domingo, 11 de julio de 2010

** ¡¡ España gaña o seu primeiro Mundial de Fútbol !!



SUDÁFRICA. Julio Torres

España fai historia. Acaba de proclamarse campiona do Mundial de fútbol 2010 celebrado en Sudáfrica ó vencer merecidamente na final a Holanda por 1-0. O tanto foi acadado nos últimos minutos da segunda metade da prórroga por Andrés Iniesta. Fronte ó xogo italianizado e marrulleiro dos holandeses, España respostou con bo fútbol e fair play.

¡¡España consigue o seu primeiro Mundial de fútbol!!. Releva a Italia, que o conquerira no 2006. Recordemos que tamén gañou a Eurocopa do 2008. Así pois somos campións de Europa e campións do mundo. Un merecido premio a un excepcional grupo de 23 futbolistas, que saben xogar mellor que ninguén. En equipo. Sen egos, con modestia, cos pés na terra. Alégrannos un pouco a vida co seu fútbol e cos seus logros. ¡¡¡NORABOA!!!

APUNTE PARA TER MOI EN CONTA: Nestes momentos España é a selección campiona do mundo tanto en fútbol (2010) coma en baloncesto (título acadado no 2006 e que defenderemos a finales do verán) e España tamén é a selección campiona de Europa (hai que lembrar que os campionatos do Mundo e de Europa son dúas competicións independentes) en fúbol (ano 2008) e tamén en baloncesto (ano 2009). Estes catro campionatos celébranse cada 4 anos. Algo, penso, irrepetible. Ougallá se manteña o maior tempo posible.

6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dijo...

Eu sufrín moito, menos mal que ganamos porque a prórroga foi unha auténtica agonía.

JOSE dijo...

Viva Casillas.
Viva Iniesta
Viva España

O Moucho dijo...

Xa iba sendo hora. Coa calidade que temos tanto en xogadores como no estilo de xogo... Merecemolo. A pena foi que lle tocasen rivais moi correosos, que non lle permitiron amosar o seu mellor futbol(excepto no caso de Alemania). Costou moito. Moito sufrimento. Tanto eles coma nos. Para 2012 esperanos a Eurocopa. Hai que manter o nivel. AUPA ESPAÑA. AUPA O PULPO PAUL. AUPA A LANGOSTA PAULA(do acuario de O Grove). Eles xa sabían que iamos conseguilo.Enhoraboa a todos os que fixeron posible tal proeza deportiva.

Julio Torres dijo...

Moitas gracias polos vosos comentarios e ougallá se volten repetir estes éxitos. O do Mundial de fútbol foi o summun.

Un saúdo, e benvido de novo, amigo Jose.

Rachel dijo...

Buenas noches,

Ha sido algo más que la final del Mundial de Fútbol; ha sido el ejemplo del trabajo en equipo, el ejemplo de que dos no pelean si uno no quiere, el compañerismo, el ejemplo del valor, de la fuerza, el tesón. Todo esto, ha conseguido que el triunfo fuese posible.

Por cierto, ahora que somos Campeones, debemos considerar que Sara Carbonero es el Talismán de la Selección de España? (Bueno, es broma). Pero pienso que la polémica creada por el partido perdido con Suiza y el Juego de Holanda fue lo vergonzoso del Mundial.
Después de todo esto, se ha demostrado que la unión hace la fuerza.

Saludos,

Rachel

sonia dijo...

Felicidades ao grande por España, por ver a xente chea de ledicia, cun sorriso pola rúa.

Ogalla, se unise a xente tamén para outras cousas, pero bueno realmente é unha ledicia.

O que pasa, que despois tanta prensa, tanta......esquecendo ou deixando en segundo plano noticias, do mundo, onde as persoas morren .........O sinto, non o entendo.

É unha gran ledicia, o título para España no fútbol, é unha ledicia ver a alegría da xente,nun so día, da igual, é precioso pero.......