** ¡¡¡Cinco anos de A Lareira Máxica. Moitas gracias!!!
SANXENXO. Julio Torres
P ois sí. Cinco anos nada máis e nada menos. O luns 1 de maio de 2006 ocurríaseme explorar iso dos blogs. Descoñecía totalmente en qué consistían. O primeiro foi poñerlle nome ó blog. Tiña claro que tiña que ser algo enxebre galego. Finalmente, e non foi fácil, inclineime por A Lareira Máxica. Lareira porque en Galicia é un elemento enxebre ó pé dos cales crecemos moitas xeracións, cando a luz case que era unha utopía, e na que se aproveitaba para quentar a casa, a falta de calefacción. E, claro, iso desembocaba nunha maxia especial tan ligada a Galicia. Hoxe, cinco anos despois, creo que acertei de pleno co nome. Foi difícil pero afortunadamente coido que dei no clavo.
O blog foi crecendo paseniñamente: enlaces, vídeos, música de fondo (a primeira da man de IMEEN ou PlayList.com e hoxendía -ata que nos deixen- de Mixpod e Listen Go), frases, scripts e unha morea de cousas máis que aprendín en diversos blogs de axuda. Pasar dun blog de 2 a 3 columnas, gracias a Rosa, editora de El Escaparate, que me dixo cómo facelo. Era agosto de 2007. Logo o formato consolidouse.
Primeiro era un blog estrictamente persoal, logo abrino a toda persoa que quixera participar nel. A ninguén lle dixen que non. A Lareira Máxica participou en diversos concursos para darse a coñecer, chegando a ser finalista nos Premios 20 Blogs nos anos 2008 e 2009. Toda unha alegría.
Xa sei que nos inicios actualizaba o blog frecuentemente. Se non o fago agora non é por falta de ideas, senón porque outras prioridades me impiden que lle adique máis tempo do que quixera a A Lareira Máxica. Que se lle vai facer. As cousas son así. Outras veces hai épocas nas que, sinxelamente, che apetece descansar. A toda persoa que ten un blog lle acontece.
As visitas foron "in crescendo" nestes cinco anos, especialmente a partir de 2007. A amiga Romy, foi a primeira en colaborar co blog en forma de comentarios (posteriormente cos seus propios relatos), e María, a primeira en animarse a facer un artigo propio. Logo chegaron moit@s colaboradores: Mariam, Jose, O Moucho, Alvariño, Sonia, Polizón, Toupeiro, Meiguinha, Patxi, Ana I.,Cristina, Pilar, Héctor, Calypso, Droshophylum, As de Ouros, e máis persoas que aparecen na columna esquerda de colaboracións. Como non quero olvidarme de ningunha persoa, remítovos a este apartado pois alí aparecen tódalas persoas que colaboran ou colaboraron con esta bitácora. A úitma en chegar polo de agora, a nosa amiga chilena Athenea. A tod@s vós: MOITÍSIMAS GRACIAS, de corazón, por alimentar o blog de A Lareira Máxica cos vosos artigos.
Mención a parte, para a miña querida Patricia Loureiro, que se fixo e se fai cargo do blog cando un servidor non pode de ningunha das maneiras. Abusando un pouquiño da nosa amizade e, aínda que ela estea en Madrid e eu en Sanxenxo, axúdame a moderar comentarios ou ir publicando cousas que chegas. Patri, moitísimas gracias, porque ti tampouco andas sobrada de tempo, nin moito menos. Pero a túa axuda é dun valor incalculable, xa o sabes.
Tamén me quero acordar de todas aquelas persoas que colaboran en forma de comentaristas. Ademáis dos xa anteditos, quero acordarme en especial de: Guillermo Pardo, Félix Soria, Nacho Mirás, Marta (Entrenómadas), Eifonso, An, Rosa, Raquel, Rachel, Mosto e a tod@s, absolutamente tod@s, @s que deixástedes un comentario en A Lareira Máxica nalgún momento (incluid@s @s anónim@s) que sodes, por sorte, un cuantioso número que agardo que se incremente. ¡¡Animádevos!!
Curiosamente, os contadores do blogs (hai varios, o primerio colocado un 30de maio de 2006 e outros con posterioridade, de aí que non coincidan o número de visitantes que reflicten) rexistraron o pasado 11 de abril o récord de visitantes únicos nun so día: 343. Nada máis e nada menos. E tamén se superaron as 100.000 visitas. Nin nos meus mellores sonos. Mágoa que pouc@s se animen a participar no blog. Pero non se pode ter todo. Tamén me sorprende que as visitas non so son de España, senón de, sobre todo, moitos países sudamericanos. De aí que últimamente tente escribir algo máis en castellano e non so exclusivamente en galego.
Hai pouco máis dun ano, creaba no Facebook o grupo de A Lareira Máxica o cal suma a día de hoxe 139 seguidores, un gran número persoas ás que non teño o gusto de coñecer. Moitas gracias por facerse seguidores do blog. Alégrome de que vos guste!!!!
Asegúrovos que podería encher columnas e columnas de texto escribindo dun blog que me permite seguir conectando en certa maneira co mundo do xornalismo, a miña outra profesión, que me deparou tan bos momentos en prensa e radio. A radio, ese mundo maravilloso no que tiven a sorte de ser parte en 1998, e por ese motivo en agosto de 2008 lle adiquei un artigo en A Lareira Máxica, para lembrar non so os bos momentos vivivos en Radio Voz Vigo, senón tamén as boas persoas coas que traballei directa ou indirectamente.
En Junio de 2010 tamén puiden escribir sobre unha xuntanza de antigos compañeiros de promoción de traballadores sociais que fixemos en Santiago de Compostela en Xuño de 2010. É grato ter un medio que che permite escribir o que ti queres, cómo e cando queiras. E así quedou dito na entrevista que me realizou Belén López o 26 de xaneiro deste ano para o xornal Diario de Pontevedra.
Ufff, non teño pilas Duracell, pero insisto: podería seguir e seguir escrindo sobre A Lareira Máxica e as boas cousas que me trouxo. Sei positivamente que me olvido de bastantes. O blog non so me permitiu dar renda solta a todo, absolutamente todo, aquilo sobre o que quería escribir, senón tamén coñecer a moitas persoas e editores de blogs ou webs. Un auténtico pracer que aquel 1 de maio nunca imaxinei.
Non sei o tempo que durará o blog de A Lareira Máxica, pois cada día teño menos tempo para el, pero tentarei que aínda que so sexa un artigo semanal, ir subindo e botándolle leña. Iso sí, sempre coa impagable axuda dos artigos d@s colaboradores do blogs. Cunha delas, con Mariam, falaba onte de que non sabía que ía escribir nun día tan especial para min como éste. No domingo que se celebra o dia do traballo e o día da Nai, para min A Lareira Máxica é como se fose unha filla miña, que acaba de cumprir cinco aniños e se fai maior a pasos apresurados...
¡¡¡MOITÍSIMAS GRACIAS A TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPAN EN A LAREIRA MÁXICA E TAMÉN AS QUE SO A VISITAN!!!
P.D.: Estou prantexándome a idea de facer un encontro en Sanxenxo de seguidores de A Lareira Máxica, como xa lle comentei a Sonia e Mariam nos últimos días. Non sei, teño que pensalo e ver se é factible.
P.D.2: Non sei cómo podo escribir todo isto un domingo polo mañán. Vaia por diante que nin estou inspirado nin que me parei a reler o que acabo de escribir.
15 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
felicidades desde Suiza
Felicidades, amigo,
Un abrazo,
Marta
Desde Madrid muitas felicidades, Xuliño!. E agradábel visitar a túa blogue. Muitísimas gracias por lembrarte de min. Un bicaço e longa vida A Lareira Máxica
Yo estare por Sanxenxo en julio así que si hay encuentro en esos dias me acerco. Felicidades.
- Raquel: moitas gracias, saludos para terras suizas a tódolos emigrantes, en especial para @s galeg@s.
- Marta: Muchas gracias, amiga. Saludos para tierras aragonesas.
- Patricia: As gracias teño que darchas a ti, querida amiga. Saludos para terras madrileñas. Gracias tamén pola invitación. Por certo, que tedes visita pendiente a Sanxenxo.
- Rosa: Moitas gracias. É un placer voltar a ler un comentario teu. O do encontro de momento so é unha idea. En Julio e Agosto non sei, pois isto está inundado de xente e sería agobiante. De ser estaba pensando no mes de junio. Pero aínda non o teño claro por diversas cuestións. Con todo, se o chegamos a facer, sería un pracer que viñeras. Gracias por seguir o blog Rosa!!!
Noraboa, alegrome de que sigas con isto.
Saudos
Moitas gracias, amigo Toupeiro. Sí, seguir sigo. Actualizando con menos frecuencia, pero non por falta de ideas senón de tempo que poder dedicarlle. Teño que priorizar. Non queda outra.
Saludos para Nigrán, amigo!!!
Felicidades por el blog, sigue asi, un saludo
Moitas gracias, amigo!!!
Saúdos from Sanxenxo para terras vilagarcianas
Felicidades. Aunque vayas mas lento actualizando, no te preocupes. Yo la visito todos los días. Has creado un foro donde esponer ideas, pensamientos, opiniones, relatos, poesías,... Todo un mundo. Sigue así.
Mil gracias a ti e a todos, pois realmente é un blog no que sen coñecer as persoas., sínteste participe.
Gracias o seu creador por ser tan grande. Por o teu entusiasmo, ilusión e forza que mantes no teu blog, por crer, por estar e animarnos a todos, por tantas cousas, por ser en fin, un ser entrañable, amigable, en fin GRANDE.
Felicidades Julio e que a maxia da tua lareira dure moitos anos máis.
Moitos parabens e ánimos para seguiren por ese camiño, ás veces cheo de imprevistos e pequenas pedras coas que se tropeza a miúdo. Pero ti sabes erguerte. Xa o comprobamos. Noraboa e adiante. Unha aperta.
Noraboa. Unha aperta.
Moucho: Moitas gracias a ti. Xa sei que teño cousas túas pendentes de subir ó blog.
Sonia: Moitísimas gracias a ti. O pracer é mutuo.
Mariam: Así o agardo, querida amiga. Moitísimas gracias.
Guillermo: Sí, máis das pedras das que quixera, pero aínda que sexa actualizando menos veces, fago un esforzo para que o lume de A Lareira Máxica non se apague (axudado deste grupo magnífico de colaboradores/as). Moitísimas gracias Guillermo por estar aí e polo teu Migramundo que tanto me fai reflexionar.
Félix: Moitas gracias por estar aí tamén. Os teus im-pulsos son moi necesarios.
A tod@s moitísimas gracias por seguir e participar en A Lareira Máxica. Ougallá que o lume de A Lareira Máxica dure moitos anos. Pero como ben di a nosa representante en Eurovisión 2011, galega para máis señas: "que me quiten lo bailao". A moit@s coñecinvos virtualmente gracias ó blog e iso é impagable. De corazón moitas gracias. A ver se un día nos coñecemos en persoa. Sería un pracer.
Publicar un comentario