venres, 4 de febreiro de 2011

** O olmo de Alvariño


COMPOSTELA. Alvariño
Colaborador de A Lareira Máxica


Como norma xeral, non se lle poden pedir peras ó olmo. Este caso é aínda peor, estou perante un olmo seco. E tempo perdido, nin o olmo vai revivir esta primavera nin das súas ramas van colgar nunca peras. Da un chisco de sombra, unha sombra cativa porque non ten moito follaxe. A verdade, case é un risco arrimarse a el, pode desplomarse en calquera instante e caerme enriba. As árbores carcomidas son un perigo. Ós pes do olmo hai un formigueiro. Teño entendido que a picadura dunha formiga non é perigosa, o que non coñezo son os efectos da picadura simultánea de todas as formigas dun formigueiro. Iso sí que teñen que ser palabras maiores, xa se sabe, na unión está a forza. Vou liscar deste sitio, agora que me fixo o olmo ten un buraco no tronco, inda pode saír del unha víbora. Definitivamente, o olmo está sentenciado. Teño que avisar a Juanjito para que traia a motoserra e o corte. Acabouse, non hai máis oportunidades, que este é o meu xardín e non o Corte Inglés.

Así me gusta, xa está ben de titubeos. Teño que madurar dunha vez e facerme un fulano duro, si, iso é. Quero ser unha especie de Clint Eastwood. Terei que facer as adaptacións pertinentes, claro, que non é mesmo andar polo mundo de Harry El Sucio que vender pavimentos e sanitarios, sobre todo agora, en plena recesión do sector da construción. Aínda que, pensándoo ben, o do marketing é algo parecido o festival de Eurovisión. Nunca se sabe con certeza o que vai a funcionar. O mundo é raro, as masas son raras, e a opinión pública imprevisible. Síntome ben, non hai nada máis terapéutico que podar no xardín. Se non tendes xardín probade co ficus do salón. Xa me contaredes.

Firmado : Alva

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Un gran pracer voltar a ler un dos teus relatos ambientados nas cousas da vida.

Saúdos máxicos
Carpe Diem

Mariam dixo...

Dígoche o mesmo, Alva. Gústanme as túas historias da vida mesma. ¡Saúdos!

Iria Veterinaria dixo...

Será que son nova nisto da Blogosfera, e que non acostumo visitar moitos blogs (apesares de escribir un), pero o teu e o primeiro que atopo escrito en Galego e é un pracer.

Eu mesma penso amiúdo que debería escribir o meu na miña lingua, pero algúns dos mais fieis lectores non son galegos e tamén me gusta que todo o mundo poda entender o que poño.

Un saúdo, e noraboa polo blog.

Peripecias y extravagancias de una Veterinaria:
iriabellas.blogspot.com

Julio Torres dixo...

Benvida ó blog de A Lareira Máxica. Alégrome moito que che guste. Agardo que nos visites máis veces. E tamén te convido a deixar comentarios ou enviarnos algún artigo en gallego ou en castellano.

O de escribir en galego pois a min gústame, pero tamén cadaquén que participa nesta bitácora pode usar o galego ou o castellano.

Tamén che desexo moita sorte na túa profesión de veterinaria que hai uns meses acabar de estrear. E noraboa polo teu blog. Aínda teño grabado as imaxes dos ourizos pequenos que colgastes. Impresionantes fotos.

Un saúdo e esperámoste de novo (non é ningún cumprido, é un desexo).

O Moucho dixo...

Hola Iria. Me ha gustado muchisimo tu blog, puede que me enganche a verlo. Sobre todo me ha enternecido esa foto de las crias de erizo, un animal que siempre he admirado. Tienes una profesión enriquecedora. Solo echo en falta un espacio para dejar los comentarios de tus visitantes para comentar las fotos y textos que escribes. En cuanto al idioma, no es ninguna preocupación. El castellano está muy bien. ¿Acaso no vivimos en una sociedad multicultural? No hay que ser inmaduro para andar a cerrarnos con que tiene que ser un idioma u otro. Eso solo cierra puertas. ¿Y porque no escribirlo en uno de los idiomas mas hablados y extendidos por todo el planeta? Por mi parte sigue así.
Alba, alegrome que volvas a escribir. Espero que sigas repetindo para seguir alentando esta fogueira que temos entre todos en A Lareira Máxica. Confeso que para min sempre teras algo de misterio. jejeje. Un saudo a tod@s