** Chove, chove, chove sen parar
Galicia, e sobre todo, as provincias de A Coruña e Pontevedra, están inundadas. Non sei na Coruña, pero o que é en Pontevedra, as alcantarillas botan por fóra, as estradas rezuman agua, os coches fan acqua-planning, a veiga que vés alá ó fondo parece máis unha piscina rural que unha veiga, os ríos desbórdanse.....E non moi lonxe de aquí -que xa está bastante inundado-, a 28 km para ser exactos, Vilagarcía foi un dos lugares máis afectados. So ver as imaxes nas fotos dos xornais online e da televisión arrepía. Outra zona que sufreu o gran diluvo foi Vigo.
En Galicia estamos a que chova, pero tanto, non me acordo. Con risco a equicarme, creo que entres octubre e novembro caíron máis litros de auga que en todo o inverno pasado. ¡¡ E aínda estamos en outono !!. Nunca me gustaron os polos estremos: nin un calor sofocante nin frío frío nin moito menos diluvios en lugar de choiva normal cando fai falta pero moderada en intensidade e cantidade.....Pero unha cousa é o desexo e outra os caprichos da natureza. Menos mal que nunca choveu (véxase aquí diluviou) que non escampara.....


