** ¡Qué rabia me dan as esti-LISTAS!
COMPOSTELA. Alvariño
Colaborador de A.L.M.

Detesto o Nadal. Non existe cousa máis estúpida. Como sei o que me pasa, procuro que non me afecte esta leria. Pese a que puxen da miña parte, non o conseguín. A noite do día de Nadal, desmoroneime. A día de hoxe inda ando buscando os meus anacos. Para fastidiala un pouco máis, onte ocurréuseme ir a unha perruquería nova. Miña nai, este ano, cambiou de perruqueira e veu encantada. Miña nai é unha cotorra falsa con artrosis, un dato moi relevante que eu pasei por alto. Tal para cual, a perruqueira é outra cotorra falsa. Descoñezo se ten problemas nos osos. ¡Qué muller máis insoportable! Detesto as perruqueiras que se creen con dereito a interrogar á clientela. Mellor lles sería concentrarse no seu traballo, moitísimo mellor.
O corte de pelo que lle fai a miña nai é bastante estiloso e barato, 14 euros. A min cobroume 19 euros porque seica tiña o pelo largo, primeira sorpresa. O meu corte é patético, segunda sorpresa. Agora terei que ir visitar a “miña Carmen” e pagarlle os seus 23 euros habituales. Conclusión: ¡¡o barato sae caro!! 19 euros tirados+ 23 euros por arreglar o desastre=42 euros cortarlle un anaco a melena. ¡Hai días nos que non se debía salir da casa! Qué lle dean ó aforro, porque a miña intención inicial era que me fixeran o mesmo traballo, con idéntico resultado, e por menos cartos. Nin máis nin menos, motivos estrictamente económicos. Paso de pagar un euro de máis pola mesma cousa. Pois..., non tiven sorte.
E por enriba, a perruqueira cheiraba. Así de claro, arrecendía mal. Nótase que debeu aproveitar o mediodía para darlle unha alegría ó corpo. Cousa moi saludable, sí señor. Tan saludable como manter unha axeitado aseo persoal e non andar apestando polo mundo.
¡Non volvo!
Alvariño.





