lunes, 29 de abril de 2013

** ¡¡Hoxe luns, por fin é xoves!!

Non me trabuquei. Esta semana é atípica, tanto que temos dous xoves e dous venres. Isto é o que pasa cando un mércores é festivo, como sucede estes días. O luns, hoxe, é un luns poseído polo espíritu do xoves, e o venres disfrazáse a principios de semana de martes, para logo, pasado o particular "miércoles de ceniza", voltar o xoves a vir en xoves e o venres en venres. Vamos que os lunes son menos luns vistos desta maneira. Incluso se podería afinar é dicir que nesta semana hai dous xoves, dous venres, un luns e un martes. Outro xeito de velo é dicir que esta semana non ten máis que luns e venres...Todo depende de cómo se vexa o vaso...Xa faltan menos para o mini-fin de semana de un día.


1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alva dijo...

Esta semana tamén estaremos de aniversario no blog. ¡Cómo pasa o tempo! Vou agora mesmo a ler o primeiro post.