** A aliteración doS SonoS
SANXENXO. Julio Torres
S
uave e sibilinamente sixilosa susurráballe sempre os seus pensamentos sen saber que soían ser certos. Despois arrepentíase ó decatarse das súas equivocacións. Soas, na oscuridade, as súas bágoas espían máis un espíritu senlleiro e desconsolado. Un ser que escorregaba sobre os medos alleos e saltaba para salvalos. Contradictorias verbas e incoherentes prácticas tinguidas do sangue das candeas amarelas erguidas na mesa. Coas mareas subidas bañábase ansiosa e con elas baixas escapaba detrás das gaivotas. Significados difusos. Confusión. Dúas horas despois detíase pois os folgos precisaban vitaminas. Sentada no descampado as súas forzas desafiaban ós cortos soños profundos. Neles os mariñeiros pescaban nas barcas e as mulleres cosían as redes. Sintonía na desunión. As augas tranquilas e quedas. Todos estaban sans e salvos. Sobraban os minutos. Nuns segundos espertaba desperezándose sobre as herbas, consciente e confusa tras a silenciosa sesta. Sí, un sono vestido co disfraz de pesadelo.




