** Vigo: Fotomontaxe onte/hoxe
Posted by Patricia Loureiro 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS A Memoria Fotográfica , fotos , lugares e cidades , vídeos e xogos
SAN XENXO . Julio Torres (Artigo adicado a tódol@s compañeir@s de promoción de Traballo Social) 14 anos quedaron no saco dos olvidos...
Posted by Patricia Loureiro 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS A Memoria Fotográfica , fotos , lugares e cidades , vídeos e xogos
Un
mes despois da túa marcha debo dizeres que te boto muito en falla. Muitísimo. Facíaste quer pola boa persoa i amigo que eras. As túas amigas i amigos sabémolo mui ben. Alá riba onde quer que tú esteas maxino que os teus artigos e as túas conversas en galego inundarán as nubes de felicidade i alegría como tanto che gostaba e que dun intre a outro voltarás para dizer que soio foi un ata despois i que todo foi un mal sono dunha tarde de xullo na que nos deixastes para sempre. Incomprensíbel fatalidade. Dende aquí abaixo todo é estrano e triste sen ti. Ate esta lareira pola que tanto gostabas navegar te estrana ó non notare-la túa presenza. Que o saibas.
Posted by Patricia Loureiro 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , colaboracións Patricia Loureiro
Pese a crise, síguense celebrando as tradicionais festas parroquiales e os tamén tradicionais bailes. A min, o único que me molesta é o estrondo da pólvora. É que os meus oídos non son capaces de atopar o pracer que se agacha na sucesión dos estoupidos das bombas de palenque.
Estas celebracións evócanme os días da infancia, cando as esperaba case coa mesma ilusión coa que esperaba a chegada dos reis magos. Agora, xa non teño nin a metade da metade daquela ilusión. É pola xente, e que non aturo a estupidez e a soberbia. Cando se mezclan coa ignorancia, prefiro fuxir. Porque a ignorancia mesturada coa maldade, da unha combinación que me resulta daniña. Logo, se engadimos un bo puñado de envexa, xa temos o perfil psicolóxico da maioría dos meus veciños da bisbarra. Porque estes non se critican, espeléllanse. Diredes que esaxero pero, ás veces, ata parece que se alegran do mal alleo.
O caso é que con crise ou sin ela, a xente sigue colaborando e mantendo as súas tradicións. Coma se ir ó campo da festa fora unha especie de rito capaz de alonxarnos por unhas horas da realidade. Un kitkat, eso mesmo. Un tempo de desconexión, de descomprensión.
Hai xente incapaz de desconectar, de darlle á chave e poñerse en off. Empezan a comerse a cabeza, e acapan carcoméndose enteiriños, de arriba a abaixo. Polo medio támen. A carcoma é un mal terrible, cando che entra vaite minando sen piedade. Primeiro o corpo, logo a alma. Eu, coñezoo ben os seus efectos devastadores, por eso me perfumo cada día con Auga Lavanda de Puig. O olor da lavanda, ademais de axudar a relaxarse á hora de durmir, bótolle unhas pingas ás sabas, escorrenta pulgas e polillas. Porque xa se sabe, miseria e pragas, sempre van da man. E así, deste xeito, vou tendo o bicherío baixo control. Algunha xente, incluso alguns dos meus amabilísimos lectores, pensaredes que son un simple. Pero, ¿por qué non conservar a ilusión?, ¿por qué non pensar que hai un futuro agardándonos?, ¿por qué abandoarse?, ¿por qué non deixarse levar polo espíritu da festa? Moita xente instálase no lamento e adica horas e horas a laiarse. Acaso a situación económica de España nos anos 40 era mellor, ¿non casaron naqueles anos moitos dos nosos avós?, ¿non tiveron varios fillos?, ¿non saíron a diante? Pois, logo... Que eu sepa as crises son cíclicas, non eternas. Algún día as cousas terán que cambiar, como pasou sempre.
Posted by Julio Torres 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , colaboracións ALVARIÑO , opinión (artigos alleos) , Relatos e composicións feitas para A.L.M. , sociedade
O verán non acaba de chegar. Tanta inestabilidade fai que teñamos que invocar a chegada do bo tempo. En Sanxenxo polo menos apenas se fixo ver. Se os indios facían a danza da choiva, desde A Lareira Máxica imos tentar chamar ó bo tempo para que chegue e se quede connosco todo o verán. So se me ocurre a ritmo destas tres pegadizas e animadas cancións de Blondie, Dire Straits e Paulina Rubio. Agardemos que funcione a invocación ó sol e ó bo tempo.
Aproveito para desexar a tódol@s seguidores/as de A Lareira Máxica un bo verán 2012. Durante este tempo estival, coma sempre, A Lareira Máxica apenas se vai actualizar e baixará moitísimo en número de publicacións. As actualizacións serán moi de cando en vez. Toca descansar. Se queredes publicar algo no blog, animádevos a enviar as vosas propostas de artigos.
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS música , saúde e natureza , vídeos e xogos