sábado, 15 de xaneiro de 2011

** Os amig@s en Facebook


SANXENXO.Julio Torres


Hai case dous anos -con bastantes reticencias polo tema da privacidade- dinme de alta no facebook. A día de hoxe non me arrepinto pois axudoume a retomar o contacto con amig@s ós que facía anos que non vía e que están lonxe. Internet ten as súas cousas boas se se emprega con sentidiño.

Facebook? Ou cara-libro en castelán (isto soa horrible, pero paradoxicamente é a súa traducción literal e non como esas películas que en inglés se titulan dunha maneira e en castelán outra cousa que non garda relación algunha co título orixinal). Deixémolo en face (ou cara).

Non obstante, faime "gracia" o tema dos amig@s no face. Por varias cousas. Imos por partes:

- A primeira é a foto: bastante xente ou non a pon ou pon a dun familiar (case sempre fill@) ou a dun debuxo animado ou un logo... Con todo, a foto é o de menos.

- Ó segundo, pero quizais máis chamativo, é que hai persoas que teñen centos e centos de amigos, cando non miles. Chegado a este punto habería que preguntarse qué se entende por amigo. Resposta complexa, pois cada un/unha ten a súa propia visión. Coido que se confunde moito o concept@ amig@ cos de colega ou coñecid@. Hai moit@s facebookeros que, imitando á canción de Roberto Carlos (o cantante), queren ter un millón de amigos e, sinxelamente, ninguén os pode ter. Non. Nin 1000 e, se me apurades, nin 100. Os amigos de verdade son poucos, pero bos. Acepto que, dependendo dos casos, haxa xente que englobe en amig@s os bos e os "sen máis", pero aínda así non se poden ter centos e centos. Confunden o termo amig@s co de coñecid@s. En fin, que cada un é libre de aceptar ou catalogar de amig@ a quen o desexe. O que non entendo é ese afán por coleccionar e incrementar o número de amig@s. ¿Acaso existe algunha competición cun premio final? ¿Acaso a xente quere aparentar que ten centenares de amig@s so por "fardar"...?. Dame que hai persoas que se identificarán coa segunda pregunta.

- Non son partidario de agregar como amig@s no meu perfil persoal (o de Julio Torres) a persoas que non son unha e físicas, senón que son un colectivo: cafeterías, bares, peluquerías, asociacións, partidos políticos, etc. etc. e moito menos agrego á xente que non coñezo de absolutamente nada. Parece unha tontería o que acabo de dicir, pero recibo propostas de xente que non teño o gusto de coñecer ou coa que nunca falei (verbalmente ou por escrito). Por suposto, non as agrego. Que non vos pareza mal. Non pensedes que o fago con mala intención, é que so acepto persoas individuais coas que teño/tiven bastante relación. Pódovos asegurar que senón cribara así, tería un cento máis de amig@s.

No perfil de A Lareira Máxica, sí acepto ás persoas -amigas ou non- ás que lle gusta o blog e participen ou non en A Lareira Máxica. Unha cousa son eu como persoa e outra o blog (no que todo o mundo ten cabida). É algo así como a túa vida persoal e a túa vida laboral, sen selo exactamente.

- Non entendo a xente que te agrega como amig@ e logo non usa o "face" para comunicarse contigo NUNCA. PERO NUNCA, NUNCA. Nin un simple "Me gusta", a pesar de que ti lle escribas no seu tableiro. ¿Será dos que ten engaden para fardar de número de amig@s?. A este tipo de persoas, antes ou despois, acabo borrándoas. E xa levo unhas cuantas... Como dicía aquela cuña dos "40 principales" dos 80: "¡Mi capitán, sólo quedamos 40!" ó que lle respostaba o capitán "¡Sí pero somos los principales!". Moralexa: é preferible ter poucos amig@s no "face", pero que exerzan como tales. Tel@s por ter é unha tontería.

- Penso que o "face" tamén sirve para saber quen, en realidade, non é o teu amig@, ou polo menos, non é tanto como ti pensabas. Nunha ocasión enviei unha invitación a unha persoa, fiel seguidora de A Lareira Máxica, e foime rexeitada. Pareceume raro porque con esa persoa tiven bastante contacto hai tempo, a pesar da distancia, e nunca tivemos ningún problema. Ningún. Pensei que non lle chegara, polo que lle voltei a enviar a invitación. Outra vez máis do mesmo... Por suposto, como xa dixen, cadaquén é libre de agregar a quen queira, pero neste caso chamoume a atención coñecendo a persoa. Moito, moitísimo. E a relación é boa, a pesar da distancia e do tempo que hai que non falo con ela. Raro, raro, raro...

- Por último, no face non teño a tódolos amig@s, especialmente a vari@s dos mellores. O "face" axuda a retomar o contacto con persoas coas que te levabas ben e lle perdestes a pista hai anos, cando aínda as tecnoloxías estaban principiando a camiñar. Non é necesario para conservar unha amizade, pois cos bos e boas amig@s nunca perdín o contacto. E entre eles, insisto, hai boa parte que non teñen "face", pero cos que podo chegar a falar horas e días, e nin me entero. Un bo sinal. Da gusto ser o voso amigo. E os que sodes bos e boas amigas xa sabedes a quen me refiro. MOITAS GRACIAS POLA VOSA AMIZADE.

A pesar deste testamento, segurísimo que se me quedaron cousas no tinteiro. Seguro!! Vós podedes discutir sobre as miñas impresións e aportar as vosas propias. E lembrade que A Lareira Máxica ten perfil no facebook. Nel sí acepto a tod@s ós/ás que vos gusta o blog, independentemente que me coñezades ou non (por certo, estas últimas son un número considerable). GRACIAS TAMÉN A TÓDOLOS SEGUIDORES DE A LAREIRA MÁXICA NO "face".

venres, 14 de xaneiro de 2011

** Porque os días chuviosos non teñen que ser tristes...

Nnon estou certo de si xa publicaste este video de Perpetuum Jazzile co seu tema de Africa. Pero gustaríame que todos modos, os videntes e colaboradores de A Lareira Máxica o escoiten non só unha sinon moitas veces, pois esta actuación ten algo que me enbruxa. A miña lastima é non poder escoitala en directo, pois xa sabedes que o directo é 1000 veces mellor que escoitar música e voces a capela plasmados en discos compactos, cassettes, baixados de internet, ou mesmo visto a traves da televisión ou radio.




Adicado a MARIAM E JULIO, e en definitiva a todo aquel que non é feliz en días chuviosos ou de inverno. Porque de tódalas cousas que percibimos e vivimos neste mundo, ata as que nos entristecen, poden verse doutro xeito, e convertirse en gozo para todos. So hai que cambiar o chip e pensar que o vaso non esta medio vacio, sinon medio cheo. Tamen querollo adicar de forma moi especial a MARIA, pois necesitas tempo para pensar. Eso si, MARIA, NON ESQUEZAS QUE TI ERES O MAIS IMPORTANTE.



REMITIDO POR: O Moucho
Colaborador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de....Rosa Montero: sonos e vida


“A vida é moito máis pequena que os sonos"


Rosa Montero

luns, 10 de xaneiro de 2011

** Balón de ouro 2010: elección errada e non xusta


SANXENXO. Julio Torres


Leo Messi foi galardonado hoxe co Balón de Ouro do fútbol. Á votación final chegaron outros dous xogadores do F.C.Barcelona, os españoles Andrés Iniesta e Xavi. Se ben calquera dos tres se merecían con creces gañalo, coido que as persoas do mundo do fútbol que votaron por Messi non foron xustas este ano. A explicación é sinxela: os tres xogaron moi ben (e sí eran os xustos finalistas a conquerir o Balon de Ouro), pero algo a favor de Xavi e de Iniesta era o feito de que Messi disputou un mal Mundial con Arxentina (Leo a nivel individual e o equipo a nivel colectivo), namentres que eles dous conqueriron o Mundial con España, xogando ambos moi ben. Andrés Iniesta e Xavi son dúas pezas fundamentales tanto do Barcelona (ó igual que Messi) como en España. Vou incluso máis alá.; tendo en conta que Iniesta estivo varias semanas lesionado e que Xavi demostrou ó longo da súa extensa traxectoria como futbolista que é un peza fundamental para facer xogar a un equipo, un servidor pensa que o xusto merecedor do galardón debera ter sido, nesta orde: Xavi, Iniesta e Messi.

En definitiva: este tipo de premios pon de manifesto que se valora máis o ser goleador que o ser a columna vertebral dun equipo (ou sexa o que fai funcionar o equipo). Tamén coido que o ser español debe despertar demasiada envexa a nivel internacional, pois non se explica que o único español que o recibira fora o galego Luis Suárez. Nin Raúl (que curiosamente sí foi goleador) nin outras estrelas o conseguiron. Queda demostrado que os premios moitas veces son un agasallo caprichosos que non recompensa o esforzo dos que máis o merecen, senón dos estranxeiros que máis venden. E as probas me remito. E triste que Leo Messi o reciba dous anos consecutivos, pero que non lle dean ningún nin a Xavi nin a Iniesta, cando sen eles, Messi non sería o mesmo no Barcelona. De feito, en Arxentina non están, e Leo Messi bótaos moi en falta. Un gran xogador non so é o que fai cousas increíbles e marca goles. Messi é un pedazo xogador, pero tamén hai que premiar a elaboración do xogo ou outras facetas do equipo se de verdade se quere ser xusto e premiar o seu esforzo. Este ano o xusto sería terllo dado o Balón de Ouro a Xavi (sobre todo) ou a Iniesta polas razóns antes apuntadas. Non digo que Messi non o merecera, senón que este ano o máis acertado sería terllo dado a un deses dous españoles, que sendo bos acadaron, ademais un título Mundial de Fútbol a nivel de selección e por riba xogando ben tanto eles como España. Se este ano non llo deron o Balón de Ouro a Xavi (que xa ten 30 anos) ou a Iniesta xa nunca máis llo darán. Un Mundial de Fútbol non se gaña tódolos días...

O trofeo ou galardón do Balón de Ouro seguirá sendo un trofeo excesivamente caprichoso -coma moitos outros claro está- que so busca premiar a figuras internacionais en vez de recompensar o esforzo e méritos doutros futbolistas tamén de moitísima calidade, pero sen o cliché de súper estrelas do merchandising...