** PICASION, unha boa forma de xuntar imaxes
O outro día lendo o blog de Eifonso Lagares, Islas Cíes, atopeime cun artigo que lle adicaba a unha aplicación denominada PICASION que nos permite facer un pase dinámico de ata 10 fotos ou imaxes. É gratuito e non é preciso rexistrarse nin instalo. So hai que subir as imaxes a este programa e logo poñer o código que nos da no noso blog. Aleatoriamente collín 10 imaxes. Hai para tódolos gustos. Son as primeiras que se me viñeron a mente. Non hai concordancia. Desde aquí tamén aproveito para feliciar a Eifonso polo fenomenal blog que fai a diario (Algunha praia seguro que lle sona e lle gusta ó noso amigo Eifonso...).
Lémbrovos que tedes un enlaces del na EIRA DOS BLOGS, situada ó final da columna lateral esquerda de A Lareira Máxica. Por certo, se queredes xogar co PICASION e subir as vosas propias imaxes e enviarnolas, gustaríanos moitos.
Carpe Diem




