martes, 26 de xullo de 2011

** A túa habitación xeada + Un sorriso


SANXENXO. Julio Torres

Ana Torroja tardou en triunfar en solitario logo da súa gran etapa de Mecano. Disco tras disco mellora. Mecano foi un duro lastre musical que condicionou a súa carreira pois as comparacións e as altas expectativas son un gran obstáculo co que loitar.

Foi neste último onde está a lograr verdadeiros éxitos musicais. O primeiro foi "Sonrisa" tema pegadizo, e agora "Tú habitación helada", un tema rítimico cun claro transfondo triste como ben reflicten as letras da súa canción. Pódese dicir que as dúas cancións son contrapostas en canto a sentimentos, se ben ambas xiran ó redor do amor, como moi ben se pode comprobar nas súas letras (as cales merece a pena lelas).

Dous temazos que vos enlazo e que se poderán escoitar ata que Youtube os bloquee na súa páxina. Isto antes ou despois pasará seguro, como acostuma a ocurrir cos reproductores de música do blog e que fai que non poida engadir cancións que eles teñen pero que logo bloquean ó ser reproducidas un determinado número de veces ou logo dun tempo determinado. Non son eu quen subo as cancións ¡ollo!, so as elixo do repertorio existente en Daylmotion, Youtube, Mixpod, ListenGo, etc. Per estes portais están limitados polos dereitos de autor da SGAE e, insisto, chegado un tempo desactivan ou vense na obriga de bloquear a reproducción das cancións ou dos vídeos.

ACTUALIZACIÓN 30-07-11: Tiven que eliminar o reproductor de ListenGO porque me bloqueou 82 das 92 cancións que tiña na lista... Se alguén sabe dalgún reproductor de música mínimamente decente para colocar no blog, por favor, que mo fago saber. De momento so queda o de Mixpod, pero xa hai un mes me bloqueou de repente 80 cancións (polo que tiven que eliminalas e subir outras de entre as que me ofrecía), co que de non xurdir un novo reproductor, o blog en pouco tempo vaise quedar sen música. Unha mágoa pero éche o que hai.


1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Son dúas cancións moi chulas.