mércores, 27 de setembro de 2006

** Toca Humor Jráfico


Encántame o humor gráfico de Gogue, pero tamén o de outros como o Carrabouxo ou Davila, por citar algúns deles. Navegando por internet sempre atopas cousas que te fan rir a gusto uns instres cando menos.....De vez en cando irei compartindo con vós estes momentos. Hoxe subo estas viñetas de Gogue e unha do Carrabouxo. As de Gogue están extraídas da páxina web do propio debuxante: http://www.goguetoons.com/#.

Gracias ós debuxantes de viñetas de humor por existir!!!.Disfrutádeas, que a risa é moi moi boa para a saúde (sempre que se poida claro), xa volo dixen noutras ocasións.
Carpe Diem.

martes, 26 de setembro de 2006

** Menudo morro teñen as operadoras de ADSL!!!


Está visto que lle teñen que meter caña e moitas ás operadoras de teléfono e internet. WANADOO (JUARRADU SON UNS IMPRESENTABLES E UNS TIMADORES). Nada, que me decido e me cambio á TELEFONICA. Máis cara, pero con aparente mellor servicio. Pois o de o barato sale caro haberá que engadirlle que o caro, caro é.
Escuetamente cóntovos a odisea que pasei desde o pasado xoves 21 de setembro. Logo do paso do "Gordon" o teléfono de casa facía moito ruido e a liña adsl conectábase e desconectábase cada poucos minutos. Pensei que o arranxarian de seguido. Erro.Espero ó venres. Como a cousa seguía igual chamo ó 1002.Tómanme nota e dinme que nun prazo máximo de 24 horas solucionaran o problema...SEGUIDE LENDO QUE TEN MOITA MIGA...

A cousa é que o sábado 23 pola mañán me chaman de TELEFÓNICA. Concretamente dun teléfono de Lugo. Dinme que pasarán a arranxar a línea de 4 a 6 desa mesma tarde. como dicía Sabina.. Chamo ás 7 da tarde en vista de que non viñan. Dinme que virán no prazo de 48 horas e non de 24 horas...¡??? "..y nos dieron las 10, las 11, las 12, la y las 2..." e a única que asomou foi a noite e a lúa, acompañada das estrelas.



Un novo dia naceu, e con el máis do mesmo, por desgracia. Chamo ó mediodía (pola mañán non porque seguro que traballaron a destaxo durante toda a noite para solucionarme o problema e non e momento de despertalo.....)varias veces. Na última dinme que xa estaba solucinada a "incidencia técnica". Para pasmarse!!!. E todo seguía igual....(So meu deu 1 hora de respiro e tregua na que todo voltaba á normalidade. Logo, zas!!! todo mal). Abren unha nova incidencia, sen estar realmente resolta a anterios. Internet aparecía e desaparecía cual Guadiana xogando ó escondite. E cando se conectaba facía a 150 de velocidade unhas veces, outras a 280, ou a 750 ou 460....pero sempre por 5 minutos maximo...

Chamei ó 1002, ó 1004 e dinme que é culpa do meu teléfono¿?. Sexamos serios señores. Non funciona nin o ADSL nin o teléfono e teñen rosetas distintas...O problema é a línea que é algo común ós dous. Logo de moito falar e de soportar que non me colleran o teléfono ou me cortaran cando non sabían que dicirme, rematou outro día, con promesas de arranxo "inmediato". O luns máis do mesmo. Pola noite chamo e dinme que nesta ocasión farán unha reclamación urxente...¿?¿?? caray, pois logo de 5 días xa lles vale...(((E que antes non o era???, cando sexa para cobrar seguro que o será...).

A odisea parece que rematou hoxe pola tarde (toco madeira) na que todo funciona como antes do paso do "Gordon" o día 21. Veu un técnico logo de 6 días....¿Que pasou?. Pois que o huracán ou temporal afectoulle á "acometida do poste de teléfono onde vai conectada a miña línea telefónica.....

Menos mal que TELEFONICA TEN O ADSL MAIS caaaaaaaaaaaaaaaaro.....Se o chega ter barato tería que esperar ¿2 meses?. VER PARA CRE AMIG@S.

Carpe Diem.

sábado, 23 de setembro de 2006

** BASTANTES PROBLEMAS CON INTERNET

Desde o xoves 21 de setembro estou tendo e sufrindo moitos problemas coa línea de internet por culpa de TELEFONICA. Está moi inestable e córtase constantemente, no mellor dos casos, xa que adoita a NON CONECTARSE. Interferencias e moito ruido no teléfono son outros problemas....CHAMEI ÓS DE TELEFÓNICA. XA pasaron máis de 2 días e aínda non asomaron a súa cara por aquí. Pero iso si, seguro que para cobrar a factura non se retrasan nin me descontan os días con problemas técnicos... MENUDA JETA!!!. FAI FALTA MÁIS MAN DURA COAS OPERADORAS DE INTERNET. CON TODAS. É unha vergonza. Os usuarios non contamos.....

mércores, 20 de setembro de 2006

** Que viene, que viene!!!!!

Non,non me estou referindo o famoso estribillo que se tararea para animar. Non. Tampouco falo do outrora famoso “COCO”, o famoso “COCO”, de que “aí ven o coco”. Non. Tampouco alude a frase á que nos vai pillar un avión kamikaze que asoma polo horizonte cual cabalo indómito e desbocado. Non, tampouco!!! Ese minigrito indefinido e abstracto ten que ver co ceo. Sí. Pero non coa flota aérea. Polo menos físicamente.
¿De que falo entón? Refírome á chegada do temporal que nos visitará nas vindeiras horas e bautizado cual neno como “Gordon”, que virá forte, pero menos que nos USA que foi huracán. Nunca tanto desexei que as súas “eminencias” do tempo se trabucaran como hoxe, porque se acertaan... (CONTINÚA LENDO O ARTIGO QUE TEN O SEU AQUÉL)

Na década dos 80 visitáranos “Hortensia”. Non era familiar nosa, nin veciña, nin coñecida sequera ata que chegou e arrasou. Non é que ligara precisamente, pero si que se arrimou en execeso á Galicia, en forma de temporal, que é o que era. Desde aquela non lembro que houbese un temporal tan grande como o que agora nos vaticinan… O “Hortensia” levará por diante moitas árbores e demais. Non houbo que lamentar, creo, mortes, pero si que deixou pegada.

Agora uns 20 anos despois visítanos ó seu irmán ¿maior? Gordon, que leva nome de persoaxe de debuxos animados. De pequeño soía ver “Flash Gordon” onde un superhéroe animado facía o ben…… Creo que voaba. Non estou seguro diso. Tamén era habitual nos cómics...

Ven en forma de malvado huracán vido a menos, que leva por nome “Gordon”, e gordo din que vai ser: ventos de ata 120 km/hora (máis do que servidor nunca lle pisou ó seu coche) e alerta vermella. Vamos como un cabalo desbocado que asomará polo horizonte e difícil de domar, unha fiera savaxe cabreada que non parará de incordiar mentras se teña en pé....

Oxalá se equivoquen os metereólogos e que “Gordon” so quede nun flash de pouca intensidade e que dure pouco, moi pouco. Esperanzas?? Home, máis dunha vez se equivocan ó dar o tempo ou as súas verdadeiras consecuencias. ¿Por qué non desta vez non se poden voltar trabucar?.

O tempo, nunca mellor dito, dará e quitará razóns ós “señores do tempo”, namentres farei acopio de toda a paciencia necesaria, especialmente cando pola máñan teña que irme a traballar. A carretera non sei como estará, pero previsiblemente mal, moi mal, se acertan claro.

Mañán destas horas xa terá pasado o noso ilustre visitante, que non sei porqué sempre lle poñen nomes de homes ou mulleres os furacáns e temporais. ¿Por qué? Logo calquera lle pon Hortensia a súa filla ou Gordon (bueno eu este non llo poría, senón pobre rapaz no cole…), porque sería sinónimo de huracán. A criatura quedarái estigmatizada para sempre. Todos o lembrarían polo huracán ou temporal pasado….
Agardo que os tituladores de huracáns e temporais non se lembren do meu nome…..

Despídome. Se mañán non escribo nada, botádalle a culpa a “Gordon”, porque vainos levar por dientes a todos….

Carpe Diem (se che deixa “Gordon”, claro)

Que viene, que viene!!!!!