luns, 30 de marzo de 2009

** Que rabia da cando...!!! Folletos invasores

Que rabia da cando...!!! Cando chegas ó teu coche e, sorpresa sorpresa, atópastes con que o teu parabrisas foi pai. As súas transformadas en escobillas que case todo o limpan, refuxian no seu interior un vástago postizo de nome folleto, e de apelido: publicitario. A nai do fillo deixouno, como a outros, a cambio dunha paga monetaria...

Cando esta práctica do folleteo publicitario é frecuente un acaba por afartarse. Pasa outra cousa: que as veces daste de conta e retíralos, pero outras veces xa cando estás dentro do coche, co cinto posto, encendeste o motor e puxestes a primeira e vas arrancar, albiscas polo retrovisor un folleto asasino na luna traseira do vehículo.. Brrrr!! (sobre todo se chove). Ante isto último cómpre ter coidado, hai moito amigo do alleo que o fai a propósito para que cando te levantas a retiralo, aproveitar para levarche o coche, tendo en conta que as chaves están dentro e o conductor na súa parte traseira. A min, afortundadamente, nunca me pasou, pero teño recibido correos advertíndome desta técnica ladronil. Coidado. Mellor apagar o coche, coller as chaves e apearse do vehículo, ou marchar facendo publicidade e, máis tarde, retirar a publicidade "gratuita" da plataforma do teu coche.

¿E ti non tés ningunha cousa que che dé rabia? Desafógate en A Lareira Máxica. Envía o teu texto e queixa ó mail de alareiramaxica[arroba]gmail.com (no lugar de [arroba] poñer @). Gracias.



QUE RABIA DA CANDO...!!! FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

M@R dixo...

HOLA,,,
SALUDOS Y ABRAZOS,,,

Anónimo dixo...

Hola Julio,soy del blog desaparecido MEDITO-RADIO-TV te emplazo para seguirme en mi nuevo blog ÉXITOS POR DESCUBRIR que he estrenado hoy lunes 30.
Un saludo
Por cierto,la dirección:
http://exitospordescubrir.blogspot.com

Julio Torres dixo...

M@r canto tempo, muller!!!

Rubén: tomo noto do teu novo blog e non dubides que o visitarei. Un saúdo, amigo

sonia dixo...

Danme un pouco de rabia os folletos publicitarios no coche, pero non demasiado, excepto cando chove.

Pero o que máis rabia me da, son os mensaxes que chegan por e-mail para reenviar co obxectivo de salvar a alguén ou desexándote boa ou mala sorte. Un sabe que as cousas non son como o indican neses mensaxes e deberían ir directamente a papeleira porque xogan coa sensibilidade da xente, pero un sempre o manda por si acaso.
Fíxenme unha proposta tiralos, pero as veces non o fago. É que me molesta que se xogue coa sensibilidade da xente, que se aproveiten.