domingo, 10 de marzo de 2013

** Ilusión...


SANXENXO #Julio Torres



"No me llames iluso porque tenga una ilusión", dicía a canción de La Cabra Mecánica. Seica que de ilusións non se vive. Discrepo en parte. Poida que non, pero axuda. Camiñar na vida sen ilusión/s é como naufragar no medio do cemento.

A ilusión é algo tan simple como complexo. É algo tan fácil como difícil de conquerir. ¿E ilusión por qué?

Ilusión agocha moitas palabras e sentimentos nunha soa verba. Ilusión por atopar traballo ou por ter un traballo mellor, por mercar un coche que tanto che gusta, por bicar a ese home/muller que tanto che gusta, por escoitar dicir un "quérote", por namorarte, por casarte, por ter fill@s e velos crecer, por tomar un café cos teus amig@s, por reencontrarte con amig@s que xa hai anos que non vías, por esa cena ou comida tan especial, por viaxar, por pasar unha velada en boa compañía, por ver o mar por primeira vez ou por velo logo de moitos meses, por disfrutar dese amencer ou dese anoitecer á beira dalguén especial, por disfrarte no carnaval, por acudir á boda do teu mellor amig@, por axudar desinteresadamente, por recibir un premio merecido, por ter entradas para ir ó concerto do teu cantante ou grupo de música favorito, por ir de cruceiro, por ir de acampada, por recibir esa chamada que tanto esperas, porque o teu equipo favorito gañe, por mercar unha prenda que tanto che gusta, por rir e que te fagan rir, por ter unha conversa animada e entretida, porque quitar unha foto cun famos@, por tomar as 12 uvas na fin de ano ou por saír despois, por ler un libro, por ver esa película que tanto che gusta, por escoitar o son dos paxaros,por estar en contacto coa natureza, porque O NOVO BLOGGER recupere todo o bo da anterior versión de blogger vixente ata mediados de 2012 (esta última é unha ilusión persoal que dificilmente se vai conquerir), ilusión por acadar cada día ter máis seguidores de A Lareira Máxica no facebook (outra ilusión persoal, neste caso feita realidade), ilusión por vivir e ilusión por .... tantas e tantas cousas coas que nos obsequia a vida. Moitas delas pequenas cousas que pasan á nosa beira sen sequera decatarnos da súa gran existencia.

A ilusión supón un estímulo e unha motivación á par que un desexo de algo novo ou agardado. A ilusión é un pequeno gran de felicidade agochado no lugar menos pensado, na persoa menos esperada, nun pequeno intre maravilloso. A ilusión nace dun e hai que regala a cotío, pois murcha se non a regas, o mesmo que a amizade. A ilusión ten vida propia. Vive no noso corazón e nas nosas mentes. A ilusión está aí, presente, agazapada, esperando a que chamemos por ela e que os dous xuntos bailemos acompasados unha canción italiana. A ilusión é eterna, a verdadeira ilusión non morre. A verdadeira ilusión é un desexo que se fai realidade pois a ilusión non é soamente que nos toque a lotería, senón ter momentos de felicidade. As ilusións poida que non sempre se cumpran, pero dan forza para vivir e procurar a felicidade polo que ...Non me chames iluso porque teña unha ilusión...

¿E vós qué pensades da ilusión? ¿Cal é a vosa ilusión?


.....................................................................................................................................

6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mary C.V. dijo...

Boas tardes de domingo. Cada día escribes mellor, que maravilla!!! Puxéchesme os pelos de punta, no bo sentido da expresión. A Ilisuión, con maiúscula é a que nos fai despertar cada día pola mañá desexando empezar un novo día cheos de enerxía, é o noso "motor de arranque", sen Ilusión non hai motivación, sen motivación, damos paso á indiferencia e ao aburrimento,... Síiii!!! Eu quero seguir sendo unha ILUSA, chea de ilusión polas cousas que faga, ainda que para outros poidan carecer de importancia, para un sempre será o maís importante porque son as que te fan sentir a gusto contigo mesmo. Felicidades polos máis de 100 seguidores!!!

Julio Torres dijo...

Alégrome Mary!!

Quero aproveitar para darche as gracias a ti e gracias a tódolas persoas que colaboran ou colaboraron nalgún momento co
con A Lareira Máxica, en especial ás que máis teñen colaborado, e gracias ós que comentan ou simplemente a len, que me consta que son bastantes.

Por todos e todas vós a ilusión de escribir e de seguir adiante con A Lareira Máxica fortalécese, aínda a pesar de que non poida actualizala tanto como antes, pero aínda que teña publicacións máis espaciadas, a ilusión daquel primeiro día (1 de maio de 2006) non decae, máis ben o contrario. Gracias

O Moucho dijo...

Ter ilusións é bo, sin duda. O ser humano precisa de ilusións, ou non podería seguir vivindo. Si non tes ilusións..., que farías neste mundo: Solo existir. Alegrame moito que este blog siga tendo seguidores. Ultimamente ando moi bago para poñer o meu diminuto granciño de area a esta Lareira. Pero é que non levo uns meses nada bos. Solo a ilusión de cambios permiteme seguir adiante. Pero eso xa é outra historia que non desexo profundizar nela. O importante é que esta Lareira siga alumenando a todos os seus seguidores. E tamen ó seu creador, claro. Que non perdamos as nosas ilusións nesta vida, que son ao fin e ao cabo é o noso motor que empuxa as nosas vidas.

toupeiro dijo...

A ilusión e un dos motores que moven o mundo, sin ela será difícil seguir adiante. A miña ilusión e ser feliz.
Espero que ti tamen o sexas.


Unha aperta.

Javier

Julio Torres dijo...

Toupeiro coincido nas túas verbas. Gracias e os mesmos desexos tanto para ti como para tódolos/as seguidores/as de A Lareira Máxica.

E noraboa por ese 6º cumpreanos do teu blog!!

Julio Torres dijo...

Moucho: efectivamente as ilusións axudan a mover o mundo. Unha persoa sin ilusión de ningún tipo máis case non sería persoa. Sempre temos que ter sonos e ilusións, aínda que ó mellor sexan difíciles ou non se cheguen a cumprir.

Un abrazo, amigo