
Que rabia da cando...!!! Cando chegas ó teu coche e, sorpresa sorpresa, atópastes con que o teu parabrisas foi pai. As súas transformadas en escobillas que case todo o limpan, refuxian no seu interior un vástago postizo de nome folleto, e de apelido: publicitario. A nai do fillo deixouno, como a outros, a cambio dunha paga monetaria...
Cando esta práctica do folleteo publicitario é frecuente un acaba por afartarse. Pasa outra cousa: que as veces daste de conta e retíralos, pero outras veces xa cando estás dentro do coche, co cinto posto, encendeste o motor e puxestes a primeira e vas arrancar, albiscas polo retrovisor un folleto asasino na luna traseira do vehículo.. Brrrr!! (sobre todo se chove). Ante isto último cómpre ter coidado, hai moito amigo do alleo que o fai a propósito para que cando te levantas a retiralo, aproveitar para levarche o coche, tendo en conta que as chaves están dentro e o conductor na súa parte traseira. A min, afortundadamente, nunca me pasou, pero teño recibido correos advertíndome desta técnica ladronil.
Coidado. Mellor apagar o coche, coller as chaves e apearse do vehículo, ou marchar facendo publicidade e, máis tarde, retirar a publicidade "gratuita" da plataforma do teu coche.
¿E ti non tés ningunha cousa que che dé rabia? Desafógate en A Lareira Máxica. Envía o teu texto e queixa ó mail de alareiramaxica[arroba]gmail.com (no lugar de [arroba] poñer @). Gracias.
QUE RABIA DA CANDO...!!! FEITO POR:
Julio TorresCoordinador de
A Lareira Máxica