luns, 11 de agosto de 2008

** RadioVoz Vigo: 10 anos antes. Un artigo moi entrañable

Os comentarios completos deste artigo hai que lelos na sección de comentarios destoutro enlace

Mes de xulio. Era cedo. Demasiado quizais. O día aínda non amencera pero alí me atopaba naquel autobús que me conduciría de Sanxenxo a Pontevedra. Tras coller o tren TRD chegaría a Vigo. Xa na cidade olívica a rúa Alfonso XII (¿ou XIII? -sempre as confundo-) veríame baixar por ela mañán tras mañán durante uns meses. Sempre a mesma rutina. Un día tras outro.

Logo de deixar á esquerda a Igrexa de Santiago de Vigo, torcería á dereita para encarar a rúa García Barbón, tan grande ela. Minutos despois, fin de traxecto: 104 baixo do Edificio Vista Alegre. No “escaparate” daquela entrepranta asomaban xornais e demais publicidade do grupo multimedia. Uns metros máis arriba uns altavoces permitían ós viandantes escoitar a radio en directo. A radio que se facía uns metros máis adentro. Naquel intre, a casualidade apropiouse da miña chegada. Escoitouse: Radio Voz Vigo. 101´9 F.M (que anos máis tarde mudaría ó 103,8 F.M. actual). “Sin Voz no hay Radio”. Non había dúbida aquél era o lugar onde traballaría. Xa chegara a RadioVoz, á radio onde realizaría as miñas prácticas de xornalismo nos informativos e no magazine desta cadea do Grupo Voz.



Hoxe, 10 anos despois, o que escribe non pode deixar de lembrar aquela experiencia. Polo positivo do recordo. Podía pensar no traballo duro que é a radio coas súas présas e agobios ou o feito de que foron unhas prácticas sen remunerar e que so me depararon moitos gastos, pero isto pasa a un terceiro plano. O que un servidor lembra é todo o que aprendín alí e o feito de dar cuns compañeiros de traballo xóvenes que conectamos ben. Un bo equipo. O tempo pasa pero os bos momentos vividos e a amizade perduran. Divino tesouro a amizade.


Sei que vos levo dando a lata hai bastantes días co tema do artigo entrañable, pero é que un non pode olvidar unha efeméride tan especial como ésta. Contrasentidos da vida. En setembro do 98, Iñigo Elvira máis eu tiñamos unha sección do magazine “Voces de Vigo” (9:20-12:00) no que nos adicabamos a lembrar noticias recollidas no xornal “La Voz de Galicia” que aconteceran 10 anos antes: en 1988. Na hemeroteca do Grupo Voz puiden ler cousas que pasaran no 88: O Celta de Maguregui, o secuestro de Emiliano Revilla e tantas outras, incluidos os concertos de Mecano. Hoxe, 10 anos despois estou recordando o que pasou precisamente nese ano, en 1998. Chegados a este punto é obrigado dicir: ¡¡ Qué RÁPIDO pasa o tempo !!. ¿A que sí amigo Iñigo?.



Toca acordarse da xente. Hai que ser agradecido. Lémbrome de toda a xnte coa que compartín redacción (os da radio eramos poucos en comparación cos compañeiros de “La Voz de Galicia”, pero algúns máis que os veciños de “Atlas Vigo”), pero mención especial merecen cos que traballei máis cóbado con cóbado: Iñigo Elvira (sobre todo), Santi Tejedo, Raquel Sánchez, Roberto Redrado ou os técnicos de sonido Diego Barros, Diego García, Ángel Mosquera (pedazo de voz a de Ángel, o home-anuncio) e Tania Rodríguez. Con todo, había máis persoas que, aínda sen traballar con ela, compartimos momentos de conversa: desde a limpadora, Emilia (se non me falla a memoria), que era unha das primeiras en chegar ata, ata @s de administración (os que me pagaban os desprazamentos para cubrir as novas) ou os gardas de seguridade –algún máis simpático e atento que outros-. A todos e todas grazas.


Pasemos a falar dos compañeiros cos que traballei a miúdo na miña estadía en RadioVoz Vigo.


Con Santi Tejedo compartín excelentes momentos no seu Voces de Vigo. El sempre bromista, cheo de humor e cun sorriso na súa faciana, á par que metódico no seu traballo. Unha persoa entregada. Aquelas seccións de “El Club de Fans” ou “En el Disparadero” no que resaltabamos a algo ou alguén por algo bo ou por algo malo, respectivamente. Lembro de igual xeito as conversas que Santi mantiña co ecoloxista Antón Lois ou co taxista Ramón Blanco.


Con Iñigo Elvira traballei nos servizos informativos e tamén, como xa dixen, o magazine de “Voces” cando Santi estivo de vacacións. Persoa moi, pero que moi traballadora era o primeiro en chegar á emisora para presentar o primeiro informativo da mañá en Vigo: o das 8:20. Ése é Iñigo: un currante nato. Hoxe traballa de xornalista en Madrid. Por certo, Iñigo, aínda me acordo daquela sorpresa agradable que me déstedes o día do meu cumpreanos ti, Caty Mosquera e Diego García. Grazas por aquel agasallo virtual.



Con Roberto Redrado, este amigo navarro compañeiro de deportes, tiven a oportunidade de presenciar partidos do Celta contra o Benfica, a Fiorentina e o Compostela. Asistimos a eclosión e nacemento dunha estrela: Claude Makelele, e dun eurocelta: o adestrado por Víctor Fernández e no que brilarían Caballero, Míchel Salgado, Mostovoi, Karpin, Gustavo López, Mazinho,... O Arges Pitesti rumano sería a súa primeira víctima. Aquel Celta rianxeiro...


Con Raquel Sánchez estiven na miña última etapa en RadioVoz, tamén dentro de “Voces de Vigo”, logo da marcha de Santi Tejedo. Aínda que non foron moitos programas os que traballei con ela, tamén foi unha experiencia profesional moi gratificante e intensa realizando entrevistas, enquisas e levando adiante a produción e redación do magazine, como xa antes fixera con Iñigo e Santi no mesmo espacio. Raquel, outra gran xornalista, como o resto daquel xove grupo.


Cos técnicos de sonido compartimos moitos momentos e présas porque na radio todo, ou case todo, se vive á présa. É a inmediatez e ás veces andamos escasos de tempo para editar cortes e grabar cousas para emitir. Traballei con catro: Ángel Mosquera (gran voz, escoitade a súa voz no corte que ven a continuación), Diego Barros, Diego García e Tania Rodríguez.


A todas e todos grazas pola vosa axuda, paciencia e comprensión con aquel traballador en prácticas. Xente moi simpática, agradable e atenta.


Estes foron os compañeiros cos que máis traballei pero houbo outr@s cos que tamén coincidín, e nalgúns casos traballei puntualmente: as compañeiras de prácticas Arancha Abad, Caty Mosquera ou Teresa Egerique, amais de Antonio Varela (aquel portugués que presentaba un espazo de música e charla cos oíntes nas tardes de RadioVoz Vigo), Antonio Saborido (informativos deportivos), o paiaso Popín (colaborador do magazine) ou Concha Gómez (informativos), entre outr@s. Un saúdo a eles, ó director daquela, José Luis Pando, e a tod@s dos que me poida olvidar agora.


En 10 anos a vida cambiou moito. E xa non me refiro ao elevado prezo do petróleo –que tamén-. Moitos casados/as e con fillos/as. Coido que agás Antonio Saborido (Deportes), xa non queda ningún dos antigos compañeiros en RadioVoz. A vida mesma e os exigüos soldos que florecen na meirande parte (sendo bo) dos medios de comunicación. Hai cousas que 10 a nos despois, en troques, non cambian no panorama xornalístico a nivel estatal.


Poucos raballan xa no xornalismo. Menos aínda son as persoas fan da radio o seu medio de vida: a xornalista Raquel Sánchez presenta o magazine “Vigo en la Onda”, en Onda Cero Vigo, emisora na que tamén traballan agora os técnicos de sonido Ángel Mosquera e Diego García. O resto deixou a radio e traballan dentro do mundo do xornalismo noutras cidades ou ben optaron por outras profesións que lles reporten máis estabilidade laboral e, sobre todo, máis ingresos, coma é o caso meu e de máis ex-compañeiros/as.


No que respecta a min, ougallá algún día poida colaborar con algún medio de comunicación, pero teño moi claro que sería sempre compatibilizándoo coa miña outra profesión. A actual, a que me dá de comer, a social, aquela para a que tamén estudiei e na que levo traballando desde hai moitos anos, tras a miña etapa como xornalista de prensa e radio, dous medios que me encantan e dos que son asiduo consumidor. É unha mágoa o ter que deixar de lado o xornalismo para poder vivir. Estou completamente seguro que tod@s aqueles cos que traballei son persoas moi preparadas e moi, pero que moi, válidas en calquera rama dos medios de comunicación. Traballadores e boas persoas. Digo máis: voces moi boas para a radio.


Xa pasaron 10 anos daquela experiencia radiofónica, pero os bos momentos permanecen e a amizade de moit@s non se borra. Grazas!!!. Por certo: ¿sen voz hai radio? A resposta parece evidente...


Mónica Naranjo (1998): “Vivo en libertad”

.......................................................................................................................

P.D.: Os fragmentos radiofónicos que ilustran este macroartigo son algúns dos que teño grabados de magazines ou informativos nos que traballei. Cómpre dicir que nalgúns cortes radiofónicos a calidade técnica deixar moito que desexar, pero son alleos á miña vontade. Mágoa que non teña máis grabacións das que un desexara.


UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres Coordinador de A Lareira Máxica

12 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Julio: el tiempo no corre sino vuela. Te felicito por el reportaje con el que nos ilustras ese recuerdo tuyo.
Solo una preguntita: ¿Cual de las voces eres tu?

Anónimo dixo...

Este artigo destila gotiñas de nostalxia, naquela época o futuro inda estaba por escribirse. Foi unha mágoa que esta experiencia radiofónica non tivera continuidade, mais, agora, inda estás a tempo. Non digo de cambiar de profesión, senón de compatibilizar ambas. Unha cousa, ¿en Sanxenxo non tendes radio local? Dígoo porque podía ser unha alternativa interesante para matar o “gusanillo”. Pagar non pagarán moito pero..., a sensación de falar diante dun micro e oirte polos cascos é moi especial. Para min, é un dos mellores recordos que conservo do meu catastrófico paso pola facultade de xornalismo. A radio ten algo de máxico que te cautiva e te atrapa para sempre, e os soños, xa se sabe, hai que perseguilos.

Anónimo dixo...

Hay cousas que nunca se olvidan.

Anónimo dixo...

Qual das vozes é o vosso? Parece-me que és um grande amante da rádio. Tamem gosto muito. Tens um blog muito agradável e mantido. Felitações

Anónimo dixo...

Amigo Julio, por un pelo, só por un pelo, falto eu nese relatorio de persoas coas que compartiches a experiencia de Radio Voz. Eu fun quen tivo a honra de contratar -ben orgulloso me sinto- a Íñigo Elvira; Raquel substituime a min cando, canso e farto por cousas da vida, decidín reincorporarme ao xornal do que nunca debín saír.Ramón Blanco tamén era o meu taxista... Pero os teus recordos de toda esa xente coa que traballei son tan frescos e semellantes aos meus que, a verdade, grazas ao teu relato tiven unha bonita regresión. Estouche agradecido por iso, e deixo no meu blog o meu agradecemento. Unha aperta.

Julio Torres dixo...

Sempre é un alegría a de atopar comentarios nos artigos e neste en particular. Sen os comentarios dun blog, o blog sería so un diario de a bordo, pechado e unidireccional, sen posiblidade de retoalimentación. Gracias a tod@s aqueles que bos tomades a molestida de facer algún comentario.

Rosa: Sí, efectivamente o tempo pasa e pasa moi moi moi moi rápido. Ougallá pasase máis lento, pero pasase claro. ¿Cal é a miña voz? Ningunha, non aparece a posta porque considero que a reportaxe é adicada á xente coa que máis traballei na radio e cos que compartín bos e malos momentos. Especialmente adicado ós que resalto no texto e dos que poño cortes da súa voz. Falar de min, sería pecar de soberbia, e non o son.

Amiga Mariam: o teu paso pola facultade de xornalismo non foi catastrófico. Teríao sido non ter pasado porque desa maneira casi seguro non te tería coñecido, e creme, persoas coma ti non se poden olvidar. Os bos e boas amigas non se olvidan nunca. Así pasen séculos.
Sobre o da radio en Sanxenxo, non temos radio municipal. Somos un concello con moitísmio presuposto ano sí e ano tamén pero co que cobran os seus concellais (ver prensa ou buscar en google) non chegan os cartos. Non me estraña. E ata aquí podo ler, que non é un blog de política. Ougallá un día haxa radio en Sanxenxo e sería o summun compatibilizar as dúas miñas profesións. Fíxate que os cartos na profesion de xornalista non sería problema no meu caso, ó ter outro traballo.

Amigo Toupeiro: O bo e as boas persoas e amigos nunca se olvidan. Os cortes radiofónicos son, precisamente, o da xente coa que compartín máis momentos. Ademais, tod@s eles teñen un denominador comúns: a súa gran amizade.

Anabella: Sí, a radio gústame moito moito moito. Casi que non se nota. Ougallá algún día teña a oportunidade de colaborar con algunha.

Amigo Nacho Mirás: casualidade da vida!!! Mágoa non ter traballado contigo. Abofé terías saído neste artigo. Alégrome que ti foses o que contratases a Iñigo (o meu tutor de prácticas, por certo). A parte de un amigo 10, é un profesional e un currante nato, un 10 para el. Agora está en Madrid, pero a pesar da distancia seguimos mantendo contacto porque, como levo dito, os bos amigos e amigas non se poden olvidar.

Sobre o de estarme agradecido, alégrome moito, sobre todo vindo dun gran xornalista coma ti. Por certo, gracias polo artigo que me adicas no teu blog e que está relacionado coas lembranzas de persoas ó cabo dos anos. Toda unha sorpresa e unha alegría que mo adicarás. GRACIAS. Aínda que a temática do artigo non teña que ver conmigo, é como se o meu escritor favorito me dedicara un dos seus libros. Supoño que o tema da lembranza que evoco no meu artigo tivo moito que ver para elaborar o teu, tinquido da túa arte literaria.

En relación ós recordos que temos da Radio pois polo que vexo son similares porque case coincidimos en RadioVoz, so uns meses o impediron. Os cortes que colguei no blog pretenden refrescar a memoria colectivas dos que neles saen e, porqué non, dalgún oínte que nos puidera ter escoitado naquel 1998.

Anónimo dixo...

Ya quisiera tener un compañero de trabajo que se acordase de mi 10 años después, como has hecho tú. La gente es muy suya y cada vez menos solidaria y más egoísta. Me pido un compañero como tú!

Anónimo dixo...

Lémbrame o discurso de Pedro Almodóvar nos Oscars. Incluso te lembraste da limpadora. Felicítote por elo.

Anónimo dixo...

¡Excelente artigo! A propósito, ter incluído algún corte propio non creo que fose soberbia nin autobombo. Ó contrario, a min pareceríame unha maneira máis de achegarte ós seguidores do teu blog, de dar a coñecer outra faceta da túa personalidade. Non hai nada de malo en rescatar a túa voz e deixala voar polo mundo mundial. Nótase que me quedei con gañas de escoitarte, ¿non?

banderas dixo...

Mira ti por onde a vida está chea de sorpresas. Na actualidade vivo a carón do edificio Vista Alegre e paso día sí día tamén por diante la porta principal a botarlle un ollo ás portadas das diversas edición da Voz. Case non me lembraba de que ata hai ben pouco había uns altofalantes onde se escoitaba a radio en directo... é certo.

O amigo e coñecido blogger Eifonso Lagares traballa en administración da Voz, e tamén coñezo a Carlos Punzón (fillo dun compañeiro do meu pai e ex-compañeiro de instituto meu) e Nacho Mirás (tanto él como o seu irmán maior estudiaron a EXB no colexio no que estudei eu).

O dito... que o mundo é un gardanapo.

Sobre o post, decir que me encanta a radio pero non soporto os comerciais, así que intento esquivalos oindo emisoras coa menor publicidade posible. Alguén comentaba o alucinante da sensación de falar por un micro e escoitarse polos cascos... dou fe, ainda que sexa de xeito afeccionado, xa que durante os meus estudos universitarios en Compostela vivín no Burgo das Nacións e tiven un programiña nocturno na emisora pirata "Radio Calimero" no 108,0 do dial... toda unha experiencia que non esquecerei endexamáis.

Saúdos ;-)

Julio Torres dixo...

Antes de nada moitas gracias a tod@s polos vosos comentarios. Sempre é unha tremenda alegría recibilos!!!

Anónimo: Gracias, pero tampouco será para tanto. Por certo, non firmedes como anónimo soa moi impersoal. Podedes poñer un seudónimo cando menos que sempre é algo máis "persoal"


Pintxo: Sí, e que teño tendencia a escribir de máis. A ver se na nova temporada procuro facer post e comentarios máis curtos. Pero é que empezo a escribir e como aproveito que na actualidade non traballo nos medios de comunicación pois...Será o mono!!!


Alvariño: Home, xa había tempo que non te pasabas por este lar. Benvido de novo! Por certo, que se bota en falta a túa presencia coas túas historia do cotíán. ¿A miña voz? Tampouco é para tanto. Non a puxen nos cortes porque non soi moi bos os poucos cortes que teño. Pero quen sabe, ó mellor nun futuro súboa. Quen sabe.

Banderas: Antes de nada benvido a esta lareira máxica. Estiven vendo o teu blog é gustoume. Noraboa. Caray: si coñezo e moito o Burgo das Nacións, gran residencia na que tiven a oportunidade de estar na miña época universitaria. Fermosos tempos aqueles.

Sobre o de Eifonso pois non sabía eu ese dato. Visito con frecuencia o seu blog porque me gusta moito. Parece moi boa persoa. Sabía que traballaba nun medio de comunicación, pero non estaba seguro de en cal. Supoño que terei que coñecelo, pero non me soa ese nome. Os de admon de La Voz eran moi agradables. Incluso lle teño feito algunha entrevista para a radio a algunha en plan simpático para unha secciónq que tiñamos no "Voces de Vigo". Cousas da vida era unha entrevista pola rúa e daquela non a coñecía. Je, logo tomando café na máquina de café que había no aparcamento do edificio pois atopeima e díxome que traballaba alí. Je,je. O mundo é unha pañuelo como ti moi ben dis.

Se ó final incluso é posible que te coñeza de vista e todo.


Radio Calimero escoiteina. Houbo unha época que estivo na terceira pranta da fase c da Residencia Burgo das Nacións. A partir do 95 creo lembrar que se cambiou de lugar e emitíase nun piso. Todo o que é falar pola radio e escoitarse nela é maravillosa. Unha sensación indescriptible.

Un saúdo moi grande Banderas, e agardo que nos sigas visitando. Paso a enlazarte no meu blog, por certo.

Carpe Diem

Anónimo dixo...

felicidades polo artigo e por ser tan bo compañeiro.