domingo, 14 de julio de 2013

** Noite de verán


Acendíase a noite mentras se mergullaba o sol nas profundidades do mar e nel afogaba paseniñamente. A escasa distancia unha canción melodiosa emerxía dunha radio transmitindo enerxía positiva e boas sensacións. Estrelas no ceo. Calma. Noite de xullo. Boa temperatura. Compaña moi agradable. Máis lonxe moita xente, bastante ruído, innumerables coches, grandes colas. Pouco espacio. Namentres no ceo as estrelas baixaban á terra para facerse humanas por uns intres, pasear á beira do mar e bañarse, mais logo bulían para refrescar á lúa chea con pingas de auga. Inocente trasnada. Noite de verán. Conversa moi animada. Xiados e algún café. Música de fondo. Comodidade interactiva nun contorno natural.

.....................................................................................................................................
Julio Torres© 2013



2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alvariño dijo...

Moi bonito o texto e moi bonitas, tamén, as noites de verán.

Estrela de Xullo dijo...

Creo que é unha canción que lle acae moi ben ao texto, ou un texto que lle acae moi ben a esa canción.

Tamén penso que as estrelas foron moi afortunadas nesa noite de verán...