luns, 11 de xullo de 2011

** O día no que unha canción lle deu letra a un himno


SANXENXO.Julio Torres



Hai hoxe un ano, un no meu mes e no día que San Benito compartiu honores con San Iniesta, a historia mudou, e mudou para ben . Hai un ano nesta noite o sangue dos españoles tornouse se cabe- máis vermella ca nunca. Incluso a azul da monarquía deixou de selo. Hai un ano o destino quixo que fora Shakira quen bautizase deportivamente e lle puxese por fin letra a un himno español mudo, logo de vanos intentos infructuosos. Desde hai un ano, oír a canción do "Waka Waka" é case como escoitar o himno español, pero non aquel orfo de palabras e nadando so nos acordes musicais, senón un moderno, pegadizo e que contaxia enerxía, optimismo e transmite desde hai un ano moitos bos recordos, e boas lembranzas dun día xa histórico para España, o día no que conquerimos o título de campión mundial de seleccións que se veu a unir ó de campión de Europa de fútbol conseguido en 2008. Aí é nada.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :