** O F.C.Barcelona gaña a Euroliga de baloncesto
SAN XENXO. Julio Torres
O F.C. Barcelona alzouse hoxe co título 2009-2010 da Euroliga de baloncesto (o equivalente á Champions League de Fútbol). É a segunda que consigue, logo da conquistada na tempada 2002-2003 polo equipo que daquela adestraba Pesic e do que hoxe so queda Navarro. Este curso, e co título da Euroliga, o conxunto azulgrana suma xa o seu terceiro título: primeiro xa foi a Supercopa de España e logo a Copa do Rei. So lle resta facerse coa Liga -tarefa nada sinxela a pesar do abrumador dominio amosado- para acadar os catro títulos posibles.
Os éxitos da sección de baloncesto véñense a sumar ó conseguido pola sección de fútbol, da man de Pep Guardiola e hai, asemade, varios puntos en común compo exemplo: un equipo que xoga como tal (ten moitas figuras que antepoñen o xogar en equipo ó individualismo), o ben que se levan entre eles, que se traduce nun gran ambiente, o gran xogo que despregan e un ano cheo de títulos.
Dos 13 compoñente do actual plantel, seis son españoles (Ricky Rubio, Juan Carlos Navarro, Roger Grimau -o capitán-, o galego Fran Vázquez, Víctor Sada e Jordi Trías), ós que hai que sumar os 7 xogadores foráneos (Lorbek, Mckeal, Morris, Basile, Lakovic, Ndong e Barton). Mención especial para o seu técnico: Xavi Pascual que, con 37 anos, se convirteu no adestrador máis xoven en conquistar unha Euroliga de baloncesto. ¡¡E é español!!
Destacar a conexión existente entre varios futbolistas do Barcelona cos seus compañeiros de baloncesto, feito que se reflectiu na final de onte fronte ó Olimpiakos (o outro grande de Europa) no que estiveron presentes Navarro, Puyol, Piqué e Bojan.
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Son alleo a todo iso do deporte...sei que é un pouco asocial...pero dáme igual..o deporte paréceme algo cerril cando é a escada destas cousas- Saúdos e apertas
¿E que é latri.ca? Por favor, explícanos que é iso. Un saúdo e gracias pola túa visita.
Carpe Diem
Publicar un comentario