VIGO. Sonia
Colaboradora
Hoxe, aquí sentada, son consciente unha vez máis do afortunada que son.
As veces un non está cheo, non acaba de atopar o seu espacio, ou busca algo grande, unha felicidade total, un paraíso, quizais non reparamos que non hai paraíso ou felicidade se non se experimenta un pouco a dor, porque todo forma parte desa felicidade.
Pode que, a felicidade sexa unha utopía, unha táboa de náufrago, unha aspiración, un sono, e mentres esquecemos o día a día, eses instantes de lecer, de alegría interior.
Deus, canto afortunados somos, ao ver un azul intenso no ceo, o fondo as montañas do país veciño e o verde intenso da nosa terra.
Somos ricos, cando ollamos unha aposta do sol, e ao noso carón os nosos amigos, sobriños, pais, namorados........
Deus, temos unha terra máxica, praia, montaña, prado, sol, neve, choiva........Tráeme lindos recordos dun poema que aprendín de pequena e vos expreso algunha estrofa:
“Galicia é unha nai velliña e soñadora,
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora.
Galicia somos nós,
a xente maila fala
se buscas a Galicia
en ti tes que atopala”
Somos moitos que crecemos coa nosa xente, e a miúdo esquecemos que somos grandes, polo moito que non queren, están para o bo e para o malo. Pode que, ás veces, non aceptemos o que nos din, rifamos, outras rimos, incluso choramos, pero están.
Afortunados os que temos un prato de comida na mesa, e mellor aínda dos que disfrutamos dunha comida caseira feita polos nosos pais. Sempre se lembra con nostalxia a comida da “mamá” ou da nosa avoa.
Podemos protestar, non sentirnos cheos, pero debemos ser consciente do gran afortunados que somos, polo menos se temos as nosas necesidades básicas cubertas...
Escoitemos ben o noso corazón, porque quizais esa paz que a veces buscamos está no noso interior, non esquezamos que vivimos nun país libre, e nunha terra fermosa, con xente fermosa.
Somos únicos e irrepetibles e no noso interior hai un tesouro por descubrir que luce coma as estrelas da noite. Todos podemos brillar, iso si, sempre que o fagamos con amor, no sentido grande da palabra.