luns, 27 de novembro de 2006

** Chove, chove, chove sen parar

Galicia, e sobre todo, as provincias de A Coruña e Pontevedra, están inundadas. Non sei na Coruña, pero o que é en Pontevedra, as alcantarillas botan por fóra, as estradas rezuman agua, os coches fan acqua-planning, a veiga que vés alá ó fondo parece máis unha piscina rural que unha veiga, os ríos desbórdanse.....E non moi lonxe de aquí -que xa está bastante inundado-, a 28 km para ser exactos, Vilagarcía foi un dos lugares máis afectados. So ver as imaxes nas fotos dos xornais online e da televisión arrepía. Outra zona que sufreu o gran diluvo foi Vigo.

En Galicia estamos a que chova, pero tanto, non me acordo. Con risco a equicarme, creo que entres octubre e novembro caíron máis litros de auga que en todo o inverno pasado. ¡¡ E aínda estamos en outono !!. Nunca me gustaron os polos estremos: nin un calor sofocante nin frío frío nin moito menos diluvios en lugar de choiva normal cando fai falta pero moderada en intensidade e cantidade.....Pero unha cousa é o desexo e outra os caprichos da natureza. Menos mal que nunca choveu (véxase aquí diluviou) que non escampara.....

domingo, 26 de novembro de 2006

** Lugares cun encanto máis que especial con selo propio......



Estas fotos soan moi suxerentes... Lugares relaxantes, paradisíacos ou de gran beleza paisaxística, pero se tivésedes que elixir un so destes destinos...¿con cal dos catro vos quedariades? ¿Por qué?. A elección non é sinxela...

sábado, 25 de novembro de 2006

** Un monstruo do balón de nome Dinho, Ronaldinho.....



Vede o vídeo. Vale moito a pena. Aínda que non sexades do F.C.Barcelona, védeo. Vale moito a pena. Nel vese o golazo de chilena que lle marcou Ronaldinho ó Villareal hoxe no Nou Camp. Sinxelamente, f-a-b-u-l-o-s-o!!!!. O sonido está recollida da radio, concretamente da Cadena Ser. Nárrao Manolo Oliveros...

Para os que queiran outro vídeo da mesma xogada, na que se recolle como se fraguou a xogada, aquí vai este. Pertence á retransmisión televisiva de La Sexta. Un dos cometnaristas é o Txapi Ferrer, o que fora xogador do Dream Team de Johan Cruyff.

venres, 24 de novembro de 2006

** AS FRASES MÁXICAS DE...Juan José P.F.

Dado que estou a ver que algúns de vós me envía ou lles vexo frases moi boas, decidín facer unha variante da frase máxica na que poidades pór as vosas frases (ou as miñas). Irá personalizada na cabeceira, agás que se traten de frases prestadas de escritores ou xente célebre que entón irá a súa terminación no artigo en si. Ata o de agora non as diferenciaba. Incluso lles porei un icono as que son de colleita propia miña ou vosas...

Hoxe vou publicar CATRO frases rescatadas do blog dun vello amigo meu, que por certo ten un blog de opinión interesante e que inicia unha nova etapa. Ademais é de aquí, de Sanxenxo. Sorte amigo!!!A páxina é Blog de Sanxenxo

Aí van as catro frases. Orixinalmente eran en castelán (a traducción fíxena eu).Non me digades que non son boas........

" A veces custa máis eliminar un só defecto que adquirir cen virtudes"
" Cuando haxa un político con boas intencións, desaparecerá a política"
" Os líderes do instituto son os camareiros do futuro"
" O importante non é ter un corpo danone....o importante é NON ter un cerebro de petitsuisse"