** MeDoMedA: un grupo santiagués que apunta forte
SANXENXO. Julio Torres
O outro día escoitei por vez primeira esta canción no facebook dun amigo. Abofé que é pegadiza e animada. E é que sempre un sorriso nos alegra o día, e se chove como estes días que vos vou dicir. A canción chámase "Quero ver cómo te ris". Está cantada en galego polo grupo santigués MeDoMedA. nace da unión de Pais (Trifulka e OC29, guitarra), Anxo Pelexo (Sufridos e Indana, baixo), Arturo 'Arturbo Diésel' (Drinkin'tinto e Sufridos, batería) e Markinhos Drinkin. No link podedes acceder á súa páxina no MySpace, na que podemos informarnos deste grupo ou escoitar algúns dos seus temas musicais, entre outras cousas. Ougallá teña moitos éxitos e deséxolle unha longa vida este grupo galego. De momento, aquí vos deixo o videoclip da canción.
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Jeje. Moi divertida.
Según me apuntan no facebook deste amigo, o último de Medomedá, preséntano mañá sábado no descanso do partido da Liga de Fútbol Sala entre Lobelle de Santiago e o F.C.Barcelona.
http://www.youtube.com/watch?v=HVIEEaWirjM&feature=player_embedded
Publicar un comentario