** Oda ó 2011. Reflexións en voz alta para un novo ano
SANXENXO.Julio Torres
Tódolos anos por esta época adoito escribir un artigo co gallo do nacemento dun ano novo. Os que seguides o blog habitualmente lembrarades a Oda ó number one que redactei hai xa catro anos. Segue sendo aplicable.
Con todo, sempre se poden engadir varios desexos e propósitos. Iso sí, hai que querer levalos adiante. De nada vale pronuncialos so para quedar ben, como se o que falara fose o típico político que promete e que logo -por desgracia- case nunca cumpre co cometido ensalzado.
Este ano vou falar de peticións. ¿Que pedir para 2011?. Loxicamente sempre o de saúde, amor e cartos (máis nesta época de crise inducida por especularicos). Pero ¿qué outras cousas?. Eu solicitaría, entre outras moitas, unhas cantas cousas (a lista podedes completala porque está, por suposto, moi incompleta):
- Que os políticos deixaran de pensar so en eles e pensaran, de verdade, nas persoas administradas. Que se deixaran de demagoxia e falsas promesas. Que fosen honest@s e non pensaran tanto na súa conta bancaria e no poder a toda costa como nas nas necesidades da xente. HONESTIDADE POLÍTICA.
- Que haxa máis traballo e menos despidos oportunistas con isto da crise. Que non se aplauda o despido cuasi que libre.
- Que os bancos deixen de pensar en gañar cartos e os seus directivos non se xubilen cobrando pensión multimillonarias e indecentes.
- Que os precios dos carburantes paren de subir dunha vez influidos polo fenómeno especulativo, apoiados polo goberno de turno e que nada favorece a saída da crise e sí o endebedamento das familias.
- Que tódalas persoas do mundo teñan os mesmos dereitos e que se defenda a paz. Non so en Irak e Afganistán, senón tamén en Israel e Palestina ou Marruecos-Pobo Saharui. Nada de intereses de por medio. E nada de países ou pobos de primeira e outros de segunda (entre eles os casos do Pobo Saharaui e o de Palestina, que ós países ricos non lles interesa resolver ó non media petróleo de por medio...).
- Que as televisións deixen de poñer telelixo. O de Gran Hermano 24 horas xa é a gota que colma o vaso. Non me vale de que poñemos o que a xente quere. Á xente tamén hai que educala. O que pasa é que interesa idiotizala...
- Que tamén as televisións paren de emitir programas provocación para os tempos que corren estilo "Mujeres Ricas"¿"Quién vive ahí?" e outros parecidos, mellor que mellor.
- Que os televidentes deixen xa de ver tele-realities estilo Gran Hermano. Que as audiencias deste tipo de programas baixen escandalosamente neste 2011 (ollo, que xa van case 11 de que se introduciu en España este tipo de programas da man, precisamente, de GH).
E podería seguir e seguir, pero prefiro que o fagades vós. Iso sí: ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Basta xa de que se lle tome o pelo ó/á cidadán de a pé!!!!!!!!!!!!!!!
FELIZ 2011 Á TOD@S
4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Julio, gústame máis o tono da Oda ó number 1. É que che saira moi ben. O que escribiches hoxe tamén me gusta pero tocas temas moi serios y pides imposibles. A ver, honestidade e política son dúas palabras díficiles de emparellar, o tele-lixo existe porque á determinada xente lle gusta, o egoísmo dos especuladores é un mal que ten difícil cura, o dos mesmos dereitos en todo o mundo é, a día de hoxe, utopía pura. Pides cousas imposibles, amigo.
Por pedir, eu tamén me pido que o venres me toque o cuponazo.
O de educar á xente fíxome especial gracia. Eu podería intentalo con un par de veciñas trogloditas que teño. Se non volvo por aquí xa podedes imaxinar o que me pasou...
Agora que o penso, ¿só teño un par de veciñas trogloditas? Creo que non, teño máis e que estas dúas son rematadamente trogloditas, só lles falta chamarse Pedra e Pabla. Pois, as trogloditas retiráronme o saúdo, ¡teño un traaaauma!
¡Saúdos!
Xa o sei, amiga Mariam e estou totalmente dacordo co que escribes!!!!
Son case que utopías sobre as que reflexiono. Sí.Pero é que xa é hora de haxa, cando menos, algún mínimo cambio. Algún. Falta compromiso, sobre todo en temas serios.
Aínda que calquera día é bo para empezar, o inicio dun ano novo tamén é unha boa época. E así, de paso, deixamos de facer os mesmos propósitos de tódolos anos. Propósitos que, aínda que menos serios, en moitos casos antóllanse medias utopías. Entón, xa postos, pois pedir por outras cousas algo máis serias. Claro que, ó igual que as outras, a mera intención tampouco é suficiente.
Quizás o artigo sexa máis unha reflexión en alto que outra cousa, pero tiña ganas de expresalo.
Hola a todos. Xa parece que pasou un ano desde que non nos vemos. jeje. Mariam ten razon en que son peticións moi esixentes. Incluso irealizables. Pero ó fin e o cabo é o que pensa todo o mundo. De vez en cando conven recordar a todos estas cousas e poñer os puntos sobre as is. O unico que si podo asegurar, e perdona Julio si son moi critico ó igual que Mariam, é que é demasiado agresivo este articulo para ser un comenzo de ano. Sin embargo apoiote nas tuas ideas ou desexos. Ainda que algunhas ideas sexan utopicas, gustame que se alente á xente para que sexa mellor e non tomen exemplo do pasado. Feliz 2011
Está ben, exprésate canto queiras que para eso tes un blog. Eu, e supoño que todos os seguidores da Lareira Máxica, estamos encantados de leer as túas reflexións.
A verdade, neste mundo tan gris e tan uniforme, fan moita falta as voces discordantes.
¡Saúdos!
Publicar un comentario