venres, 23 de xuño de 2006

** A noite máxica de San Juan


23 de Junio. Unha data moi sinalada no calendario. Celébrase a noite de San Juan e a chegada do solsticio de verán. É unha noite chea de simbolismo máxico e tamén asociada a xoldra e a pasalo ben. As fogueiras inundan co seu lume toda a xeografía española. Ö seu pé a xente disfruta da noite, comendo sardiñas….

De sempre foi unha noite que me gustou, e moito. Moitas lendas circulan ó redor desta noite. Poderíanse encher folios e folios, e se buscades en bibliotecas ou mesmo en internet encontraredes de todo…..

Saltar a fogueira de San Juan é “o acto central” da celebración. Pero, como todo, hai que principiar polo principio, o que supón xuntar todo aquilo que vai facer arder a nosa fogueira. E canto máis alta, pois mellor…..

Logo de rematadas as fogueiras, especialmente nos pobos, existe a tradición de facer trasnadas e levar as cousas do seu sitio. Os carros eran antiguamente as estrelas destes actos feitos con alevosía e nocturnidade, e nunca mellor dito. No meu pobo aparecía ó día seguinte pola mañán enriba do palco da música ou noutra lado. As cancelas son as outras grandes afectadas…..


Anécdotas hai moitas. Incluso teñen levado carros con xente dentro, que pretendía facer garda de noite para que non llos levaran pero que avanzada a noite foi abatada por un incipiente sono profundo…..Logo ó despertar, a súa situación xeográfica cambiará bastante….”¿onde estou?”…

Claro que hai bromas de mal gusto porque no medio sempre hai vándalos que entenden estas trasnadas dun xeito menos “simpático” e rompen cousas ou déixanas en mal estado. Isto non é……

Outra das tradición é lavarse ó día seguinte pola mañán, no día de San Juan, a cara con herbas de San Juan e outras flores, purificadas pola noite…


O baño das nove ondas na praia de Foxos, situada preto da ermita da Lanzada, é outra dos ritos para as mulleres que non poden ter fillos os teñan. Se ben aquí, tamén se poden toma-la noite da festa da Virxe da Lanzada, que se celebra a última fin de semana de agosto.

Disfrutede da noite pero non cometades excesos…..Carpe diem (incluida a noite…)

luns, 19 de xuño de 2006

** Remontada psicolóxica


Hoxe toca fútbol de novo. Vou a ser moi breve para non aburrir ós que non lles gusta este deporte.

Xogaba España con Túnez. O primeiro tempo remataba coa derrota momentánea da nosa selección 1-0 frente ós tunecinos. O resultado mantívose ata ben entrada a segunda parte. O que vos escribe confiaba pouco en que España fose capaz nin tan sequera de marcar. Moitas oportunidades falladas. Parecía o caso do Pontevedra C.F.....

Nisto marcou Raúl, e catro minutos despois Fernando Torres o segundo, sendo ampliados minutos máis tarde cun terceiro gol de penalti flagrante.

Máis que o feito de gañar, que o mereceu polo que fixo na segunda metade, quédome coa capacidade de reacción de España, que soubo darlle a volta a un resultado adverso. Iso psicoloxicamente é un factor moi importante para gañar en confianza e autoestima. Incluso xogando ben e tendo oportunidades podían atoparse con que non eran capaces de meter goles. Por bastante tempo foi así, pero ó final conseguiron derrubar a muralla tunecina.


Agora so espero que esta capacidade de reacción e de non virse abaixo tamén a amosen noutros partidos que se lle poidan complicar (claro está que mellor sería que gañaran os partidos sen complicacións, pero a vida non é color de rosas....hai que ser realistas).

Saber ter paciencia, manter a concentración, e poder concretar a remontada dice moito dos xogadores. Pero se nun partido futuro non o levas adiante é suficiente para quedar eliminados. Tampouco hai que pecar de arrogantes e excesivamente confiados. Os extremos son malos.

Co resultado de hoxe, gañe, empate ou perda con Arabia Saudí no último partido da primeira fase, a nosa selección xa está clasificada como primeira de grupo. Agora van principiar as finais a un so partido. O primeiro rival en octavos será Francia (non sei porque me da que vai ser Francia), ou Suiza-Corea del Sur (dependendo cómo queden no partido no que ambas seleccións se van a medir).

Sexa como fose, hai que pasar de cuartos e chegar a semifinais, o cal sería un logro importante, o que non pase de aí, sería dicir aquilo de "La vida sigue igual", por moi primeiros de grupo que quedaramos (xa conseguido o de ser primeiros).

Confío, espero e desexo que España chegue o máis lonxe posible. Pero toda precaución e prudencia é pouca. E ás hemerotecas me remito.....

domingo, 18 de xuño de 2006

** Blogs amigos e cousas novas

O fenómeno blog é algo que cada día continúa indo a máis. Hainos de diferentes dominios e, dentro deles, de todo tipo de cousas e categorías. Calquera cousa que vos poida chamar a atención, seguro que vai haber algún blog que, en maior ou menor cantidade, vos poida gustar e,de paso, axudar.

En "A lareira máxica" gustaríame pór un vínculo para informar doutros blogs. Así que si vos animades deixádeme o título do voso blog xa ben como comentario deste artigo ou enviando un email a sanxe@hotmail.com


Doutro lado, sigo engadindo cousas novas ó blog. Onte puxen un novo calendario e un reloxio penso que mellores. Asemade, introducín un novo vínculo chamado "videoclips para escoitar (e ver)". A intención é que poidades escoitar algo de música mentres que visitades "A lareira máxica". Canto ós vínculos, pouquiño a pouco vanse incrementando.

A día de hoxe xa son 43 vínculos sobre diversos aspectos: correo electrónico, medios de comunicación, música de radio online, páxinas web de institución públicas cos seus diarios e boletíns, guía das gasolineiras máis baratas en toda España, os mapas e rueiros de Google, páxinas sobre informática e sobre os temidos virus, e páxinas dos máis relevantes hipermercados, entre outras. Agardo que vos guste.

Por último, espero que empreguedes máis o chat, do contrario é probable que o elimine. De vós depende que continúe ou non. Tamén insisto en que estou aberto ás propostas, consellos, comentarios e artigos vosos.

Un saúdo.

sábado, 17 de xuño de 2006

** Mensaxes comprometidas nos móviles


O móvil foi un gran invento. Non ter que depender dun teléfono fixo para poder chamar ou que te chamen.

Nuns poucos anos, case todo o mundo ten teléfono móvil. Raro son os casos que non acontece isto. E cos anos fóronse reducindo de tamaño e gañando en prestacións….

Neste artigo voume centrar precisamente nunha das características ligadas ós móviles actuais. A posibilidade de grabar música ou mensaxes de todo tipo para cando te chamen e non podes responder. Funcionan como mensaxe ou musiquita que soa namentres non podemos contestar.

O asunto das mensaxes pode resultar divertido e ata gracioso, pero pode virar en algo negativo ou molesto se se utiliza mal ou para cousas indebidas.

¿Por qué o digo?
Mirade, hai veces que precisas falar urgentemente con laguen e sáeche a música esa… Voltas a chamar e outra vez. Ó final acabas asociando a música a que non resposta, e como condiconamento clásico responderte de Paulov, pois acabas odiando a música. Claro que non sempre hai que asociala a cousas negativas ou molestas.
Non obstante, recentemente tocoume escoltar dúas desas mensaxes “móviles”, que me fixeron sentir vergoña allea.

O primeiro, foi cando chamei a unha persoa que non coñecía de nada para quedar con ela por un tema laboral.

Foi chamar e salirme unha mensaxe que dicía algo así como: “ ¡Ja,ja. toi preñada y no la sabe ni mi marido. Que risa cuando se lo cuente...!” .

A segunda foi, estando traballando sooulle o móvil a unha muller que a chamaban. Foi soar o móvil e namentres non puido respostar á chamada, escoitouse unha mensaxe que dícia máis ou menos: "

Outra presencieina. Chamamban a un tipo. Como non collía o teléfono saltou unha mensaxe que tiña no seu teléfono dicindo: " Anda papá, enróllate y dame algo de dinero para comprar un poco de marihuana para esnifar....!”

Pois como risa pode que estea ben, pero eu pregúntome:

1. Se a esa persoa a chama para unha entrevista de traballo, ou se xa está traballando o chama o se xefe, por exemplo: ¿que concepto terán dela para contratala?

2- Persoas que teñen fillos, ¿ é un bo exemplo que os pais prediquen con estes exemplos diante deles tendo en conta que os fillos --sobre todo os máis pequenos teñen ós seus pais como referencia para o bo e para o malo?

A nivel privado cada un é libre....pero cando lle pode afectar negativamente diante de terceiros pois non sei que vos diga.


Concluíndo: a xente debería ter un pouquiño de coidado e cabeza e ter en conta quen te pode chamar ou que exemplo lle podes estar dando ós teus fillos indirectamente.

A min, sinceramente, non me quedou un bo concepto desas dúas persoas, porque as mensaxes non son como para rir. Iso é o que penso.