xoves, 11 de setembro de 2014

** O vermello xa non é sinónimo de éxito

O vermello parece que cotiza á baixa. O Ferrari de Fernando Alonso cada vez corre menos, presidente dese equipo vermello dimite onte. E tamén onte a ÑBA, a selección española, a vermella, caeu eliminada nos cuartos de finais do Mundial de baloncesto que se disputa en España. A mellor selección que nunca tivo España caeu sorprendentemente eliminada logo dun partido malísimo no que nunca estivo dentro. Atrás queda aquel Mundial que gañaron no 2006, poucos meses despois do nacemento de A Lareira Máxica.

E falando de vermella, o equipo de España de fútbol tamén está en horas baixas, logo de quedar eliminada na primeira fase do Mundial de fútbol de Brasil no mes de xuño deste ano. Outro magnífico combinado que dificilmente se repetira e que conquerira en 2010 o Mundial de fútbol de Sudáfrica. Agora está de renovación e figuras ilustres como Puyol, Xavi, Xabi Alonso ou Villa xa dixeron adeus á selección.


Lonxe queda aquel mes de agosto de 2010 no que chegamos a ser os vixentes campións do Mundial de fútbol e do Mundial e do de baloncesto, e no que, asemade, eramos os daquela actuais campións por seleccións da Eurocopa de fútbol, así como da Eurocopa de baloncesto. Catro títulos en catro competicións distintas, algo que estou seguro que xamais voltará a acontecer.

O dito, o vermello non vive os seus mellores momentos na actualidade. O globo vermello pinchouse ou, cando menos, perdeu aire...

...........................................................
Julio Torres

mércores, 20 de agosto de 2014

** A Frase Máxica: o sorriso

xoves, 7 de agosto de 2014

** Fine Young Cannibals hai 25 anos


Fine Young Cannibals quitou no ano 1989 dúas das súas míticas cancións. Estoume a referir a "She drives me crazy (Ela vóltame tolo) e "Good thing" (Cousa boa ou Boa cousa). O grupo formado en 1984 publicaría 5 discos (1985, 1989, 1999, 1996 e 2006). Particularmente quédome co do 89, do que se extraen os dous temas musicais xa mendionados.

Para os amantes do grupo inglés, vaian estes dous temas de xa hai nada máis e nada menos que.....25 anos. Disfrutade con estes dúas pedazo de cancións.




...........................................................

mércores, 6 de agosto de 2014

** Voos sen motor

30 graos. Verán. Unha praia. A sombra cotiza á alza. Un suave vento peina os seus beizos e meixelas. Sensación de liberdade e relaxación. Unha toalla. A area fina susúralle ó oído. De súpeto, unha pequena gaivota, dunha nova xeración, pousa sobre a terra e desfila ávida de alimento. Carente de vergoña, percorre incesante o areal desexando que a inviten a unha tapa. Infructuoso convite. Decepcionante resultado que resolve collendo prestado, para sempre, un bocadillo dun neno. A popular ave carroñeira levanta o seu vo e bule escorrediza para reunirse coas súas compañeiras previa deglución instantánea de exquisito manxar capturado. Desta vez houbo sorte. Ás máis das veces calquera cousa lle vale con tal de saciar o seu voraz apetito.

O sol cae, o día remata, a praia toca ó seu fin por hoxe. Mañán, mañán será outro día. Descanso. Vacacións. A lúa apúntase á velada nocturna, namentres no interior das vivendas os mosquitos fan botellón vendo unha peli de Drácula...

...........................................................
Julio Torres