** A Frase Máxica....sobre a vida mesma
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas
SAN XENXO . Julio Torres (Artigo adicado a tódol@s compañeir@s de promoción de Traballo Social) 14 anos quedaron no saco dos olvidos...
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas
Do relato Miko-premio quédome cunha idea central: qué levaban escrito os paus dos helados que non traían premio.Paréceme un tema clave. Final aberto ou pechado. Porque o sigue buscando, con ser jodido, inda da un chisco de esperanza. Nada é nada. O caso é que na vida sempre é mellor algo. Non como consolación, que para eso ata venden patitos en Sephora. Si, a min tamén me parece curioso. Seica tamén serven para dar masaxes terapéuticos. Agora que a miña migraña decideu ampliar os seus horizontes e ameaza con conquistar as cervicais…
Bueno, ó tema: poucas cousas na vida son merecedoras de ser arquivadas baixo o epígrafe: NADA. Polo menos, a min non me pasa. Será que eu concibo a vida coma unha sucesión de experiencias, máis ou menos gratas. Algunha ingrata, tamén, non o vou negar. E así, facendo tramos do camino e acumulando experiencias, fun creando a miña propia sabedoría. Atención, palabra maior: sabedoría. Estoume referindo a esa sabedoría que soamentes se aprende na Universidade da Vida, e eso prestando atención. Algunha xente nace e morre estúpida. Están entre nós e convén telos identificados. Non son perigosos pero cansan unha barbaridade.
Na carpetiña NADA gardo catro papeis. Afortunadamente, a carpeta ALGO pesa máis, moito máis. Tamén teño a carpeta LAZO VERMELLO. Nela está a xente que se me foi facendo imprescindible. Son aquelas persoas que estimo profundamente, os que viñeron para quedarse. Outras, non. Outras son persoas que están de paso. Coincidimos nunha etapa e logo seguiron o seu camino.
Os que me coñecen preguntáranse onde teño gardado ó señor boticario. Boa pregunta. Inda non o arquivei. En quente non se pode facer, o mesmo que non se poden tomar decisións no medio das tormentas. En NADA, non. Alí,soamentes gardo un indesexable e un par de moscas cojoneras. Entón, a ALGO. Pode ser, ALGO é unha especie de caixón de sastre. ¿LAZO VERMELLO? Non creo. Tampouco o sei con certeza, a resistencia dun lazo vermello compróbase co paso de tempo. En Santiago chove moito e a humidade adoita estragar os tecidos cativos.
Posted by Julio Torres 5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , colaboracións mariaM , opinión , Relatos e composicións feitas para A.L.M. , sociedade
Unha verdade coma unha catedral.En castellano é San Ginés, e en galego dise: Sanxenxo. O correcto sería escribilo separado: San Xenxo, pero xa non pido tanto. So pronunciar o nome ben. So iso. O de Sangenjo é unha castelanización de traducir Sanxenxo por Sangenjo, descoñecendo a verdadeira orixe da palabra Xenxo, que é a do nome dun santo que en castelán sería, insisto, Ginés. O 24 de agosto celébrase San Ginés, é dicir San Xenxo.
A viñeta gráfica de Frank Braña, en clave de humor, en realidade é unha gran verdade cun tono de humor pois, ademais, a moita xente castelán falante cóstalle moito dicir Sanxenxo, e di cousas coma Sansenso, Sanxenso, Xanxenxo, Sanchencho,...
Un saúdo desde Sanxenxo cando faltan poucos días para ser colonizados por turistas que empezarán a dicir que "veraneo en Sangenjo". Co bonito que é dicir Sanxenxo, un nome moi galego, máis que o de Shakira. ¿Alguén di Sakira?. Coido que teremos que escribir xa non San Xenxo nin Sanxenxo, senón Sanshensho, seguro que así o pronuncian ben...
Posted by Julio Torres 9 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS Humor e Noticias Curiosas , lugares e cidades , sociedade
Hai noticias tristes, desas que nunca gustaría dalas. A morte dun dos grandes do humor galego, o actor Xosé Manuel Olveira "Pico" (apodo afectuoso co que era moi coñecido na escena galega) é unha mostra. Teatro, cine e televisión, un medio éste último onde chegou a ser moi coñecido por series como "Pratos Combinados" (facía de avogado), "Mareas Vivas" (estivo nas dúas primeiras tempadas intepretando a un cura que ó final se quedaba en cadeira de rodas), e máis recentemente en "Padre Casares", na que daba vida ó bispo. Tamén foi presidente da Asociación Galega do Audiovisual.
Coido que o vin unha vez por Santiago. Non o coñecía, pero deixa tras de si unha aurea de persoa campechana e boa, amais de ser un gran profesional. E niso coinciden os seus compañeir@s de profesión, e non agora que morreu, senón xa de antes. O último recoñecemento foi na entrega dos Premios Mestre Mateo. Aínda que coido que non estaba premiado recibiu o apoio dos sesu compañeir@s de profesión. Ese día non recordo qué actor o nomeou e falou que o estaba pasando mal a nivel de saúde. A ovación de ánimo e apoio foi grande. Un recoñecemento non so son os premios senón o sentirse querido e respetado pola xente e, en especial, polos seus amig@s e polos compañeiros de profesión.
Nunca olvidarei o seu sentido do humor e o moito que nos fixo rir. Gracias por tódolos bos momentos que nos fixestes pasar.
Non é a única morte de persoaxes famosos e tamén respetados e apreciados pola xente. A nivel nacional hai poucas semanas morreron o gran Alfredo Landa, e tamén o presentador e dobrador Constantino Romero, dúas grandes figuras do cine e da televisión, cada un no seu eido. Descansen os tres en paz.
Posted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , Cine e Teatro , Medios de Comunicación , opinión