….Qué rabia da cando…. tentas acercarte a alguén, ser amigo desa persona e non che deixan….Qué rabia da cando nos permitimos o luxo de rechazar a posible amistade de alguén…..Qué rabia da cando non che deixan nin darte a coñecer, nin poder coñecer ó outro….!!! ---------------------------------------------------------------------------- REMITIDA POR: María CATEGORÍA:Maxi-Colaboradora de alareiramaxica -----------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE LARELEIRA: E ti, ¿non te animas a enviar o que che da rabia a ti? ¿Non tés nada que che dé rabia? ¿Non tés ganas de desafogarte? ¿Apetéceche? Pois entón aproveita a oportunidade e non o dubides: envía o teu "....Que rabia da cando......." á lareiramaxica@hotmail.com....
"O éxito non é tanto facer o que se desexa como desexar o que se fai" (D. Brown) "A sorte está na túa mente; si cres que tés mala sorte terala, se cres que tés boa sorte iso mesmo atraerás" (Anónima)
E a raíz destas frases, das que podedes opinar como sempre, pregúntome tamén: ¿Qué é o éxito? ¿De que depende? ¿Qué é a sorte? ¿De qué depende?
[NOTA: Facede clik no título do artigo para poder velo completo. Cousas da actualización de Blogger en xaneiro de 2007]
A serie de artigos que lle adiquei ó desaparecido programa infantil Barrio Sésamo chega hoxe ó seu fin. Antes de nada pedir disculpas porque o artigo de onte non se podía ler enteiro por un erro de blogger xa solventado. Dito o anterior nesta terceira e última entrega coñeceredes que fixeron os restantse persoas de Barrio Sésamo 2. Asemade falarei dos "muppets" (bonecos) da outra parte do programa: Epi, Blas, Coco, Gustavo.....Se queredes saber máis deles premede o botón de "Ve-lo artigo completo" e sairedes de dúbidas....
<> Ana: Era o personaxe que facía de estudiante en Barrio Sésamo e interpretado por Isabel Castro. En Barrio Sésamo cantou cancións que están na lembranza dos que por entón eramos uns nenos: "Pintar sin parar", "Son de mentira", "El eco" ou "Soy Ana", Tan so interviu na película francesa "Fado majeur et mineur" (1995) e hoxendía colabora no exitoso programa de humor de Cuatro e Canal + "Las noticias del Guiñol".
<> Julián: Era o kioskeiro de Barrio Sésamo. O seu personaxe era interpretado polo veterano actor de reparto José Riesgo. Tras participar na versión teatral do programa, retirouse, morrendo máis tarde.
<>Antonio (José Enrique Camacho), pai de Ruth e Roberto - os inseparabales amigos de Espinete- e dono da horchatería que rexentaba coa súa muller, adicouse ól teatro e fixo curtos papeis secundarios nas películas "El Lute, camina o revienta" (1987) e "Solo o en compañía de otros" (1991). Finou a principios dos anos 90.
<> Matilde: Intrerpretada pola actriz Mari Luz Olier, era a muller de Antonio no programa. Tabajado moito como actriz de dobraxe, sendo a voz de intérpretes como Laura Dern ("Un mundo perfecto", de1993), Stockard Channing ("Seis grados de separación", tamén do ano 1993), Joan Allen ("El crisol", de1996)), Blythe Danner (“Expediente: enfréntate al futuro”, de1998)) ou Kathy Baker (na serie "Pickett Fences"). Así mesmo, foi actriz invitada na serie "Hospital Central", de Tele 5.
<> Roberto: Era o fillo de Antonio e Matilde, irmán de Ruth, e amigo de Espinete, que foi interpretado por Roberto Mayor. Descoñécese o que fixo despois, se ben se sabe que non voltou a traballar como actor.
<> Ruth: A irmá de Roberto e tamén inseparabale amiga do ourizo Espinete. Doulle vida Ruth Sánchez Bueno, rebautizada no mundo artístico como Ruth Gabriel, filla de actores. Antes de saír nesta segunda etapa de Barrio Sésamo xa o fixera no espacio "La Cometa Blanca", lugar no que, como dixen, xa saíron algúns personaxes do futuro Barrio Sésamo (1983-87).
Ruth, actriz prometedora a mediados dos anos 90 después do seu éxito en 1994 con "Días contados" , película de Imanol Uribe, pola que obtivo un Goya á Mejor Actriz revelación, e na que tamén puidemos ver o afamado actor español Javier Bardem, así como outros como Carmelo Gómez ou Candela Peña.
Por desgracia, parece ser que non se cumpriu tódalas expectativas que, como actriz, se tiñan depositado con ela. Tivo papeles secundarios en películass como "99,9" (1997) ou "Besos de gato" (2003) , así como serie "Querido maestro", aínda que non acadou as expectativas que, como actriz, se tiñan con ela. Se queredes ver a súa filmografía como actriz clickade aquí, e se queredes ler unha entrevista que lle fixeron aquí.
.....Pero Barrio Sésamo tiña, a parte do vida do barrio, unha segunda parte: a dos bonecos de trapo: Epi, Blas, Coco, a ran Gustavo, Triki, Trake, o Conde Drako, e outros moitos....
Gustavo era a ran mái dicharachera de Barrio Sésamo, namentres que Triki era o monstruo das galletas (En U.S.A. recentemente, e dada o problema da obesidade infantik, fíxose recentemente que Triki deixara as galletas, a súa “droga” e que constituía a única comida del). Coco aprendeunos a distinguir conceptos como: arriba/abaixo, lonxe/cerca, alto/baixo e outros moitos, axudado, e outras veces deleitábanos á lomos da súa Jaca Paca facendo de “Súper Coco”. Pero, sin dúbida, os bonecos que máis deron que falar foron os de Epi e Blas, que durmían nunha mesma habitación sen ser familiares….Moito se especulou se eran homosexuais ou se pretendía lanzar algunha mensaxe oculta, estremo desmentido polos creadores destes “muppets”….
Detrás destes bonecos, agochábanse as voces de varios dobradoes. Os habituais foron os que vos adxunto na seguinte relación de dobradores. Un deles, o habitual de Epi (José Martínez Blanco) e unha das fotos que vos puxen nas fotos que deron pé a este miniintriga lareleria. Era o que levaba sombreiro e o que algunha de vós chegoume a dicir que era ou parecía inglés….Pois non.
Noraboa, unha vez máis a María e mariam, as dúas únicas lareleiras que foron quen de resolver o misterio que se agochaba detrás das fotos.
ACTOR ORIXINAL ACTOR DE DOBRAXE
PERSONAXE
(VOZ) MARTÍNEZ BLANCO, JOSÉ
Epi
(VOZ) RAMÍREZ, SIMÓN
Blas
(VOZ) PIERI, FERNANDO
Gustavo
(VOZ) FRANQUELO, JAVIER
Triki
(VOZ) VIDRIALES, JOAQUÍN
Coco
(VOZ) TORCAL, SELICA
Peggy
(VOZ) DOTÚ, JAVIER
Bob
(VOZ) DE PENAGOS, RAFAEL
Conde Draco
(VOZ) MORENO, EDUARDO
Viejecito gruñón
(VOZ) SANCHIDRIÁN, JULIO
Viejecito gruñón
(VOZ) BALTANÁS, JOSÉ LUIS
Anciano en bar
(VOZ) CUESTA, JUAN MIGUEL
Epi (sustitución)
(VOZ) VARELA, LUIS
Bob (sustitución)
(VOZ) DOTÚ, JAVIER
Blas (sustitución)
A finais dos 90 Tve voltara a rescatar Barro Sésamo, pero sen Espinete & Company, e con outros novos personaxes. Non triunfou.
Máis recentemente, Antena 3 acaba de rescatar para a súa franxa matinal o programa, na que según se di por internet so saen os "muppets" e tampouco saen os míticos Don Pimpón, Espinete & company.
Sexa como fose Barrio Sésamo, concretamente o que din en chamar Barrio Sésamo 2, quedará para sempre no corazón nostálxico dos que un día fumos nenos pequenos. Esa lembranza ninguén nola podera borrar, porque os recordos bos permanecen conosco para sempre....
[NOTA: Facede clik no título do artigo para poder velo completo. Cousas da actualización de Blogger en xaneiro de 2007]
Comentábavos o domingo pasado que Barrio Sésamo marcou toda unha época, especialmente a versión "made in Espinete". No vídeo da introducción deste artigo podedes lembrar a cabeceira deste mítico programa infantil, na que saen Espinete e Don Pimpón. No interior do artigo atoparedes outros dous vídeos, un deles a parodia da entrada que acabades de ver. Está moi simpática e ata sae un cantante que antes era negro e agora branco....
Se seguides lendo descubriredes que foi dos protagonistas de Barrio Sésamo....
Deixémonos de introduccións e entremos en materia como se soe dicir. Imos por partes:
** Comencemos polos protas do Barrio Sésamo I (anos 1979 e 1980): A Galiña Caponato e o caracol PerezGil. ¿Que foi dos actores que lle daban vida a estos simpáticos animais falantes?. No tocante á Caponata, ésta a persoa que ocupaba as súas entranas e a interpretada era a actriz Emma Cohen, namentres que a PerezGil dáballe vida o actor Jesús Alcaide. Ambos continuaron interviron en series e películas (nas últimas xa ben actuando, xa ven como dobradores). Se premedes sobre os nomes destas dúa persoas saberes en cales participaron.
Por último, e a modo de curiosidade (constame que hai lareleiro "mu curiosos"), e para quen non o saiba, a Galiña Caponata, isto é, Emma Cohenn é a compañeira sentimental do gran actor español Fernando Fernán Gómez.
** Adentrémonos agora no que aconteceu cos protagonistas de Barrio Sésamo II, que discurriu entre os anos 1983 a 1987 (nos anos 81 e 82 non se emitiu como programa independente, senón integrado en "La Cometa Blanca" e nela xa saían personaxes que tamén saíron de 1983 en diante). Neste caso non se cumpre o de que segundas partes nunca foron boas, máis ben ó contrario. Imnos personaxe a personaxe:
<> Espinete: era interpretado pola actriz Chelo Vivares. Sí, a pesar de supoñerse que o ourizo Espinete (aquel que vivía nunha caseta grande e que cando ía durmir poñía o pijama cando de día non traia prenda algunha posta....)era "macho" a voz poñíalle unha muller.
¿Que é de Chelo? Logo de rematar Barrio Sésamo, embarcouse xunto con outros actores do programa en levar o formato ó teatro. Con posterioridade, realizou diversos traballos como actriz ou como dobradora. Nesta última faceta, a de dobradora, cómpre mencionar dentro da producción animada "La leyenda del Norte" (1991), Harry Potter y la cámara secreta (2002) e "Harry Potter y el cáliz de fuego" (2005) (alí poía a voz en castelán de "Myrtle la llorona") ou "Los Simpson" (dobrando a personaxes infantís como Ralph Wiggun o Todd Flanders).
Tamén fixo unha breve colaboración secundaria na película "El palo" (2001) ou na serie "El Comisario", como pezas máis destacables.
Chegados a este punto, débovos rebelar a noticia que me impactou cando a souben....Moitos de vós (Mariam e Maria) xa o descubrirades: ESPINETE CASOUSE CON CHEMA, isto é Chelo Vivares casouse na realidade con Juan Sánchez, o cal daba vida a
<> Chema: o panadeiro do barrio. Á historia pasaron os seu bailes e movementos "raros". Foi encargado de interpretar a mítica canción “Panadero Soy” no programa. Antes de face-la serie xa se casara con Chelo, que foi a que a animou a presentarse ó casting (según se di).
A foto de Chema foi a primeira que vos puxen nesta miniintriga lareleira. pero ¿que foi del?. Juan Sánchez, o seu alter ego foi un dos personaxes que levaron ó teatro a version teatral de Barrio Sésamo polos diversos pobos e cidades de España. Con posterioridade participou na película "Donde está el corazón" (1990), un film norteamericano do director John Boorman, protagonizado por Uma Thurman.
Polo demais, fixo colaboracións en episodios das series tan famosoas como "Farmacia de guardia" e "Los ladrones van a la oficina".O noso querido Chema ten na vida real unha gran paixón polo mundo artístico, sobre todo pola da pintura.
Tanto Chelo como Juan traballaron xuntos con maior frecuencia no teatro, primero coa versión teatral de Barrio Sésamo e máis recientemente en diversas obras, sendo a última delas "La cabeza de Bautista".
<> Don Pimpón: Era aquel ser ou animal que non se sabía moi ben quen era (anímovos a dar a vosa opinión sobre QUÉ podía ser Don Pimpón), que foi interpretado polo actor Alfonso Vallejo.
Un dos seus primeiros traballo foi o de darlle vida a outro ser, vido do espacio e chamado “Astraco”, precisamente no programa infantil “Los Mundos de Yupi”, que tomou un ano despois o relevo de Barrio Sésamo.
Ttamén traballou como actor secundario en películas españolas como "El Lute, camina o revienta" (1987), "Chevrolet" (1997), "Plenilunio" (1999), "El bola" (2000) o "La suerte dormida" (2003), así como en las series "¡Ala...dina!" (no que era un dos personaxes fixos, concretamente Rogelio,o xefe da empresa onde traballaba Tomás, o “amo” de “Ala Dina”) e "Cuéntame".
Nos últimos dous anos realizó dous traballos para Tele 5: o espacio de humor "Agitación + Iva" (emitido aínda o verán pasado) e a serie "Maneras de sobrevivir".
Gana el PP, se recupera el PSOE, Vox toca techo
-
[image: Gana el PP, se recupera el PSOE, Vox toca techo]
La estrategia del PP de celebrar cuatro autonómicas por separado, incluidas
las andaluzas, busca...
Sucios Poemas De Amor, de Rafael Calero Palma
-
Sucios Poemas De Amor es el último libro del poeta Rafael Calero Palma. Un
libro donde ese misterio llamado “amor” va y viene, abre y cierra puertas,
sale ...
Mitosis eterna
-
Mitosis eterna. Viñeta del 23/02/2026 en CTXT Así es la cosa de la
actualidad. Las noticias caducan a la velocidad de un estornudo. Si a usted
aún le tiene...
XV Premios La Buena Prensa
-
Se puede presentar cualquier texto en castellano publicado en 2025 en
soporte papel o digital. Los galardones están abiertos a medios de
comunicación de ...
El fracaso del Reino Privativo de Mallorca
-
*¿Qué significa privativo en derecho? *
*Privativo en derecho hace referencia a algo que *
*pertenece o es exclusivo de una sola persona o entidad, lo que si...