luns, 30 de abril de 2007

** QUE CONTENT@ ESTOU CANDO.....!!!

Hoxe é domingo e o normal sería levantarme un pouco máis tarde do habitual para cargar as pilas para a nova semana de traballo que xa está á volta da esquina. Cousa curiosa: imposible quedarme dormida onte de noite e imposible tamén disfrutar dunhas horiñas máis de descanso pola mañá.

Bueno, agora que xa me levantei – pronto – pensei en facer unha boa acción, como por exemplo limpar os cristais (boa falta lles faría...). Pero o que non me deixou durmir non foi precisamente a chamada dos cristais sucios... Podería poñerme a limpar pero, para boa acción, mellor esta:...--->Ve-lo Artigo completo....
a de contarvos o motivo destas poucas horas de sono que ben identifiquei: a emoción... A emoción dun reencontro cuns vellos amigos. Digo vellos, non porque o tempo pasara moito por eles (vinnos igualiños que antes e máis ben son eu na que o paso do tempo se nota máis) senón porque nos coñecemos fai xa ... máis de 10 anos ... e levabamos 8 sen vernos.

Unha mensaxe ao móbil o venres pola tarde provocábame un subidón de adrenalina. Si, o momento xa chegara, o esperado reencontro estaba previsto para o sábado.

Estaba expectante e coa curiosidade de saber que farían estes amigos en todos eses anos, que tal lles iría en canto a traballo e demais e incluso me preguntaba se algún xa estaría casado ou mesmo tamén tería fillos (quen sabe) – aínda que parece que neste terreo estamos todos igual-.

Como dixen, expectación, curiosidade e algo de medo tamén. Por que medo? Seguramente pola miña timidez. E finalmente, que tal foi o reencontro? Pois foi estupendo.

Hoxe dinme que teño un brillo especial nos ollos. Como non o vou ter? Moi boa compañía, paisaxes encantadoras, bo tempo... que máis podía pedir? Unicamente que a tarde fose máis larga e, sobretodo, que se volvan repetir estes momentos antes de que pasen outros 8 anos.

E a conclusión de todo iso é ... que contenta estou cando, despois de tantos anos, vexo que falamos con tanta naturalidade como se levaramos un mes sen vernos...

Aquí vai esta pequena mensaxe para eles tres: amigos, xa sabedes que as portas das Rías Altas agárdanvos con impaciencia e eu cos brazos abertos.

Ata pronto, amigos.



ARTIGO ELABORADO POR: Calypso
Colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica......sobre a amizade


"Un amigo é un que o sabe todo de ti e a pesar diso quérete"



Elbert Hubbard

domingo, 29 de abril de 2007

** Un reencontro moi especial tras máis de 8 anos

Onte para min foi un día moi especial. Logo de 8 anos o que vos escribe, xunto con outro un bo amigo e unha boa amiga, voltamos a ver a unha amiga da época compostelana. Quedei para comer con estes tres amigos porque son daqueles que vale a pena ter. Son amigos dos que dou en chamar BOS AMIG@S. Fago unha pausa para aclarar que distingo entre amigos a secas e bos amigos (aqueles nos que podes confiar e que son moi moi amigos). Non se trata de que teña amig@s de primeira e outros de segunda. Non. So que hai amigos cos que tes ou tivestes moita relación nunha época da túa vida e son desas persoas que sabes que son nas que podes confiar. Outros son amig@s pero a relación non é tan profunda. Vamos que, polos motivos que foran, conectaste moito máis con ese BOS AMIG@S que cos outros, aínda sendo tod@s amigos teus....--->Ve-lo Artigo completo....

Logo deste circunloquio - sorry, pero seguro que haberá alguén que sepa porque aclaro todo isto...¿a que síi? -. Onte foi un día moi especial porque catro grandes amigos e amigas voltaron xuntarse. A última vez que coincidimos os catro foi no ano 1999. No século pasado!!!. En Santiago de Compostela onde nos coñecimos. Como soa iso do século pasado!!!!..... Con dous deles tiven o pracer de comer aínda no mes de febreiro, pero coa terceira, non a viamos ningún de nós desde había máis 8 anos. Como transcurre o tempo!!!!

Resulta grato ter amig@s tan bos e cos que da gusto estar. Poden pasar horas e horas que seguirías falando con eles e con elas. Xa me pasou no Nadal con outra moi boa....Así da gusto que pase o tempo!!!. Fales do que fales o tempo é escaso e pasa enseguida. Caray!!!

Esta amiga nosa que hai tantos anos que non viamos encerra unha historia moi curiosa e entrañable. É francesa. No ano 1996 viuse cunha beca do programa ERASMUS a estudiar á Universidade de Santiago de Commpostela. O destino fixo que a coñeceramos a ela e a outr@s franceses que con ela viñan. Todos moi moa xente. Dos demais a día de hoxe non sabemos nada, agás o que nos contou onte esta galaicofrancesa...

Si dixen ven. Galaico-Francesa. Porque aínda que é francesa, rezuma galego e amor a Galicia polos catro costados. E é unha moi boa persoa. No ano 1996 colleu as maletas e viuse a estudiar a Santiago. E agás ó curso seguinte, quedouse en Galicia . Filla única, ten ós seus pais en Francia e o corazón dividido entre o país galo e Galicia. Opositou e quitou praza en Galicia facendo o traballo que a ela lle gusta e domina. Varios fins de semana ó mes visita ós seus pais en Francia. Pero Galicia tíralle e moito.....

Cando a coñecín faláballe en castellano por cortesía. Agora se lle falo en castelán case me pega.

- Fálame en galego, Julio, que te entendo perfectamente. En galego!!!
- Fareino -díxenlle eu-

E é que entende o galego e a cultura galega moi ben. Por gustar ata lle gusta o noso clima. E é que se o seu D.N.I. puxeran que naceu nunha vila galega, colaría....

Onte comemos todos xuntos e logo recorremos diversos lugares de Sanxenxo e o Grove. As horas foron as nosas enemigas accérimas porque nun abrir e pechar de ollos....zas!!! xa nos metemos entre o lusco e fusco. E como Ferrol e Ourense (onde viven dous deles) quedan lonxe pois demos por concluido o noso agardado reencontro.

Agardemos que a experiencia se repite porque foi como retroceder no tempo, so que cuns anos máis. Porque o tempo pasa, e pasa para tod@s. É a vida mesma!!!.....



Artigo elaborado por: Julio
A Lareira Máxica

sábado, 28 de abril de 2007

** A Frase Máxica....sobre a vida mesma


"Non deixes crecer a herba no camiño da amizade"



Platón