venres, 6 de marzo de 2009

** O blog Im-pulso, víctima de ataques informáticos

Hai un intre conecteime a internet. Logo de revisar un pouco A Lareira Máxica, na Eira dos Blogs, fixeime no titular do blog de Félix Soria, que facía referencia a súa propia bitácora: "Titulares y textos de Im-pulso han sido manipulados". Félix escribe o seguinte: "Persona (o personas) desconocida y ajena a Im-Pulso ha accedido al blog y ha modificado titulares y textos de varias entradas. La acción ha sido detectada a las 15 horas de hoy.
He cambiado la clave de acceso y otros detalles vinculados a la seguridad, pero en tanto no repare los daños y recupere la confianza la bitácora permanecerá inactiva.
La práctica totalidad de las manipulaciones han sido realizadas en los post que versan sobre asuntos relacionados con el PP y sus dirigentes. Ignoro si el autor de las manipulaciones es alguien obsesionado con perjudicar a esa formación, o bien se trata de un fanático que está molesto por los contenidos y su objetivo es crear problemas donde nos los hay.
Ruego a mis amigos y amigas que militan en el PP o votan o simpatizan con esa opción --que los tengo y no son pocos-- que no se den por aludidos si ingresan en la copia manipulada de Im-Pulso.
Una vez digerido el trago y reparados los daños, espero recuperar las ganas de disfrutar del espacio de libertad de la Blogosfera.
Gracias a todas/os por estar ahí. "


O suceso paréceme dunha crueldade e baixeza terrible nunha sociedade que presume de ser democrática. Desde que coñecín o blog de Félix Soria chamoume moito a atención o coidadas que estaban as súas informacións e demostroume que aínda quedan xornalistas que tentan buscar a obxectividade para que logo cadaquén se forme a súa opinión ante determinados acontecementos. Non teño o gusto de coñecer a Félix, pero é plausible que nos tempos que corren haxa xornalistas que pretendan contextualizar as súas informacións "sen casarse con ninguén" como se soe dicir. Incluso manifesta e ofrece opinións que moita xente opina pero que ninguén se atreve a afirmar en público. É a miña impresión persoal.

Os ataques contra a liberdade de expresión (sempre que ésta cumpra os requisitos constitucionais) non son admisibles. Dáme igual de quen se trate e contra quen sexa o ataque. Hai que saber respetar, aínda que o que leamos, vexamos ou escoitemos non nos guste.

Dito todo isto, quero solidarizarme con Félix e brindarlle a miña colaboración para o que precise e lle poida axudar. Non hai que olvidar que o que hoxe lle pasou a el, mañán nos pode pasar a calquera outro blogger. Toquemos madeira.

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

A censura adaptouse a os novos tempos po lo que vexo.

Prefiero non dicir o que penso pois me sae o veneno po la boca...vou contar hasta 100 a ver si enfrio

Im-Pulso dixo...

Julio,
Recibín a túa mesaxe. Coido que co paso dos días farei o que sempre fixen cos canallas, esquecelos. Pola contra, NUNCA ESQUECÍN os nomes da boa xente.
Unha aperta moi forte, a miña blogue e a miña casa tamén son as túas.

Anónimo dixo...

Claro que Félix é deses bos xornalistas de que falas, un dos moitos, pero que se ven pouco porque os outros fan moito ruído e facémoslles demasiado caso. Unha aperta.

Julio Torres dixo...

Sí, como ben apuntas Toupeiro: a censura adaptouse ós novos tempos, lamentablemente.

Guillermo: Sin dúbida, Félix é un deses bos periodistas. Está claro que hai periodistas-estrela que deberían aprender doutros, quizás menos coñecidos, pero mellor xornalistas e que os deixan a anos luz no seu traballo. Porque ser bo non significa ser mediático. Iso non é o importante.
Debería recoñecerse a valía de moitos bos xornalistas que sen ser coñecidos, ou non tan coñecidos, demostran no día a día a súa gran valía.

Félix: Non hai peor desprecio nesta vida que non facer aprecio e coido que nós xa lles concedemos moito máis tempo a esta mala xente do que se merece.
O que che dixen: ánimo e adiante!!! A Lareira Máxica tamén é a túa casa. Xa o sabes.

Moitas gracias ós tres polos vosos comentarios