domingo, 14 de abril de 2013
sábado, 13 de abril de 2013
** Cuando paso cerca de un colegio...
SANXENXO. Julio Torres
Esta nostálxica canción do grupo Los Secretos evoca un manantial de sentimentos da vida mesma, entre eles o do paso do tempo que é susceptible de lembranza cando pasas cerca do colexio onde estudiastes cando eras rapaz/a. Parece que foi onte, so parece, pois foi hai moitos anos. Cando escoito a palabra colexio neste tema teletranspórtome, por un intre, a esa época da vida onde o tempo non pasaba, mesmo semellaba que camiñaba lento, despacio, quedo, de vagar, xordo ós desexos dos cativos que debecían por facerse maiores, por acadar os ansiados 18 anos. Superada esa mítica barreira soemos dicir "¡qué rápido pasan os anos!". É verdade. ¿A quen non lle aconteceu algunha vez? Por iso, superados os 18 o tempo non corre, nin voa, senón que compite coa velocidade do son poñéndose ambos cambadelas imposibles de esquivar namentres procuran a chegada a unha meta tan irreal como finita. O que un día escoitabamos dicir ós nosos pais, o que pensabamos que xamais íamos repetirlle @s nos@s fill@s, agora ou nun futuro dirémosllo cun ton deliberadamente vivencial que denotará o inevitable transcurrir do tempo: "cando era nen@...". Lóxica lei de vida.
Posted by Julio Torres 5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS Lembranzas. A Máquina do tempo , música , opinión , vídeos e xogos
martes, 9 de abril de 2013
** Que rabia da cando....Hai que prepararse para irse do país.
SANXENXO. Mary Camiña
Últimamente non sei qué demos está pasando no noso país. A única saída que nos están dando para poder traballar, tanto os nosos gobernantes como as institucións, é que nos vaiamos do país...
Estou cansa de ver como as persoas que formaron as nosas universidades e as nosas escolas, entre as que me inclúo, non teñen cabida no noso país. E por riba, se te negas a ir porque tes lazos afectivos que consideras máis importantes que gañar uns euros máis, ou simplemente porque no fondo te negas a crer que ninguén queira aproveitar os magníficos recursos humanos, pertencentes a unha xeración ilustrada, preparada e capacitada sin precedentes na historia de España, mírante como un bicho raro. Irse a traballar fóra do noso país debería ser unha opción e non unha imposición...
Por qué temos que irnos da nosa terra? Acaso non chegou con que os nosos devanceiros tivesen que deixar todo para probar fortuna, e separar familias durante anos? Como filla de emigrantes digo: Basta!!! Temos medios humanos máis que suficientes como para facer unha industria propia!!! Só nos falta que o goberno impulse e premie a aqueles inversores que realmente queren aproveitar os recurso nacionais, axudando a levar a cabo reestructuras industriais necesarias para ser competitivos. Ser competitivo non significa reducir os gastos vía despidos, senon máis ben reducir beneficios a favor dunha maior calidade ou ben creando economías de escala...
Seguimos bailando ao son do que nos dicen os demáis, seguimos a pensar nos cartos para hoxe e fame para mañán. Así non se pode... Tódalas inversións do país se fixeron no sector inmobiliario, e no turístico. Chegáronse a pechar fábricas para crear solares. Ninguén, a pesar de que estudios económicos demostraban que se estaba a producir unha burbulla, quixo escoitar, e agora que a vaca enfermou e xa non dá máis leite, collen os cartos que lles quedan e fuxen para o extranxeiro en busca dunha nova vaca que muxir...
E namentras, Europa rise de nós..., non nos dan solucións para crear máis postos de traballo, para renovar e reestructurar a industria española, non, iso non convén, a man de obra española está ben cualificada e ademçáis sae máis rentable que a súa propia, quédanse cos beneficios do seu traballo, coa tributación do seu salario,( xa que son rendas obtidas fóra de España), e coa súa contribución á Seguridade Social, a cambio dunhas migallas: o soldo. De novo, pan para hoxe e fame para mañá...
Os que decidimos quedar e intentar por tódolos medios sobrevivir, que obtemos a cambio?: Máis impostos, novas taxas, menos postos de traballo, menos becas para estudar aos nosos fill@s, condicións máis duras para poder acceder aos poucos postos de traballo que quedan...
Como non che teño “espíritu aventureiro”, négome a formar parte da “fuga de cerebros” que agora mesmo existe no país, eu estudiei aquí e aquí quero deixar a plusvalía que os meus coñecementos poidan xerar...
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS colaboracións Mary Camiña , opinión , que rabia da cando....... , sociedade




