luns, 16 de xaneiro de 2012

** Enlaces interesantes de referencias literarias galegas


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut


Vaia para A LAREIRA MÁXICA este pequeno recanto de referencias literarias.Trata especialmente sobre a edición de novidades de libros galegos. Nestas ligazóns que van de seguido non só hai referencias ás publicacións recentes: tamén atoparedes axendas de actos, críticas de obras literarias, convocatorias de certames, novas bibliográficas e biográficas... Velaquí pois esta breve listaxe -non exhaustiva, máis ben só básica- para quen sintades esa curiosidade e teñades paciencia para ir "pinchando" e coñecendo o moito que aquí se nos conta:

-ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES: http://www.editoresgalegos.org/gl/inicio

-ANDEL VIRTUAL: http://www.andelvirtual.com/

-ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA: http://www.aelg.org/

-BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA: http://bvg.udc.es/index.jsp

-CRITICALIA: http://armandorequeixo.blogaliza.org/

-FERVENZAS LITERARIAS: http://www.fervenzasliterarias.com/

-LG3: http://www.culturagalega.org/lg3/

¡TEMOS QUE APOIAR O SECTOR DO LIBRO -NOMEADAMENTE O MUNDO DO LIBRO GALEGO- POR SER UNHA INDUSTRIA CULTURAL ESENCIAL PARA UN PAÍS!

E OS TEMPOS TENSOS QUE VIVIMOS TAMPOUCO SON NADA OPTIMISTAS NIN REPOUSADOS PARA A LECTURA E PARA O MERCADO EDITORIAL.


En fin: lembremos nesta noite ("escura e bretemosa"...) dúas citas dos clásicos:
* "Se preto da biblioteca tendes un xardín xa non vos faltará de nada" (Marco Tulio CICERÓN). 106 a.C.- 43 a.C.. Escritor, orador e político romano.
* "Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luis BORGES). 1899-1986. Escritor arxentino.

sábado, 14 de xaneiro de 2012

** Efemérides. Tal día coma hoxe...(do 14 ó 22 Xaneiro)


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao



14 xaneiro 1931 Vicente M. Risco escribe no xornal vigués El Pueblo Gallego: «A galeguización da escola aínda ha costar traballo cando Galiza seña autónoma».

15 xaneiro 1880 Primeiro número de El Zumbido, periódico semanal aparecido en Noia.
15 xaneiro 1910 Primeiro número de Acción Gallega, revista quincenal, voceiro do movemento agrarista homónimo, impulsada por Basilio Álvarez, o crego e líder agrario de Beiro (Ourense).
15 xaneiro 1978 Primeiro congreso da organización nacionalista Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA), no que se aprobaron o programa e os Estatutos, e que fora creada no curso 72/73 na Universidade de Santiago para impulsar a entrada do galego no ensino.

16 xaneiro 1994 Ve a luz Lecer, primeiro caderno dominical estable en idioma galego, inserido nas páxina d'O Correo Galego.

18 xaneiro 1903 Preséntase oficialmente na Coruña a Escola Rexional de Declamación, poñendo en escena a obra ¡Filla…! de Galo Salinas.
18 xaneiro-18 2002 Falece o escritor padronés Camilo José Cela, premio Nobel de Literatura, que cultivou tamén (inda que só ocasionalmente) a lingua galega na súa escrita.

19 xaneiro 1899 Nacemento en Ourense de Sebastián Martínez-Risco Macías, que foi presidente da RAG en 1960.
19 xaneiro 1930 Nace en Parada de Moreda (O Courel) o poeta Uxío Novoneyra.
19 xaneiro 1931 A Real Academia da Historia emite un informe sobre a orixe e significado da bandeira galega.

20 xaneiro 1994 Xosé Neira Vilas presenta a tradución ó galego d'O Camiño de Santiago, orixinal do escritor cubano Alejo Carpentier.

21 xaneiro 1900 Nace en Maceda (Ourense) Fernando Quiroga Palacios, primeiro cardeal de Compostela que celebrou unha misa en lingua galega.
21 xaneiro 1908 Manuel Lugrís Freire participa noutro mitin no que utiliza, novamente, o galego, o que segue a ser sorprendente para moitos, polo pouco habitual, nesa época. Xa o fixera antes, o 6 de outubro de 1907.
21 xaneiro 1980 Falece en Compostela o xornalista vilalbés Xosé Luís García Mato, quen ás veces empregou o pseudónimo «O Guedelliñas».

22 xaneiro 1856 Nace en Lugo Aureliano J. Pereira, escritor, xornalista e político do Rexurdimento. Ás veces atópase este nacemento incorrectamente datado en 1855.
22 xaneiro 1932 Ve a luz Faro villalbés, publicación quincenal que lles dará cabida a informacións e colaboracións en galego.


É este un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).


Trátase de irmos seguindo día a día o presente ano 2012 e compartillando acontecementos relevantes, relacionados coa lingua e a cultura de Galicia, ó longo dos tempos. Así queremos contribuír con esa campaña que puxo en marcha RADIOFUSIÓN e que leva por nome VITAMINAS PARA O GALEGO!, axudando así a poñer en valor a nosa cultura cunha voz propia, no medio da polifonía das culturas do mundo.

venres, 13 de xaneiro de 2012

** La cabra, again


SANTIAGO DE COMPOSTELA. Alvariño


L o confieso, he vuelto a caer. La carne es tremendamente débil y la voluntad muy escasa. Otra vez, y van dos. Otra vez me toca sufrir y tirarme de los pelos. Otra vez la dichosa cabra:

-Beeeter, beeeter, beeeter,...

Esta vez ha sido el tinte. La otra vez fueron las cerdas-púas de erizo. Siempre falla algo, no lo entiendo. He caído de nuevo, ¿por qué?, ¿por qué?, ¿por qué?,...
Esta vez me tocado una cabra negra, la muy puta era teñida.

Todo empezó por culpa de la dichosa mofeta. Tenía ganas de tener una mofeta, muchas. Podría ir a Sephora y comprame una, podría, sí, pero mi lado más cutre hizo que me fijara en la mofeta de Beter Professional Make Up, unos 10 euros, con un descuento del 15% en las rebajas más inglesas de toda la galaxia. El expositor tenía unas cuantas brochas sin plástico para que las clientas pudiésemos comprobar la inaudita suavidad de la línea Beter Professional. La brocha de polvos es especialmente suave, creo que es de pelo sintético, me recordó a la brochas de Ecotools. La de colorete la han mejorado un poco, pero la cabra sigue tirando al monte. Lo mofeta también es suave, de fibra óptica la parte blanca, y pelo de cabra la parte negra. Por ese precio, y en plena locura rebajil, me decidí a darle una oporturnidad.

Mi gozo en un pozo, ¡cómo destiñen los pelos negros! Un desastre total. Harta de enjabonar, aclarar, y ver como la mofeta seguía destiñendo y destiñendo, me di por vencida. Está casi seca y he comprobado, pasándole un pañuelo de papel, que en seco no mancha. Ahora, me falta probarla y comprobar sus virtudes, si es que las tiene, que ya se verá. Por lo menos, después de tanto lavado, sigue siendo suavita y reconozco que solo le ha caído un pelo, negro, para más datos.

sábado, 7 de xaneiro de 2012

** Onde hai patrón ás veces teñen que mandar os mariñeiros


SANXENXO. Mary Camiña
Colaboradora de A Lareira Máxica


A piques de rematar este 2.011, esperemos que o acontecido estos últimos meses no Club de Baloncesto Baltar- Sanxenxo nos fixese reflexionar sobre qué camiño habemos de seguir neste novo ano 2.012.

Chegamos ao final da tempada 2.010-11, con dous sentimentos encontrados. Por unha banda, coa ledicia e satisfación de ter un equipo alevín invicto que gañou o DAB-Campeonato Zonal Mixto-Mixto e o DAB XOGA AROUSA-XOGA AROUSA. E por outra banda, coa tristeza da saída do Clube, por motivos persoais, do adestrador deste equipo Julio César Aguín.

Así e todo enfrentámonos ao comenzo da pre-tempada 2.011-12 con renovadas ilusións debido á "fichase" dunha nova adestradora de ámbito nacional que o presidente do C.B. Baltar calificou como excelente.

Nun principio todos estabamos contentos, moi contentos, coa labor desempeñada pola nova adestradora, durante cáseque todo o verán propúxose por en forma ao equipo infantil.

Pero chegado os finais do mes de agosto, comezamos a ser testigos das primeiras mostras de inaptitude desta persoa, con máis exactitude, durante o Campeonato de Baloncesto Urbano 3x3 que se celebrou en Pontevedra. Entre outras cousas vimos a unha persoa só centrada no xogo e totalmente indiferente ás lesións que sufriu algún dos nenos. Como era a primeira toma de contacto só o comentamos coa Directiva do Clube (a cal se mostrou indignada coas persoas que lle comunicamos o sucedido).

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ] TRANQUIL@S: ¡Non se abren ventanas!



    Non tardamos moito en recibir as queixas dalgúns dos nenos. Os pais e socios, nun principio tratamos de falar coa adestradora para saber qué era o que podía estar pasando, e cómo poder solucionar algún posible malentendido que puidese haber, xa que, o que queremos a maioría dos membros do clube é que os nosos nenos xoguen, se divirtan e sobre todo aprendan os valores máis nobres do deporte en equipo. A actitude da adestradora foi un tanto indiferente e as súas respostas rozaban descaradamente a burla e o desprezo.

    Algúns nenos comezaron a sentirse incómodos e moitos deles abandonaron o deporte, outros queixábanse de calambres e tiróns nas pernas os días posteriores aos adestramentos. Pronto habería unha Asemblea Xeral do Clube polo que trasladaríamos as nosas preocupacións á Directiva e intentaríamos averiguar o que pasaba, por qué tantos nenos se foran do equipo, eran 14 nenos ao principio, e chegaron a quedar 6.

    Decidimos, pois, quedarnos a ver os adestramentos nas gradas, cal foi a nosa sorpresa cando nos encontramos que a adestradora mostraba unha aptitude agresiva, tanto xestual como verbal, poñía castigos humillantes que uns xogadores propiciaban aos outros, fomentaba o individualismo no equipo; e por riba, ao rematar o adestramento físico mandabaos sentar directamente nun banco para darlle unha "charla-lavado de cerebro" semi-técnica sin facer ningún tipo de estiramento, de ahí que os nenos tivesen sobrecargas musculares e tiróns. Como se iso non chegara, saltábase os horarios, non respetaba nin as normas nin o traballo dos demáis e máis dunha vez fíxolle desprante aos nenos e á persoa que abre o Pavillón (fóra das súas horas laborais). Chegou a insultarnos ás nais no facebook que abriu " Baltar Baloncesto Baltar", o cal xa borrou pero do que posuimos copia, chamándonos "descerebradas" por intentar solucionar as cousas e defendelos nenos e o deporte.

    Ao ver semellante panorama, puxémonos en contacto coa Concellería de Deportes do Concello, en concreto, coa actual Concelleira Dª. Isabel González, a cal se mostrou disposta a colaborar en todo momento e desde a primeira nova que tivo do que estaba sucedendo, xa que, ademáis, o Clube mesturara o que eran actividades extraescolares cos adestramentos dos equipos propios. Despois de quedarnos claros os horarios e os acordos entre Concello e Clube , e despois de que o presidente do clube se negara na reunión a destituir á adestradora habendo no Clube neses momentos un adestrador que podía facerse cargo deles; e encargándonos a nós, as nais e pais dos rapaces, que buscásemos un adestrador para os nenos , decidín levar aos meus fillos a baloncesto en horario das Escolas Municipais. (O Clube contaba con catro adestradores e tres equipos, non era necesaria a demora).

    O primeiro día que o meu fillo non adestrou con ela foi o último para a adestradora, e non porque o meu fillo non fose, ou porque falásemos co Concello, nin porque as nais protestáramos, nin porque a Directiva o acordara,... simplemente porque a adestradora por fín ensinou a súa verdadeira faceta cando intentou agredir físicamente, e o fixo psicolóxicamente, a unha das nais que lle fora pedir explicacións do trato que recibira o seu fillo durante todo o adestramento, e da que foron testigas máis dunha ducia de persoas, e tamén, tristemente, os nenos. Esta nai á que agrediu quedou desfeita, asustada, só con mencionarlle o baloncesto entrábanlle taquicardias, tivo que ser atendida profesionalmete e segue en tratamento; xa que por riba a nai do neno que viñera de Marín coa adestradora increpouna, ameazouna e intentouna agredir tamén.

    Despois destes feitos interpúxose unha denuncia ante a Garda Civil. Somos un Clube pequeno pero non imos permitir que ninguén pise os principios e valores que levamos defendendo tantos anos, polo ben dos nosos fillos e o futuro do deporte.

    O que pasou despois ninguén o sabe,..., uns dicen que a despediu o Clube, outros, que chegou a Garda Civil a buscala e xa non estaba..., o que sei é que ela xa fora "invitada" a irse do Arxil e o PeixeGalego por comportamentos do mesmo estilo, e que esa non é maneira de tratalos nenos. O equipo quedou desfeito e pouco a pouco estamos tratando de recompoñelo, os danos físicos e psicolóxicos que quedaron nos nenos comezan a cicatrizar..., e esperamos que co tempo e boa vondade todo irá encauzándose..., o pobre Félix (o novo adestrador) ten moito que traballar con estos nenos para volvelos ao que eran antes do paso desta adestradora, xa que, como se dun furacán se tratase, deixou moitas feridas e moi poucos recursos... O máis triste de todo é que tratándose de nenos, a Directiva, antes de contratala non fixera as averiguacións que nós os pais, nais, e socios do Clube tivemos que facer pola nosa conta...

    Dentro duns días comenza un novo ano, o 2.012, comeza unha nova era de esperanza e traballo no C.B. Baltar.

    A nosa máis sincera gratitude hacia todas aquelas persoas que se preocuparon polo ben do Clube o do deporte.