martes, 14 de novembro de 2006

** NOTA ACLARATORIA


Este últimos días recibín algúns correos electrónicos nos que me preguntabades "¿Que pasou coa sección das frases máxicas?¿Quitástela?". Pois ben, respóstovos....Temporalmente si a retirei porque me daba a impresión de que vos saturaba con tanta frase.

Durante 14 días, de xeito ininterrumpido, subín frases que atopei ou que vos gustaba a vós.... Algunhas tiveron bastantes comentarios pero as últimas non tiveron ningún. Nese momento coidei que sería bo darlle un descanso ás frases, para logo voltar a publicalas, aproveitando que xa habería máis artigos e non se verían so varias frases xuntas. Pois ben, o xoves voltarán as frases. Iso si, gustaríame que me enviásedes frases que vos gusten e que se presten a reflexións, opinións e comentarios.
Por último, quero aproveitar para darvos as gracias polo interés amosado polas frases.

**....QUÉ RABIA DA CANDO.....!!!!

.....¡Qué rabia da cuando te enamoras de una mujer que no te corresponde ¡ porque tú a ella no le gustas!. "No eres mi tipo" te suelta cuando te arriesgas y te lanzas al vacío, sin saber bien lo que el futuro te puede deparar, disfrazado de misterio, unos segundos mas tarde, sólo unos breves pero inquietantes segundos después.. "No eres mi tipo, el hombre que busco, pero siempre podemos ser amigos", frase manida que da miedo solo oírla de sus labios.

La amistad en estos momentos tan cruciales pasa a todo un segundo,tercer o hasta cuarto plano. La amistad de una persona a la que amas casi se vuelve invisible, minúscula a tus ojos, se convierte algo así como en (...) una migaja de pan servida de desayuno en la casa de un multimillonario empresario o una espina de pescado para un gato que añora la sardina entera y se entristece cuando sólo recibe una espina, una triste espina…. Y es que en nuestro interior deseabamos un premio mayor: el gordo. ¿Por qué conformarse con la pedrea si puedes tener el gordo?

Sucede que otras veces hay otras circunstancias que impiden que la mujer que te guste sea un amor imposible. Las más destacadas son si ya tiene novio, o está casada. Es como la manzana prohibida del paraiso: se mira pero no te atrevas a tocarla porque no es lo correcto.....

La cosa puede ser, incluso, peor y enrevesarse cual serpiente caprichosa danzando al son de la música de une encantador: enamorarte de alguien a la que tú también le gustas, pero que está casada o comprometida y muy enamorada de su marido o pareja. Vamos, que has llegado tarde macho, piensa ella para sus adentros……

Pero la vida es así, te depara sorpresas bonitas y gratificantes, pero también otras no tan bonitas, amargas y dolorosas, cuando un afilado cuchillo dictamina que la naranja ha de partirse, incluso antes de que se haya formado……


¿Qué opinades sobre esta reflexión que nos envía este lareleiro (término recén acuñado para os que lectores desta páxina)?

___________________________________________________
Remitido por: José Manuel Freijeiro "Frei"
Debutante en alareiramaxica
_________________________________________________________

luns, 13 de novembro de 2006

** Un triste aniversario para esquecer ¿ou lembrar?

Un día coma hoxe un petroleiro chamado "Prestige" (que paradoja, polo seu prestigio non vai ser recordado precisamente) daba orixe ó que sería un gran desastre natural e mariño para Galicia. O "Prestige" acabaría afundíndose e con el afundíronse moitas coausas. Tralo seu afundimento asomaron os "finos hilillos" de chapapote ou petróleo. Tralo seu afundimento démonos conta do perigo que supoñen este tipo de embarcacións. Co gallo desta triste efeméride os grupos ecoloxistas siguen alertando que continúan pasando similares petroleiros por Galicia e que, en calquera momento, pode voltar a pasar outra gran catástrofe natural de incalculable impacto....



Aínda me lembro das reportaxes de TELE 5´. Daquela aínda me (...) gustaba a información que daban (notábase a man do cesado Juan Pedro Valentín). Aqueles días viamos a un neno dicir que os mariñeiros eran mariñeiros non "pescadores". Hoxendía, séguense confudíndose ós termos nos propios medios de comunicación, que se supoñen que deben informar (o de formar, é complicado para eles, agás raras excepcións) das cousas que pasan e chamar as cousas de xeito correcto.....Aínda que certos xornalistas prefiran, de xeito errado, deletrear siglas e ir contracorrente(a bo entendedor....).

Hoxe Galicia celebra un triste aniversario, un aniversario que nunca se tería que ter celebrado se nada tivese pasado. ¿Aprenderemos do pasado?. Agardemos que NUNCA MÁIS volten eses "hilillos", como algúns lle deron en chamar.....

Gustariame que me contásedes cómo vivístedes eses días, que comentarades as vosas experiencias, pensamentos e todo aquilo que vos trae a mente a traxedia do PRESTIGE e que opinades sobres os vídeos que adxunto con este artigo (baixados de YouTube)....

Por certo a miña noraboa a dúas televisións que souberon dar a traxedia e adicarlle tempo e recursos: TELESALNÉS E TELE 5. Bo traballo feito aqueles días....



domingo, 12 de novembro de 2006

** Intrigas e Misterios (I):... ¿Que foi dos protas de .... Barrio Sésamo?

[NOTA: Facede clik no título do artigo para poder velo completo. Cousas da actualización de Blogger en xaneiro de 2007]

Saía do colexio ás 5 da tarde. Daquela non había xornadas intensivas. Chegaba á casa ás 5:30. O primeiro que facía era merendar un bo bocata namentres agardaba que chegaran as 6. Era a hora clave, o reencontro con eles, logo dunha longa xornada. Esa hora era para min como se xogase o F.C.Barcelona co Real Madrid o eterno partido de fútbol do século, ou como se puxeran na televisión o final da máis exitosa telenovela ou coma se o informativo abrira coa noticias de que, por fin, capturaran a Bin Laden. De repente o reloj marcaba a hora agardada e a música, esa inconfundible melodía voltaba a soar, acompañada de varias persoas que che lembraban que o gran momento da tarde chegara por fin.....

Hai un vello dito que di que o prometido é deuda. Por iso, hoxe por fin vos revelo que era a intriga que iniciei o pasado sábado 4 de novembro. ¿Quen son os cinco rostros que puxen durante esta semana? ¿De que ía o "gran" misterio?. Pois chegou momento de facer as oportunas revelacións, pero vaiamos por orde.

O rostro do sábado 4 correspóndese a Juan Sánchez (máis coñecido por "Chema"), o do domingo 5 é Chelo Vivares (alias "espinete"),os do luns 6 son Enma Cohen (coñecida como a "galiña Caponata") e José Martínez Blanco (doblador habitual de "Epi") e o do mércores 8 é Alfonso Vallejo (alias "Don Pimpón". Sin duda a máis difícil de averiguar era a do doblador de Epi....

Pois si, son personaxes de Barrio Sésamo, o mítico programa infantil que cada día ás 6 da tarde poñían na primeira cadea de TVE. Daquela so habia a canle 1 e a 2 de TVE, agás nos últimos anos do programa no que xa existía a TVG. Cabe distinguir 3 etapas de Barrio Sésamo. A primeira foi 1979 a 1980 e nela saían a Galiña Caponata e o caracol PérezGil, acompañados polos bonecos de Epi, Blas & company. A segunda tivo lugar entre 1981 e 1983 e saían os bonecos xunto con algún dos personaxes que logo darían vida á terceira e máis lembrada etapa de Barrio Sésamo, a cal trancurriu entreo os anos 1983 e 1987. Nesta última, os bonecos compartían programa con Espinete, Don Pimpón, Ana, Chema, Ruth, Roberto, Matilde, Antonio, Julián.....

Na segunda parte do artigo, que publicarei non transcurso da vindeira semana, falareirvos do que fan estes personaxes na actualide. Adiántovos que dous faleceron e outros dous casaron.....

Por certo, noraboa unha vez máis as dúas Marías (María e mariam, colaboradoras de alareiramaxica) que adiviñaron de que todo isto ía de Barrio Sésamo.... O vindeiro día falaremos de Epi e Blas e do caso de "zoofilia"....