sábado, 18 de febreiro de 2012

** Radio Futura, un grupo musical referencia dos 80


SANXENXO. Julio Torres

Radio Futura foi, sen dúbida, un dos mellores gupos do panorama do pop español. Nacido en 1979 triunfou nos 80 e disolveuse a principios dos 90. A banda dos irmáns Santiago (Juan Perro) e Luis Auserón e do guitarrista Enrique Sierra (que morreu onte en Madrid) marcaron tendencia. Lémbrome que era un dos grupos asiduos dun programa mítico de mediados dos anos 80. ¿Cal? La Bola de Cristal, aquel programa que se emitía os sábados polas mañáns e do que xa vos falei neste blog.

Do seu repertorio quédome, entre outras, coas seguintes cancións:









** Los móbiles también sirven para...ojo!!!




REMITIDO POR: Jose
Colaborador de A Lareira Máxica

luns, 13 de febreiro de 2012

** Dor de Alma


SANXENXO. Mary Camiña

Hai acontecementos que fan encollela alma. Encóllese, encaracólase, engrúñase, e así permanece días e días, nos que non es persoa nin nada, simplemente un corpo que se move por inercia. Nin dormes, nin queres pensar, porque alma está encollida e non quere falar.

Pero entón, a alma comeza a removerse e quere gritar e doe, doe moito moito. Non queres deixarlle gritar por medo a que doia ainda máis, e intentas facela calar. O pouco que dormes convértese nun pesadelo e todo o que sucede ao teu redor parece un mal soño do que has despertar dun momento a outro. Pero non, nin é un soño nin has despertar.

A alma, que segue adoecendo por gritar farate enfadar e gritar e chorar sen consolo, para despois ir acougando.

E amosarache que a realidade é a que é, chea de cousas malas, pero tamén moitas boas. E a alma debece por agarrarse ás boas: a cada sopro de aire, a cada raiola de sol, a cada sorriso dos nenos, a cada caricia do ser amado, a cada alento de vida...

A alma comeza a te encher por dentro, a facelas paces coa realidade, co mundo no que vives e a desaparecen os pesadelos.

Co tempo, só quedará unha cicatriz, un recordo, que ás veces doe, pero poderás sentir e rir e dormir e disfrutar da vida, xa non querrás despertar porque nunca foi un soño...e a túa alma xa non está encollida.

** Efemérides. Tal día coma hoxe...Do 13 ó 19 de febreiro


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao




02febreiro-13 1958 Falece no seu Lugo natal o escritor Luís Pimentel.

02febreiro-14 1976 Falece na Coruña o escritor e etnógrafo Leandro Carré Alvarellos.

02febreiro-15 1784 Comeza a funcionar a ilustrada «Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago», importante institución cultural en Compostela.
02febreiro-15 1910 Primeiro número do xornal ourensán La Región, que nas últimas décadas incrementou a presenza do idioma galego nas súas páxinas e suplementos.
02febreiro-15 1940 Morre na Coruña Manuel Lugrís Freire, quen pronunciara o primeiro discurso político no que un orador utilizaba exclusivamente o galego.
02febreiro-15 1944 Constitúese formalmente o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, que viña substituír o histórico Seminario de Estudos Galegos, espoliado polos sublevados franquistas.
02febreiro-15 1967 Fúndase en Pontevedra a Asociación Amigos da Cultura, que declaraba como fins primordiais «a defensa e a promoción da cultura e do idioma galego».

02febreiro-16 2000 Faleceu ós 49 anos de idade o cantautor Suso Vaamonde, un nome importante na difusión da canción galega.
02febreiro-16 2007 Pecha na Coruña a exposición Galicia, a forza da palabra, dedicada ó centenario da Real Academia Galega.

02febreiro-18 1879 Nace en Santa Cruz de Arrablado (Ourense) o crego poeta, dramaturgo e bibliófilo, Antonio Rey Soto.
02febreiro-18 2000 A Fundación Barrié de la Maza e o Instituto da Lingua Galega crean a Biblioteca Filolóxica.




É este un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).