venres, 1 de abril de 2011

** A mal chamada liberdade de expresión dos "mass media"


SANXENXO. Julio Torres



Non descubro nada novo cando digo que, por desgracia, poderoso caballero es don dinero. Informacións coma ésta, na que se informa por Galicia Confidencial da destitución do director de Xornal de Galicia, así o parecen confirmar (desta noticia so sei o que aparece publicado neste enlace e en Público). Namentres os xornais estean subvencionados polo goberno de turno pouco se pode facer. E coidado: unha cousa son os xornalistas e outra ben distinta os que mandan por riba e que fan e desfán según lle conveña.

Os que somos ou fumos xornalistas xa sabemos que o empregado de turno, non sempre está dacordo coa ideoloxía do xornal de turno, pero ten que facer o seu traballo o mellor que pode e lle deixan. Moitas veces un simple titular non gusta ó xefe e éste órdenache e diche "dalle unha volta" porque o que nel di non é afín ós intereses económicos e/ou ideolóxicos do xornal e, por conseguinte, tenta favorecer a un partido político en detrimento doutros.

Isto sábeno moi ben os empregados de calquera xornal (ou noutro medio de comunicacón) que, a pesar de que traballen nel, non teñen porqué estar dacordo coa súa ideloloxía. Outras veces o medio de comunicación vóltase camaleónico e cambia de color segundo a ocasión que diría a canción...

Os partidos políticos non se quedan atrás e contribúen a desprestixiarse máis. E, por extensión, a política convértese en simple demagoxía, hipocresía e cinismo, moi vencellada á amnesia selectiva e parcial. Patético. A poboación que non pertence a ningunha secta e non cre vehemente o que di o líder desa secta a pés puntillas, o que fai é cada vez máis alonxarse da política. E fan ben. Cando un político ten a conciencia tranquila deberíalle dar igual o que opinen ou deixen de opinar os xornais e preocuparse máis pola poboación que por sí mesmos e os medios de comunicación. Din que a honestidade se leva mal coa política. E polo xeral, tamén o creo. Evidentemente, hai de todo, pero unha número bastante significativo de políticos non fai máis que corroborar esta tese. Ou iso pensa moita xente que acostuma a dicir que os políticos honestos vanse ás primeiras de cambio. Aínda que sexa unha evidente xeralización, pode que sexa verdade e leven razón.

En pleno século XXI a liberdade de expresión é unha liberdade máis que relativa para os xornalistas que teñen que "achantar" ou senón, arríscanse a ser despedidos ou a non renovarlle os seus contratos, bastantes en precario. Moi triste, moito, pero é a pura realidade na que se ven os xornalistas. E non ten visos de cambiar.

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dixo...

Cando se ten unha hipoteca que te ata de por vida e unha familia que sacar adiante, ¿qué che queda?, ¿cal é a alternativa?
Non sei, non están ós tempos para xogar co traballo. A fin de contas, os partidos, os políticos, máis cedo ou máis tarde, sempre acaban decepcionando.

Anónimo dixo...

Muy de acuerdo con tu articulo. Trabajo en un medio con una ideologia q no es la mia. No me queda otra que callarme mis verdaderas opiniones por temor a un despido. Gracias por decir bien claro lo que muchas pensamos aunque no podemos decir por razones obvias

Carlos dixo...

O poder da información. O que controle a información pode mover ás masas ó seu favor. O noso monarca xa lles dixo hai un tempo a este sector, que usen a informacion con responsabilidade. Pois o que eles digan pode incidir e incide no pensamento do lector. Cantas veces temos visto que alguns periodicos se dedican a entorpecer a labor xudicial ou policial para poder vender mais periodicos. Cantas veces os políticos tentan manter a súa imaxe impoluta controlando que na prensa, radio ou televisión non se fale mal deles. Cantas veces unha imaxe sacada de contexto pode facer de un home un deus ou de un deus un home. Por eso, cando leo unha noticia, gustame contrastala con outros medios ou polo menos tentar analizala dende un punto o mais aproximado á independencia. Moitisima xente cree que todo é verdade no que sae na prensa. Por eso é importantisimo que os directores dos xornais e periodistas sexan responsables ante o que escriben. Por desgracia, vemos que é moi dificil encontrar unha prensa independiente. Temos xornais de dereitas, outros de esquerdas outros do Barcelona e outros do Real Madrid, etc, etc. Unha das nosas bases democráticas é a liberdade de prensa. Pero ¿que facer cando dependen de outros poderes, como nalguns casos os politicos? Vivimos nun mundo de intereses. Voto en falta xornais, radios e televisión con información solamente obxetiva. Así eu podería pensar o que interpreto en cada noticia

sonia dixo...

Estou dacordo con todos....
¿Somos libres? Penso que todo é moi relativo, pois estamos suxeitos a tantas ataduras, quizá creanas por nós mesmos ou impostas por unha sociedade polas que nos deixamos levar. O que ocorre no ámbito na comunicación, ocorre en moitos máis ámbitos da vida dunha persoa.......dende a sociedade onde vive, a cultura, a ideoloxía que viviches dende pequeno, a hipoteca, o abuso do poder................triste ou non triste esta é a realidade, podemos enfrentarnos a ela ou seguir o ritmo e intentar dende as nosas perspectivas buscar esos intres de felicidade...
Xa sei, doume conta que fun moito máis ala do artigo, aspectos que non teñen relación e si a teñen, todo depende...........
Bo día a todos.

migramundo dixo...

Tes razón, Julio, e todo se reduce a intereses alleos aos dos lectores, a subvencións e axudas públicas que tiñan que estar prohibidas ou, cando menos, renunciar a elas se se quere ser verdadeiramente independiente. Saúdos.