mércores, 18 de xullo de 2012

** O espíritu da festa


COMPOSTELA. Alvariño
Colaborador de A Lareira Máxica

Pese a crise, síguense celebrando as tradicionais festas parroquiales e os tamén tradicionais bailes. A min, o único que me molesta é o estrondo da pólvora. É que os meus oídos non son capaces de atopar o pracer que se agacha na sucesión dos estoupidos das bombas de palenque.

Estas celebracións evócanme os días da infancia, cando as esperaba case coa mesma ilusión coa que esperaba a chegada dos reis magos. Agora, xa non teño nin a metade da metade daquela ilusión. É pola xente, e que non aturo a estupidez e a soberbia. Cando se mezclan coa ignorancia, prefiro fuxir. Porque a ignorancia mesturada coa maldade, da unha combinación que me resulta daniña. Logo, se engadimos un bo puñado de envexa, xa temos o perfil psicolóxico da maioría dos meus veciños da bisbarra. Porque estes non se critican, espeléllanse. Diredes que esaxero pero, ás veces, ata parece que se alegran do mal alleo.

O caso é que con crise ou sin ela, a xente sigue colaborando e mantendo as súas tradicións. Coma se ir ó campo da festa fora unha especie de rito capaz de alonxarnos por unhas horas da realidade. Un kitkat, eso mesmo. Un tempo de desconexión, de descomprensión.

Hai xente incapaz de desconectar, de darlle á chave e poñerse en off. Empezan a comerse a cabeza, e acapan carcoméndose enteiriños, de arriba a abaixo. Polo medio támen. A carcoma é un mal terrible, cando che entra vaite minando sen piedade. Primeiro o corpo, logo a alma. Eu, coñezoo ben os seus efectos devastadores, por eso me perfumo cada día con Auga Lavanda de Puig. O olor da lavanda, ademais de axudar a relaxarse á hora de durmir, bótolle unhas pingas ás sabas, escorrenta pulgas e polillas. Porque xa se sabe, miseria e pragas, sempre van da man. E así, deste xeito, vou tendo o bicherío baixo control. Algunha xente, incluso alguns dos meus amabilísimos lectores, pensaredes que son un simple. Pero, ¿por qué non conservar a ilusión?, ¿por qué non pensar que hai un futuro agardándonos?, ¿por qué abandoarse?, ¿por qué non deixarse levar polo espíritu da festa? Moita xente instálase no lamento e adica horas e horas a laiarse. Acaso a situación económica de España nos anos 40 era mellor, ¿non casaron naqueles anos moitos dos nosos avós?, ¿non tiveron varios fillos?, ¿non saíron a diante? Pois, logo... Que eu sepa as crises son cíclicas, non eternas. Algún día as cousas terán que cambiar, como pasou sempre.

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

O que non me parece acertado é que cada día hai máis familias sen traballo, nenos afectados, dramas...e os concellos seguen organizando festas que valen...millonadas. E sobre todo, en millonarios fogos de artificio, totalmente prescindibles. Se se destinasen máis os cartos ás verdadeiras necesidades cotiáns en lugar de invertir tantísimo en espectáculos meramente lúdicos e efímeros mellor nos iría. E habería que empezar, por exemplo, polos fogos do Apóstolo. En plena crisis, e gastando millóns. Será que este ano toca celebrar o fin da crise??

Parécenme ben as festas, outra cousa é que se tire a casa pola ventana en plena crisis, iso é o que critico. Festas máis austera continúan sendo festas, e cumplen igual a súa función. Iso é como cando tés para comer, pero tamén queres comer marisco tódolos días e pratos caros. A necesidade é comer. Os luxos son acesorios...

Alvariño dixo...

Julio, penso o mesmo.
Na miña parroquia, as festas facémolas os veciños, aportando cuotas. Non son cartos públicos. Ós nenos gústalles o ambiente festivo e a moitos maiores, tamén. O espíritu da festa é un estado de ánimo, tanto ten que veña a Panorama coma o conxunto máis malo.

sonia dixo...

Bo día!

Penso que as festas son necesarias, xa sei, ao igual co fútbol,fai que esquezamos unha realidade palpable por uns intres, mellor por un breve e corto tempo. Penso que é necesaria a diversión. Sen embargo estou dacordo con vós que se pode reducir gastos, non se debe usar o diñeiro público para ditos fines (no meu pobo tamén son os veciños e o traballo da comisión durante o ano o que fai que se xunten cartos para a festa).

Está claro que non se debe usar diñeiro público para estes fins, sobre todo cando despóis escoítase no teledirario que se reduce os cartos para os bancos de alimentos, desde logo que incoherencia. Queren que a xente tamén morra de fame ou que aumente a delicuencia para poder comer...

Como ven dis Alvariño, a crise ao igual que outros momentos da historia é un proceso cíclico, isto pasará...e chegarán momentos mellores, pero mentras virán tempos duros, que pasaremos, ao igual que o fixeron os nosos antepasados.Pero mentras toca é duro, pasaremos esta etapa....Que nunca falte a ilusión e as ganas de disfrutar da vida, aínda que sexa sen tantos luxos, no máis sinxelos un pode disfrutar, ao son na nosa querida gaita galega ou cunha muiñeira.
A esperanza sempre no noso corazón e a ilusión