** Voos sen motor
30 graos. Verán. Unha praia. A sombra cotiza á alza. Un suave vento peina os seus beizos e meixelas. Sensación de liberdade e relaxación. Unha toalla. A area fina susúralle ó oído. De súpeto, unha pequena gaivota, dunha nova xeración, pousa sobre a terra e desfila ávida de alimento. Carente de vergoña, percorre incesante o areal desexando que a inviten a unha tapa. Infructuoso convite. Decepcionante resultado que resolve collendo prestado, para sempre, un bocadillo dun neno. A popular ave carroñeira levanta o seu vo e bule escorrediza para reunirse coas súas compañeiras previa deglución instantánea de exquisito manxar capturado. Desta vez houbo sorte. Ás máis das veces calquera cousa lle vale con tal de saciar o seu voraz apetito.
O sol cae, o día remata, a praia toca ó seu fin por hoxe. Mañán, mañán será outro día. Descanso. Vacacións. A lúa apúntase á velada nocturna, namentres no interior das vivendas os mosquitos fan botellón vendo unha peli de Drácula...
Julio Torres
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
¡Ai!, a popular gaivota carroñenta das novas xeracións e as súas falcatruadas de paxaro vello, resabido e ladrón. Supoño que Sanjenjo estará a rebosar. De turistas e paxaros.
Publicar un comentario