xoves, 28 de decembro de 2006

** O relato de María. Cap.2 (Vai ben encauzado)

Estaban completamente enganchados un ó outro. Faltáballes tempo para chegaren ás súas respectivas casas, tras as súas obrigas diarias, e conectárense na busca un do outro. De onde conseguían sacar o tempo era un misterio, o único certo é que falaban tódolos días durante horas. Con él, ela aprendeu a perder. Sempre fora unha pésima xogadora e unha pior perdedora, mais perder ás damas con el era sempre un pracer. Esa foi unha máis das moitas promesas incumpridas. Non sei se nunca puideches ou simplemente nunca quixeches cumprila. Prometéralle ser o seu teacher particular algún día. Prometera aprenderlle a xogar ás damas como era debido, pero aínda hoxe segue sen saber mover ben as fichas... Ve-lo Artigo completo....

Pero aquela non fora a única cousa que aprendera del. Con el tamén aprendeu a deixarse coñecer, a deixar atrás os medos, a compartir, a sentir que formaba parte de algo. Encariñarse del fora moi doado, botalo de menos máis doado aínda.

Chegara decembro e con el o Nadal. Ela so podía pedirlle unha cousa: coñecerse por fin. Só pasaran dous meses escasos dende aquela primeira tarde, pero ela xa o tiña todo moi claro. Moito máis claro do que nunca antes tivera nada. Sen embargo el tiña outros plans. Pasaría aquelas datas coa súa familia nesa aldea afastada de todo e de todos. Ela entendeuno, ó fin e ó cabo ela non era ninguén. Nunca tivera intencións de coñecer a ninguén por aquel medio. So era un pasatempo, un entretemento, así que tampouco tiña dereito algún a pedirlle nada. Os seus sentimentos, o que ela puidera sentir, incumbíanlle so a ela. Non tiña dereito algún a pedirlle nada. Deu por sentado que aquelo sería a fin da súa bonita relación cibernética, pero unha vez máis estaba errada. O 31 de decembro, cando xa non esperaba nada, recibín a túa inesperada chamada. Estivo ben escoitar a túa voz, escoitar que me botabas de menos.
O 8 de xaneiro ela agardábao diante da pantalla, el non faltou á cita. De novo volta a empezar.


__________________________________
Relato remitido por: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica

** VÉNDESE A LAREIRA MÁXICA

ESTE BLOG ESTÁ EN VENTA.... @S INTERESAD@S EN ADQUIRILO PODEN ENVIARME AS SÚAS PROPOSTAS ECONÓMICAS Ó MAIL: alareiramaxica@hotmail.com
A experiencia foi maravillosa, pero tendo en conta que se pagan moi ben os blogs, pois decidinme a polo en venta. Xa recibin algunha oferta, pero paréceme pouco interesante. Non pido miles de millóns nin moito menos, pero tampouco unha limosna.....

mércores, 27 de decembro de 2006

** E Mañán....O Relato de María. Capítulo Segundo

.....Poderemos coñecer cómo continúa o relato de María. A segunda parte, está aínda mellor......¿Cómo continúa? ¿Que pasa cos nosos dous namorados?. Mañán continuaremos sabendo un pouco máis desta fermosa historia coa que nos está a obsequiar María.... Eu xa estou desexando cómo vai ser o terceiro capítulo....

** Anuncio pensando nos Reis Magos....

A Lareira Máxica quere -co gallo do Día de Reis- publicar cartas escritas por vós e dirixidas ós Reis Magos. Valen cartas de todo tipo: de peticións de regalos (sexan os que sexan eh!), de ironía,.....incluso as de amor dirixidas ás Súas Maxestades....
Así que, please, animádevos e enviade as vosas cartas ó mail deste blog: alareiramaxica@hotmail.com, ou deixádeas a modo de comentario deste artigo. Pode ser algo divertido.
Xa sabedes podedes remitilas firmadas con seudónimos se non queredes revelar a vosa identidade. Así que, non hai disculpas para non participar nesta iniciativa lareleira.....So fai falta un par de minutos para escribir unhas cantas palabriñas ou frases para que sexan lias polos Reis de Oriente. Quen sabe.....Ó mellor acceden ás vosas peticións e desexos.....
------------------------------------------------------------------------------------
P.D.: @ que lle pique a curiosidade e queira saber o que pon nesta carta ilustrativa da imaxe, que está baixada de internet, so ten que clickar dúas veces enriba da imaxe e saíra de dúbidas.