** QUE RABIA DA CANDO.........!!!!
......ano tras ano te decatas que, co paso do tempo, a sociedade é máis consumista no Nadal, que se lle dá máis valor a gastar e a regalar como se a vida se nos fose niso. Como se o feito de gastar ou regalar canto máis mellor fose en si bo. Nada hai máis contraproducente. Un efecto que se antolla con efecto "boomerang", especialmente cando da educación de fillos pequenos falamos.....
Ve-lo Artigo completo....
Vivimos nunha sociedade que pasou dunha dictadura a un libertinaxe, total e abosulto. Gústame o dito aquel que di que "polos extremos nunca son bos". ¿Por qué neste caso? Porque non é bo nin ser extremadamente estricto nin extremadamente bondadoso e liberal na educación dos fillos. Está ben regalar, si, pero hai que saber o qué se lle compra a un neno e canto se lle regala, e por qué, e que fillo temos e estamos educando. Parece unha cousa trivial a primeira vista, pero non o é para nada. Logo atopamos nenos con 5 anos que xa teñen de todo. Iso é malo, porque entón que lle imos regalar con 8 anos ¿un fórmula 1 de verdade?. O exemplo, aínda que esaxerado, non o é se o pensamos ben. Non se pode malcriar a un neno, a dicirlle que Si a todo.
O cariño non se demostra so accedendo a tódalas súas peticións incondicionalmente. Un neno debe aprender a que obter algo ten un custe. Que se hai que esforzar e que non sempre se pode ter todo aquilo que se desexa ou quere. Se non pomos límites e damos, con man esquerda, dúas de cal e unha de area, o neno crecerá convertíndose nun pequeno dictador insensible e caprichoso, que non sabe apreciasr ó que lle rodean e ós que lle rodean. Paradoxicamente, tentando fuxir dunha dictadura por medio dun anarquía, topámonos de bruces cunha nova dictadura na segunda xeneración.
Os pais deberían ter claro todo isto, e que a educación dun fillo non é tentar ser o ser mellor amigo. Non. Consiste en educar. En iso mesmamente. E para educar hai que dicir máis dunha vez que non, do contario os "educandos" se convirten en "educados". E cando os fillos crecen e son adolescentes o problema empeora. A un neno hai que educalo desde pequeno, non vale pedir unha prórroga ata a adolescencia....Logo xa é tarde.
E todo isto viña a conta do consumismo en épocas como o Nadal. Comprar e regalar sí, pero con sentidiño e responsabilidade. Por certo, os xoguetes educativos é unha boa elección. Outra cousa: se o neno vai ter moitos regalos, os pedagogos aconsellan ir entregándollos paulatinamente e non todos xuntos (por exemplo, cada x semanas). Claro está que falamos neste caso, de nenos de idade máis curtas. Desta maneira aprenderá a valorar e a apreciar aquilo que recibe.....Pero deste tema poderíanse falar e matizar moitas cousas, pero iso será outro día.....
....Qué rabia da cando vés que a sociedade consume compulsivamente e pensa que canto máis gasta ou regalo mellor é. Non. Ás veces un regalo menor ten moito máis valor........Qué rabia da cando ves que sistematicamente se cae sempre no mesmo erro ano tras ano.....Por certo, que o Nadal non significa consumo, non significa outra cousa.....Ou polo menos debería.....¿Algún sabe ó que me refiro?
------------------------------------
Artigo de Julio






