domingo, 29 de xuño de 2008

** España vence a Eurocopa de Fútbol 2008!!!!!!!!!!!!!!!!

Hoxe foi un gran día para o deporte español e para España: GAÑAMOS A EUROCOPA DE FÚTBOL 2008. A segunda que conquista, tras a obtivo no ano 1964. Un gol de Fernando Torres no minuto 33 do partido bastou para vencer á Alemania. Incluso mereceu gañar por 2 ou 3 a 0. En 1984 Francia derrotounos na final, pero HOXE GAÑAMOS. POR FIN!!!!!

Os xogadores da selección lembráronse de Arconada (porteiro da selección española na Eurocopa do 84), dos falecidos Antonio Puerta (que participara nalgúns partidos da fase de clasificación) e do que foi galena de España ata hai so uns meses: Genaro Borrás. Iso é saber gañar. Incluso tiveron o detalle de facerlle o pasillo ós subcampións: Alemania.

HOXE ESPAÑA OLVIDARASE DA CRISIS ECONÓMICA QUE ATRAVESA POR UNHAS HORAS. Non todo van ser penas, afortunadamente.

P.D.:
Quixera destacar a un gran xogador que non ten o nome de Iker Casillas, Cesc, Xavi, Torres ou Villa, pero que fixo un fenomenal traballo, un traballo oscuro que deu os seus froitos. Refírome a MARCOS SENNA. E é que non so hai que lembrarse de quen marca ou para goles, senón de quen realiza un importantísimo traballo no centro do campo. "O traballo sucio". Ah, e Luis Aragonés, o noso seleccionador, vaise pola porta grande...



UNHA OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** "Hoy puede ser un gran día. Aprovecharlo depende de ti"

¡¡ SORTE ESPAÑA !! Gañemos ou non, España xa cumpriu desta vez. Aínda que o colofón ideal sería gañar a Eurocopa. Vai ser moi difícil pero, soñar non custa nada. Polo menos durante unhas horas...Aposto por un 3 a 2 con prórroga incluida. Pero dáme igual o resultado con que venza España... Como diría Joan Manuel Serrat "Hoy puede ser un gran día. Aprovecharlo depende en gran parte de ti..."

xoves, 26 de xuño de 2008

** Unha tortilla de patacas que devora ensaladillas rusas

Pancarta da aficción española durante o partido España-Rusia disputado o 26 de xuño de 2008, antes de coñecer o resultado final do encontro

Non, non, non vou falar de comidas. Permítaseme a metáfora para celebrar a victoria por 3-0 de España fronte a Rusia, nas semifinais de Eurocopa de Fútbol. España mollouse por partida dobre: amais da intensa choiva que tivo que soportar, mollouse e doulle un baño metafísico á selección rusa. Extraordinario xogo, e espléndido partido. Os goles correron a cargo de Xavi (excepcional pase de Iniesta e gran partido), Dani Güiza e Silva (menudo futbolista). Sergio Ramos, Puyol e Marcos Senna, moi loitadores, tamén merecen especial mención.

24 anos despois, España volta disputar unha final. Aínda me lembro daquela Eurocopa disputada en Francia, que a selección anfitriona nos gañou. Para clasificarnos para esa Eurocopa tiveramos que vencer 12 a 1 a Malta, e logo chegamos á final... Arconada, Camacho, Rincón, Santillana, Señor e moitos outros...

Este domingo España xogará a final contra Alemania. A nosa selección so gañou unha Eurocopa, a de 1964. Vai ser difícil, moi moi difícil vencerlle ós alemáns. Sinceramente, vexo moi moi compricado. Pero soñar non custa nada.

É incrible ver a un país inmerso nunha tremenda crise económica refuxiarse e afogar as súas penas no fútbol. Isto lémbrame a Arxentina nas Olimpiadas de 2004, onde se proclamou campiona de baloncesto e de fútbol (se non me trabuco) cando a crise económica campaba (e aínda segue) ás súas anchas no país sudamericano... ¿Presaxio bo para España a nivel deportivo?

¿Cal cres que vai a ser o resultado na final? Sexa cal sexa, que nos quiten o xogado e a excelente imaxe futbolística amosada polos xogadores de Luis Aragonés ata o de agora. ¿Seguiremos podendo? Ougallá... Hoxe a tortilla de patacas zampouse a ensaladilla e o filete ruso. Iso é un feito.



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.....Soñar, soñar?, soñar!!


" No rechaces tus sueños. ¿Sin la ilusión el mundo qué sería? "
Ramón de Campoamor