** Balón de ouro 2010: elección errada e non xusta
SANXENXO. Julio Torres
Leo Messi foi galardonado hoxe co Balón de Ouro do fútbol. Á votación final chegaron outros dous xogadores do F.C.Barcelona, os españoles Andrés Iniesta e Xavi. Se ben calquera dos tres se merecían con creces gañalo, coido que as persoas do mundo do fútbol que votaron por Messi non foron xustas este ano. A explicación é sinxela: os tres xogaron moi ben (e sí eran os xustos finalistas a conquerir o Balon de Ouro), pero algo a favor de Xavi e de Iniesta era o feito de que Messi disputou un mal Mundial con Arxentina (Leo a nivel individual e o equipo a nivel colectivo), namentres que eles dous conqueriron o Mundial con España, xogando ambos moi ben. Andrés Iniesta e Xavi son dúas pezas fundamentales tanto do Barcelona (ó igual que Messi) como en España. Vou incluso máis alá.; tendo en conta que Iniesta estivo varias semanas lesionado e que Xavi demostrou ó longo da súa extensa traxectoria como futbolista que é un peza fundamental para facer xogar a un equipo, un servidor pensa que o xusto merecedor do galardón debera ter sido, nesta orde: Xavi, Iniesta e Messi.
En definitiva: este tipo de premios pon de manifesto que se valora máis o ser goleador que o ser a columna vertebral dun equipo (ou sexa o que fai funcionar o equipo). Tamén coido que o ser español debe despertar demasiada envexa a nivel internacional, pois non se explica que o único español que o recibira fora o galego Luis Suárez. Nin Raúl (que curiosamente sí foi goleador) nin outras estrelas o conseguiron. Queda demostrado que os premios moitas veces son un agasallo caprichosos que non recompensa o esforzo dos que máis o merecen, senón dos estranxeiros que máis venden. E as probas me remito. E triste que Leo Messi o reciba dous anos consecutivos, pero que non lle dean ningún nin a Xavi nin a Iniesta, cando sen eles, Messi non sería o mesmo no Barcelona. De feito, en Arxentina non están, e Leo Messi bótaos moi en falta. Un gran xogador non so é o que fai cousas increíbles e marca goles. Messi é un pedazo xogador, pero tamén hai que premiar a elaboración do xogo ou outras facetas do equipo se de verdade se quere ser xusto e premiar o seu esforzo. Este ano o xusto sería terllo dado o Balón de Ouro a Xavi (sobre todo) ou a Iniesta polas razóns antes apuntadas. Non digo que Messi non o merecera, senón que este ano o máis acertado sería terllo dado a un deses dous españoles, que sendo bos acadaron, ademais un título Mundial de Fútbol a nivel de selección e por riba xogando ben tanto eles como España. Se este ano non llo deron o Balón de Ouro a Xavi (que xa ten 30 anos) ou a Iniesta xa nunca máis llo darán. Un Mundial de Fútbol non se gaña tódolos días...
O trofeo ou galardón do Balón de Ouro seguirá sendo un trofeo excesivamente caprichoso -coma moitos outros claro está- que so busca premiar a figuras internacionais en vez de recompensar o esforzo e méritos doutros futbolistas tamén de moitísima calidade, pero sen o cliché de súper estrelas do merchandising...
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Os franceses nos odian
Publicar un comentario