** Un ano sen Mario Benedetti: sentido recordo de A.L.M.
SAN XENXO. Julio Torres
Hai un ano morría dicíanos para sempre adeus fisicamente Mario Benedetti. Un 17 de Maio, un Día das Letras Galegas (no 2010 adicado a Uxío Novoneyra, o poeta do Courel)coma hoxe, triste coincidencia pois é unha data especial e tremendamente importante para tódolos galegos. Benedetti foi un dos escritores máis admirados por moita xente, entre eles un servidor. O mago das palabras, un poeta, un contador de historias con sabias moralexas. En definitiva: un auténtico xenio da pluma e unha gran persoa. Un uruguayo universal. A súa extensa obra perdurará, pero a súa perda foi e seguirá sendo moi sentida. En A Lareira Máxica témoslle adicado moitas frases máxicas e recunchos literarios á súa obra e ó seu legado. Seguirémolo facendo porque a máis dun e dunha nos gusta. Hoxe quixera lembralo co seguinte vídeo. Agardo que vos guste.
4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Bravo, Julio. Acordacheste tamen de outro gran referente das letras (ainda que non sexan galegas). Lastima que sexa para recordar o día da súa morte. De calquer xeito, acertaches ó recordalo, a pesar de ser o día das Letras Galegas. Estas atento a todo.
Xo o dixo a mestre Benedetti:
"Después de todo la muerte es sólo un síntoma de que hubo vida."
Hoxe fai un ano que nos deixo pero ainda vive en nos.
Bicos meigos e carpe diem
A súa obra xa o convirteu nunha persoa inmortal. Ninguén morre de todo mentras é recordado. Os poemas de Mario Benedetti son tan fermosos que é imposible olvidalos. Hoxe, eu descubrín "Táctica e estratexia". Gustaronme moita as tácticas e tamén a estratexia.
Me encantó el recordatorio a Mario Benedetti,al cual quiero muchisimo por la compañia que me ha hecho desde que lo descubrí una tarde en la sección de libros de Simago en Santiago hace ya muchos años, comopartiendo sentimientos, que él también supo reflejar con sus palabras.Ojala allá donde esté se encuentro bien y gracias por su gran legado y regalo a la humanidad
Publicar un comentario