martes, 21 de setembro de 2010

** Que rabia da cando......


SANXENXO. Julio Torres

Alguén nos espeta, coma quen non quera a cousa, e sen petición previa de opinión pola nosa parte, a famosa frase tan inequivocamente expresiva: "Eu non che vou dicir nada pero..."(e aquí expresa a súa opinión sobre algo do que non ía dicir nada) ou o que ó mesmo "Yo no voy a decirte nada pero...". ¿Pero qué entonces?

O outro día escoiteilla dicir a alguén na televisión, pero na vida diaria estamos fartos de oíla. Medo me da cando alguén pronuncia estas ou parecidas palabras. Fai o contrario do que acaba de afirmar. Contradicción, incoherencia, actitude paradóxica, feita con maquiavélicas intencións, disfrazando a manipulación dunha aparente cortesía diplomática que se esvaece en milisegundos. Os españoles e, sobre todo, os galegos, sómosche así. E como @s que tiran a pedra e logo esconden a man. Sí, pero non. Non, pero sí. Depende. Non che vou dicir o que deberías facer, pero voucho dicir aínda que ti non mo preguntes, alá, e con aparente educación... ¿E a ti quen che preguntou? penso. Unha manipulación encuberta en toda regra ¿ou non?...E que hai xente que non da puntada sen fío...

luns, 20 de setembro de 2010

** Os últimos días, as derradeiras horas


SANXENXO. Julio Torres

É unha verdade case confirmada aquilo de que "no quedan días de verano, el viento se los llevó..." que nos canta Amaral, letras que serven para ilustrar os agónicos latexos da estación que agora esmorece. So lle restan días para que, como acontece tódolos anos por estas datas, o outono volte a realizarlle un xaque mate na partida de xadrez que mantén co verán. Sempre igual, sempre perde. O verán consume as súas últimas horas de vida ó mesmo tempo que a lúa se declara en cuarto creciente, antes de mudar a súa faciana, estar chea e apadriñar o nacemento da nova estación.

É curioso comprobar como sempre se fala da canción do verán (para min este ano triunfou o "Waka Waka" de Shakira que, ademais, lle trouxo sorte á España que conqueriu o seu primeiro mundial de fútbol), pero nunca se fala dos temas musicais que lembran o final do verán.

Durante moitos anos, sempre pensei que a canción que lle viña ó pelo era aquela do Dúo Dinámico "El final del verano", que ilustrou o final dunha histórica serie televisiva que foi Verano Azul, e da que xa falei no 2006 en A Lareira Máxica. Quen non se lembra a Pancho correndo detrás do taxi que alonxaba a Julia (a pintora, a ideóloga de "¡¡No, no, nos moverán!!") de Nerja rumbo a Madrid. Ou que asistía á despedida de dous pequenos grandes amigos como Tito e Piraña. E á dos demais protagonistas da serie, logo da morte un capítulo antes de Chanquete, o mítico Chanquete. Aquel home que tan ben lle soubo dar vida o actor Antonio Ferrandis, tanto que moita xente pensara que Antonio finara de verdade...

Agora, desde "Días de verano" de Amaral, asocio á canción do dúo aragonés coa despedida da estación da calor. O malo é que non hai película que adopte a súa música, nin chanquetes, pirañas, julias ou panchos...No seu momento díxose que ían facer unha segunda parte de Verano Azul pero á enfermidade do seu director, Antonio Mercero, acabou por sepultar calquera opción. Se vos digo a verdade, mellor que non se fixera, pois xa se saben que as segundas partes case nunca son boas...

O verán está morrendo. Hoxe, na tranquila praia de setembro, fixeime que retiraban os quioscos veraniegos, unha acción cargada de bastante simbolismo implícito. Pero todos sabemos que resucitará a finais en xuño de 2011, claro que a un servidor lle gustaría que o fixese algúns meses antes. Non me gustan os tristes días curtos do outono nin moito menos o frío do inverno (menos mal que quedan lareiras ó pé da que poidamos quentarnos). Con todo, o final do verán supón a reconquista de Sanxenxo polos nativos do lugar, que recupera a súa verdadeira beleza: a dun pobo pequeno e tranquilo cheo de paisaxes e postas de sol moi boas. Como se soe dicir: non hai mal que por ben non veña...


Dias de Verano - Amaral

** Elsa Punset e o cerebro humano

Impresionante o que nos contou Elsa Punset (filla de Eduard Punset)a pasada semana no programa "El Hormiguero" sobre o cerebro humano. De obrigada visión o vídeo. Tiven ocasión de ver o programa o pasado mércores e non me deixou indiferente. Nada mellor que ver o que alí dixo e logo xa me contaredes qué opinades. Ah, ¡¡Que viva la la buena vida!! (ver vídeo para saber ó que me refiro). Sinxelamente, o cerebro é un apasionante mundo por descubrir. Déixovos o enlace da páxina web de Elsa Punset. Para ler con calma.

domingo, 19 de setembro de 2010

** Unha boa nova e unha triste nova

A boa nova e que xa deixei programados uns artigos para autopublicarse mañán. Agardo que vos gusten. Non deixedes de visitar o blog e participar nel. Tamén haberá novos colaboradores proximamente. Ah, e se queredes participar no facebook, lembrade que hai un grupo de A Lareira Máxica alí que suma 119 seguidores. No blogger 14 (precísase ter conta de gmail ou un blog en blogger).





Mala nova. Hoxe quixera despedirme cunha frase dunha polifacética persoa que nos deixou hai unhas horas: José Antonio Labordeta:“Los poetas no pueden superar los versos de la calle”. Descanse en paz o home que conseguiu meter unha país na mochila e que nos obsequiou coa súa cultura escrita e musical. Unha gran perda, sen dúbida.