** Un ano sen CNN+
SANXENXO. Julio Torres
Cúmprese o primeiro ano sen CNN+. Un ano sen información da filial de CNN en España. Foi toda unha referencia ata o 31-12-2010, data na que a venda dos canales de PRISA a TELECINCO levou aparellado o peche dun canal, en favor do telelixo que promove Telecinco. Perdemos a unha televisión como era CNN+ con informacion as 24 horas e programas divulgativos para impulsar aínda máis o entretemento banal e o puro amarillismo do grupo Telecinco. Unha mágoa.
Hoxe, cando se cumpren 365 días do seu peche, o panorama é -se cabe- máis desalentador. Menos canales e máis concentracións. Iso para a pluralidade e bo facer xornalístico nunca será bo, coma xa dixen moitas veces.
Non sei que foi de varios dos presentadores de CNN+ coma Antonio San José e outr@s. Espero que lles estea indo ben e os voltemos a encontrar algún día nalgún medio de comunicacións. Ignoro o paradoiro deles. E ougallá nazan máis medios (prensa, radio e t.v.) aínda que hoxe por hoxe vai ser complicado...





