** O concello chámase Sanxenxo, non Sangenjo
SANXENXO. jULIO tORRES
Unha verdade coma unha catedral.En castellano é San Ginés, e en galego dise: Sanxenxo. O correcto sería escribilo separado: San Xenxo, pero xa non pido tanto. So pronunciar o nome ben. So iso. O de Sangenjo é unha castelanización de traducir Sanxenxo por Sangenjo, descoñecendo a verdadeira orixe da palabra Xenxo, que é a do nome dun santo que en castelán sería, insisto, Ginés. O 24 de agosto celébrase San Ginés, é dicir San Xenxo.
A viñeta gráfica de Frank Braña, en clave de humor, en realidade é unha gran verdade cun tono de humor pois, ademais, a moita xente castelán falante cóstalle moito dicir Sanxenxo, e di cousas coma Sansenso, Sanxenso, Xanxenxo, Sanchencho,...
Un saúdo desde Sanxenxo cando faltan poucos días para ser colonizados por turistas que empezarán a dicir que "veraneo en Sangenjo". Co bonito que é dicir Sanxenxo, un nome moi galego, máis que o de Shakira. ¿Alguén di Sakira?. Coido que teremos que escribir xa non San Xenxo nin Sanxenxo, senón Sanshensho, seguro que así o pronuncian ben...
9 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
¡Mui bo i mui certo! Mais deberas predicares co exemplo i escribir San Xenxo ¡eh Xulio! Aburiño
E non creas que non o fago. Iso xa o sabes Patri. Antes escribíao máis separado. En vista de que era o único pois xa non o escribo tanto.
Patri tés que galeguizar algo ós madrileños e ensinarlle na escola que como se escribe e pronuncia o concello no que máis dun pasa ou pasará as súas vacacións de verán. Biquiños para terras madrileñas!
Eu xa coñezo a algún madrileño que dí Sanxenxo, e algún gaditano, a base de insistir no verán, e incluso alemáns, tiñas que oilos..., con acentoooo, e despois falan do acento dos galegos cando falamos noutra lingua, iso é porque non se oiron eles falando galego. Por certo, Julio, non te pasarías coas "Sh"? Sería Sanshensho, ¿non sí? Saúdos dunha galeguizadora bilingüe.
Certo Mary. Paseime cunha Sh. Non sería Shanshensho, senón Sanshensho. Gracias por advertirme do erro. Xa o corrixo.
No tocante ós acentos, non é exclusivo dos galegos, así que non me estraña que ver a un andaluz ou madrileño en galego debe ser algo similiar. Para que logo falen dos galegos cando falamos en castelán...
Cuestións toponómicas aparte, qué pena que a "invasión" sexa tan pija. E logo, ¿non se poderá invadir Sanxenxo en low cost?
Hola , son nova nestas lides e espero facelo ben, eu xa teño escoitado chamarlle Sangengo, eso xa e demais, ah, o meu nome e loli.
Benvida Dagy! Seguro que o fas ben. e sí, en efecto tamén escoitei iso de Sangengo
¡Feliz día de San Xoán a todos!
O de Sangengo gústame.
Publicar un comentario