luns, 2 de xullo de 2012

** Efemérides. Tal día coma hoxe...Do 2 ó 8 de Julio


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao
Colaboradores de A Lareira Máxica


xullo-02 1861 Celébranse na Coruña, a imitación dos de Barcelona, os I Xogos Florais, concurso poético ó que se podían presentar composicións en galego, coa pretensión de fomentar a escrita literaria neste idioma. O Álbum de la Caridad (1862) recollerá os traballos.


xullo-03 1982 Nunha sesión conxunta da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega apróbanse as Normas de unificación ortográfica e morfolóxica da nosa lingua, as mesmas que, con lixeiras modificacións posteriores, rexen ata o día de hoxe. Os maiores cambios nestas Normas foron adoptados pola RAG en 2003.


xullo-04 2012 O escritor Xosé Chao Rego presenta en Compostela o libro Por aquí chégase a Galicia, composto por 50 unidades que fan referencia a temas da lingua e da cultura galegas.
xullo-05 1885 Ve a luz o número un d'A Gaita Gallega, a primeira publicación monolingüe en galego da nosa emigración americana (na Habana), que amosa ademais unha preocupación constante pola defensa do idioma. Os seus fundadores foron R. Armada Teixeiro e M. Lugrís Freire.


xullo-05 1910 Nace en Ourense o historiador, escritor e investigador Alberto Vilanova Rodríguez, vinculado ó mundo da emigración en Arxentina.


xullo-07 1919 Derradeiro nº, xa na súa terceira etapa (que iniciara con data 18-21/02/1917), do xornal O Tio Marcos da Portela, o que fora o primeiro periódico da nosa historia escrito integramente en galego.
xullo-07 2006 O plenario da RAGhttp://www.blogger.com/img/blank.gif acorda dedicarlle o Día das Letras Galegas 2007 á poeta noiesa María Mariño, a chamada «dinamiteira da fala» polo seu estilo lingüístico rupturista, e moi vinculada vitalmente ó Courel.


xullo-08 1885 Nace na Coruña Roberto Nóvoa Santos, insigne doutor e especialista en Medicina. Publicou en galego a novela A Santa Compaña e estudou o tema da saudade.
xullo-08 1983 O Parlamento de Galicia aproba a lei pola que se crea o Consello da Cultura Galega.



É éste un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).



---> LEMBRADE ESTAS EFEMÉRIDES PODERÉDELAS SEGUIR A PARTIR DE AGORA NA PÁXINA DE A LAREIRA MÁXICA NO FACEBOOK Amancio xa se encarga de subilas alí.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :