, vou ó galope. Vou reventar ó cabalo. O mesmo que aquela tarde en Sanlúcar de Barrameda.
-¡Roberto, Roberto vas reventar ó cabalo!
Aquel día sentíame o home máis feliz da terra.
----------------------------------------------------------------------------------
Relato remitido por: Roberto Andrade
Debutante en A Lareira Máxica
(Foi enviado en castelán e traducido ó galego polo administrador)
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS Colaboracións varias , Relatos e composicións feitas para A.L.M.


